Obras e servizos

Obras e servizos

[Casa do Concello, 1º andar]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 Ext 2005

Ver localización

Brigada de Obras

Vehículo da Brigada de Obras de Carballo

A Brigada de Obras Municipal conta cun total de 22 operarios, incluídos o encargado e tres oficiais, que se encargan, de forma cotiá, do mantemento das instalacións municipais, da solución de incidencias en infraestruturas públicas, de pequenas obras  e arranxos, da montaxe e desmontaxe da infraestrutura necesaria para desenvolver numerosos eventos municipais e festas patronais, da reparación do mobiliario urbano, da colocación de vaos, da localización e retirada de vertedoiros incontrolados, así como de reparacións puntuais na rede de sumidoiros ou marquesiñas e semáforos, ademais dos labores anuais de poda, entre outras moitas funcións.

Para desenvolver estes labores, a Brigada de Obras conta cunha nave e cun almacén de material, ademais de cun total de 29 vehículos entre os que poden atoparse tractores, corta céspedes, desbrozadoras ou podadoras, entre outros.

A cidadanía pode dirixirse á Secretaría da Alcaldía situada na Casa do Concello para transmitir calquera aviso ou incidencia relacionada coas actividades da Brigada en horario de oficina, de 9.00 a 14.30 horas. Tamén poden contactar nos teléfonos e enderezos electrónicos que se detallan:

Concello de Carballo
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfonos: 981 704 700 / 981 704 100
Fax: 981 700 310
Email: infocarballo@carballo.org / secretarioalcaldia@carballo.org

Ligazóns

Compartir: