Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Adxudicados novos proxectos de saneamento para seis parroquias do rural

NOVA REDE DE SUMIDOIROS

Adxudicados novos proxectos de saneamento para seis parroquias do rural

Mércores 6 de xullo do 2005

O Concello comezará cos proxectos de saneamento das parroquias de Razo, Cances, Lema, Rebordelos, Rus, Sísamo e Sofán, que se incluíron este ano no Plan Operativo Local. A adxudicación destes proxectos, por parte da Deputación da Coruña, significa un salto cualitativo moi importante na mellora dos servizos das zonas rurais do Concello. O investimento total que se vai facer para a realización destes traballos supera os 700.000 euros.

Mercedes Peón presenta en Carballo ‘Ajrú’, o seu segundo disco

CONCERTO

Mercedes Peón presenta en Carballo ‘Ajrú’, o seu segundo disco

Martes 5 de xullo do 2005

Mercedes Peón estará en Carballo o venres 8 de xullo para presentar o seu segundo disco Ajrú. O concerto encádrase no ciclo As nosas músicas que patrocina a Obra Social de Caixa Galicia, coa que colabora o Concello dende hai varios anos. A cantante "é un exemplo de vangarda, de música pegada á terra pero anovadora á vez", segundo explicou o alcalde, Evencio Ferrero, na presentación da actuación que tivo lugar o martes 5 de xullo. O concerto será na Praza do Concello a partir das 22.30 horas.

Maxia, folk, cine, rock e jazz internacional centran a oferta cultural de Carballo

VERÁN CULTURAL

Maxia, folk, cine, rock e jazz internacional centran a oferta cultural de Carballo

Luns 4 de xullo do 2005

A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, presentou a programación cultural para os meses de xullo e de agosto. Na elaboración deste plan buscouse o equilibrio entre as diferentes idades e intereses dos veciños de Carballo. Deste xeito, inclúese no programa música folk, jazz, blues, rock, maxia, teatro infantil, exposicións culturais, as noites de cine, a tradicional feira do libro e a actuación dos grupos de rock locais. Comezará coa actuación de Mercedes Peón, o venres 8 de xullo, para presentar o seu segundo traballo Ajrú. O concerto está patrocinado por Caixa Galicia.

As instalacións culturais do Concello aplican os horarios de verán

NOVOS HORARIOS

As instalacións culturais do Concello aplican os horarios de verán

Venres 1 de xullo do 2005

As instalacións culturais do Concello comezan a aplicar os horarios de verán a partir do 1 de xullo. O obxectivo é o de acomodar os servizos culturais que se ofrecen aos novos hábitos dos cidadáns da comarca durante os meses de xullo e agosto. Os rapaces terán a posibilidade de aproveitar os días sen clases para participar nas actividades da Ludoteca Municipal e todos aqueles que gocen das vacacións estivais poderán acceder á oferta cultural do Museo de Bergantiños, da Aula de Informática ou do Pazo da Cultura, en horarios que se adaptan mellor ao seu tempo libre.

O alcalde presenta a nova web municipal

COMUNICACIÓN

O alcalde presenta a nova web municipal

Venres 1 de xullo do 2005

O alcalde, Evencio Ferrero, presentou a nova páxina web municipal de Carballo. O espazo www.carballo.org é un instrumento ao servizo dos cidadáns ademais dunha ferramenta comunicativa tanto para o goberno municipal como para o movemento asociativo. Ademais do rexedor, o concelleiro de Medio Ambiente, Turismo e Xuventude, Manuel Luis Pan, explicou que a nova web pretende servir como "enlace directo coa cidadanía, e medio de comunicación do Concello". No acto, que tivo lugar no salón de plenos, destacouse o "deseño máis atractivo e sinxelo" da páxina e "a súa maior navegabilidade".

O cónsul do Uruguai atende os cidadáns residentes en Carballo

ASESORAMENTO A INMIGRANTES

O cónsul do Uruguai atende os cidadáns residentes en Carballo

Xoves 30 de xuño do 2005

O cónsul do Uruguai, Gonzalo Koncke Pizzorno, desprázase o sábado 2 de xullo até Carballo para atender os problemas e dar información consular a todos os cidadáns uruguaios residentes na comarca de Bergantiños. O cónsul vai estar á disposición dos interesados a partir das 10.00 horas na sala acondicionada para este fin polo Concello, no Pazo da Cultura.

En abril creáronse 87 novos postos de emprego

O EMPREGO

En abril creáronse 87 novos postos de emprego

Xoves 28 de abril do 2005

O asentamento de novas empresas no Polígono Industrial de Bértoa está a favorecer a creación de novos postos de emprego. No mes de abril, que está a piques de rematar, 87 persoas obtiveron un traballo na zona.

O Concello distribúe carteis para a correcta sinalización dos espazos sen fume

INCREMENTA O TEU INTERESE

O Concello distribúe carteis para a correcta sinalización dos espazos sen fume

Domingo 23 de xaneiro do 2005

Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, e dentro da campaña Incrementa o teu interese distribuirase entre os establecementos de Carballo o modelo oficial dos carteis precisos para a correcta sinalización dos espazos sen fume, das zonas habilitadas para fumadores/as, da prohibición de venda de tabaco a persoas menores de 18 anos, etc., de acordo coa Lei 28/2005 de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2006.

O Concello amplía unha semana maís a exposición dos planos e documentación do término municipal

REVISIÓN DO CATASTRO

O Concello amplía unha semana maís a exposición dos planos e documentación do término municipal

Mércores 5 de xaneiro do 2005

Dado o notable interese suscitado e a proliferación de veciños interesados en coñecer a documentación do término municipal, o Concello ampliará unha semana máis o prazo de exposición ao público dos planos e documentación do municipio, logo de que se remataran os traballos previos de revisión do catastro de bens inmobles rústicos. Así, o prazo de exposición amplíase dende o luns, 9 de xaneiro, ata o venres, 13 de xaneiro.

A praia de Razo podría acoller unha proba do campionato nacional de voley praia

DEPORTE

A praia de Razo podría acoller unha proba do campionato nacional de voley praia

Domingo 11 de abril do 2004

O areal de Razo podería ser sede, este ano, dunha das probas do Campionato de España de voley praia. Este martes, 11 de abril, un comisario da organización do evento, acompañado do presidente da Federación Galega de Voleibol, visitou a praia de Razo para comprobar se reúne as características técnicas para albergar unha proba deste tipo.

As obras do recinto e as naves do Fórum Carballo na Milagrosa estarán rematadas a principios de novembro

ESTE ANO DESENVOLVERANSE AS PRIMEIRAS ACTIVIDADES NO COMPLEXO

As obras do recinto e as naves do Fórum Carballo na Milagrosa estarán rematadas a principios de novembro

Sábado 14 de setembro do 0210

Os traballos para construír na Milagrosa o recinto e as naves do proxecto Fórum Carballo estarán rematados a primeiros de novembro. O prazo de execución previsto finaliza o 30 de outubro, polo que no seguinte mes todo debería estar listo para emprender as primeiras actividades, xa ao longo deste ano 2010. Cúmprense deste xeito os prazos estipulados para a finalización da obra, que, financiada nun 70 por cento con fondos europeos Feder, tiña que estar lista este ano, mentres que as actividades do proxecto deben estar completamente en marcha en 2011. Hai que lembrar que o orzamento total do Fórum é de 4.658.185,60 euros, dos que a obra do recinto da Casa dos Oficios supón 3.125.250 euros, mentres que o resto invístese en equipamentos, persoal formativo e as futuras medidas encamiñadas a un desenvolvemento económico sostible dentro do marco do Fórum Carballo. O recinto conta con cinco naves que aglutinarán toda a actividade formativa do Concello, incluíndo instalacións para poder desenvolver actividades formativas relacionadas coa hostalería.

Calendario Carballo 2009

Calendario Carballo 2009

Martes 0 de do 0000

O calendario Carballo 2009 é o primeiro produto do programa EuAmoCarballo. Foi publicado en decembro de 2008 e, nesta edición, coidouse especialmente o apartado gráfico, cunha excepcional fotografía e unha alta calidade na composición e impresión.

O calendario está á disposición do público na oficina de Información Turística situada no Museo de Bergantiños, ao prezo público de un euro, e, sen lugar a dúbidas, constitúe un agasallo excepcional para os carballeses e carballesas que viven lonxe do seu pobo. Naturalmente tamén para os/as residentes en Carballo, para quen nos visita, para os/as coleccionistas, amantes da fotografía, etc.

En definitiva, son moitas as razóns para non quedar sen el.

Compartir: