Educación

Educación

Ciclos Formativos e Educación de adultos

Os tres Institutos de Educación Secundaria de Carballo ofrecen varios Ciclos Formativos de Grao medio e superior de Formación Profesional, así como de Formación Profesional Básica.A maioría dos ciclos formativos teñen unha duración de 2.000 horas ou dous cursos académicos, ademais dun módulo de FCT -prácticas de carácter non laboral que se desenvolven nun ámbito produtivo real-. A Formación Profesional Básica está destinada a persoas que non finalizaron a ESO e queren proseguir os seus estudos no futuro no campo da Formación Profesional.

IES Monte Neme

Grao Medio

  • 1º e 2º de Instalacións eléctricas e automáticas 
  • 1º e 2º de Mecanizado 
  • 1º e 2º de Instalacións de telecomunicacións
  • 1º e 2º de Xestión administrativa

Grao Superior
  • 1º e 2º de Administración e Finanzas
  • 1º e 2º de Mantemento Electrónico

Grao Profesional Básico
  • 1º de Electricidade e Electrónica (2º implantarase a partir do curso 2015-2016) 
  • 1º de Fabricación e Montaxe (2º implantarase a partir do curso 2015-2016)

IES Parga Pondal

Grao Superior

  • 1º e 2º de Administración de Sistemas Informáticos en Rede

IES Alfredo Brañas

Grao Medio

  • 1º e 2º de Comercio

Réxime de educación de adultos

O IES Parga Pondal conta ademais cun réxime de educación de adultos con:

Ensinanzas básicas iniciais (Plan LOE)
Educación secundaria para persoas adultas (Plan LOE)
Bacharelato (Plan LOE) - Ciencias e Tecnoloxía
Bacharelato (Plan LOE) - Humanidades e ciencias sociais       
Formación aberta online - Aula Mentor

Ligazóns

Compartir: