Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Os concelleiros do BNG asumen as áreas de goberno

GOBERNO

Os concelleiros do BNG asumen as áreas de goberno

Martes 19 de xuño do 2007

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, delegou nos concelleiros do grupo municipal do BNG as áreas de goberno á espera do posible pacto de goberno co grupo municipal do PSOE. O rexedor local compareceu na Casa do Concello para sinalar a necesidade de acometer a distribución das competencias para que non exista freo algún á laboura diaria do Concello. Evencio Ferrero aludiu, ademais, á necesidade de incrementar as dedicacións exclusivas debido á importancia de Carballo tanto en número de habitantes como de capacidade orzamentaria.

Evencio Ferrero acada a maioría na súa reelección como alcalde de Carballo

O PSOE APOIA AO BNG E PP E TEGA AOS SEUS RESPECTIVOS CANDIDATOS

Evencio Ferrero acada a maioría na súa reelección como alcalde de Carballo

Sábado 16 de xuño do 2007

Finalizada a toma de posesión dos 21 concelleiros que conforman xa a corporación municipal, non se produciron sorpresas na reelección de Evencio Ferrero como alcalde do Concello de Carballo. Tal e como anunciara a última hora do venres, o PSOE non presentou finalmente candidato e, pese a non ter pechado polo momento ningún acordo de goberno co BNG, optou por apoiar a investidura de Ferrero, que acadou deste xeito un total de 12 votos.

O IES Monte Neme recupera o ciclo medio de Equipos Electrotécnicos de Consumo

EDUCACIÓN CONCEDE A REIMPLANTACIÓN

O IES Monte Neme recupera o ciclo medio de Equipos Electrotécnicos de Consumo

Venres 15 de xuño do 2007

A entrevista que o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a dirección do IES Monte Neme mantiveron hai uns meses co Director Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais acaba de dar os seus froitos. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de aceptar a reimplantación do ciclo medio de Equipos Electrotécnicos de Consumo no centro carballés.

Concedida a subvención que permitirá o traslado de Servizos Sociais ao antigo ambulatorio

UNHA AXUDA DE 300.000 EUROS

Concedida a subvención que permitirá o traslado de Servizos Sociais ao antigo ambulatorio

Venres 15 de xuño do 2007

O Concello de Carballo ven de recibir da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a nova da concesión dunha axuda que ten por obxecto acondicionar o edificio do antigo ambulatorio para instalar nel o departamento de Servizos Sociais. Este traslado permitirá ao goberno local proseguir na descentralización dos servizos administrativos municipais e dinamizar unha nova zona do casco urbano.

Comeza no casco urbano unha nova campaña de limpeza viaria

LABORES DE MANTEMENTO

Comeza no casco urbano unha nova campaña de limpeza viaria

Xoves 14 de xuño do 2007

O Concello de Carballo iniciou esta semana unha nova campaña de desbroce para a prevención de incendios e limpeza de camiños. A pretensión destes traballos é deixar limpos arredor de 500 quilómetros de marxes viarias nos vindeiros meses.

A Policía Local investiga un roubo no punto limpo de Carballo

INVESTIGACIÓN

A Policía Local investiga un roubo no punto limpo de Carballo

Xoves 14 de xuño do 2007

Membros da Policía Local do Concello de Carballo investigan nestes días a autoría dun roubo que tivo lugar recentemente no punto limpo carballés e tralo que desapareceron todas as rodas dos contenedores de lixo que o Concello almacenaba nestas instalacións.

O comercio exterior a debate no Salón de Plenos do Concello

PANEIS EMPRESARIAIS

O comercio exterior a debate no Salón de Plenos do Concello

Mércores 13 de xuño do 2007

O Observatorio Económico Local de Carballo organizou o xoves 13 de xuño unha nova mesa redonda que levou por título Panel de Comercio Exterior. Neste novo encontro, incluído no ciclo Paneis Empresariais, representantes de diferentes institucións e empresas debateron sobre a situación actual da actividade exportadora. Foi ás 18:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Carballo.

Concedidas tres pazas para a contratación de traballadores desempregados

PROGRAMAS DE COOPERACIÓN

Concedidas tres pazas para a contratación de traballadores desempregados

Luns 11 de xuño do 2007

A Consellería de Traballo da Xunta de Galicia ven de adxudicarlle ao Concello de Carballo unha subvención destinada á contratación de tres traballadores desempregados por un período de seis meses. Un deles vai desempeñar o seu labor no Centro de Información á Muller mentres que os outros dous o farán na Casa dos Oficios, un na perfilería de aluminio e o outro no cerramento exterior de naves.

Adxudicada a ampliación do paseo do Anllóns e a apertura de camiños en Baldaio

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicada a ampliación do paseo do Anllóns e a apertura de camiños en Baldaio

Luns 11 de xuño do 2007

Entre os diferentes acordos alcanzados na sesión ordinaria do luns 11 de xuño, a Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo resolveu a adxudicación do contrato de ampliación das obras do paseo fluvial do río Anllóns, por un importe de 191.400 euros, e maila dos traballos de apertura de camiños en Baldaio, por 50.344. Os prazos de execución serán, respectivamente, de 6 meses e de 60 días a partir da sinatura das correspondentes actas de replanteo.

Alumnado de ASPABER continúa a limpeza do litoral con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

MEDIO AMBIENTE

Alumnado de ASPABER continúa a limpeza do litoral con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

Mércores 6 de xuño do 2007

Máis dunha trintena de alumnos de ASPABER volveron a participar este mércores, 6 de xuño, na limpeza do litoral carballés, con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Se onte o alumnado facía a limpeza no areal de Razo, hoxe desprazouse a Baldaio, a Lagoa e Pedra do Sal para continuar a posta a punto do litoral antes do comezo, o vindeiro sábado, da temporada de praias.

O Concello acondiciona dous aparcamentos do casco urbán

OBRAS

O Concello acondiciona dous aparcamentos do casco urbán

Mércores 6 de xuño do 2007

O Concello de Carballo ven de iniciar a posta a punto dos dous aparcamentos gratuitos que se utilizan de xeito provisional no casco urbán da localidade. Son os situados en Rego da Balsa, detrás da antiga estación de autobuses, e na Horta do Casino. Os traballos iniciáronse onte no aparcamento situado detrás da antiga estación de autobuses, xa que é o que o que se atopa en peores condicións para o seu uso.

O Grumir atendeu 17 emerxencias durante o mes de maio

BALANCE MENSUAL

O Grumir atendeu 17 emerxencias durante o mes de maio

Martes 5 de xuño do 2007

O Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo tivo que participar en 17 emerxencias durante o pasado mes de maio, que arroxou un total de 91 intervencións. No tocante ás emerxencias, destacan en Carballo 12 por accidentes de tráfico e limpezas, 1 excarceración, 1 por incendios urbáns, 1 incendio nun colector, 1 escape de gas e a colaboración nun incendio forestal en Coristanco.

Compartir: