VERÁN CULTURAL
Venres 5 de agosto do 2005
O colectivo de baile Danzón actúa na Praza do Concello de Carballo o venres 5 de agosto, a partir das 22.30 horas. O espectáculo que se presenta chámase Unha viaxe pola danza e encádrase na programación do Verán Cultural da concellaría de Cultura, Ensino e Normalización lingüística que, nesta ocasión, conta tamén coa colaboración da Deputación da Coruña.
POLÍGONO INDUSTRIAL
Venres 5 de agosto do 2005
A segunda fase do polígono industrial de Bértoa ofreceralle 168 novas parcelas ás empresas que se queiran establecer en Carballo. O futuro parque empresarial, situado a carón do actual, ocupará unha extensión de 738.899 metros cadrados, 9.000 máis dos previstos inicialmente, dos cales 458.672 están considerados superficie construíble. A Consellaría de Política territorial, Obras públicas e Transporte ten previsto investir 19.322.232 euros nesta ampliación.
POLÍGONO INDUSTRIAL
Venres 5 de agosto do 2005
A segunda fase do polígono industrial de Bértoa ofreceralle 168 novas parcelas ás empresas que se queiran establecer en Carballo. O futuro parque empresarial, situado a carón do actual, ocupará unha extensión de 738.899 metros cadrados, 9.000 máis dos previstos inicialmente, dos cales 458.672 están considerados superficie construíble. A Consellaría de Política territorial, Obras públicas e Transporte ten previsto investir 19.322.232 euros nesta ampliación.
CONVENIO TEMPORAL
Xoves 4 de agosto do 2005
O Concello de Carballo impulsa un convenio de cesión do teleclube de Berdillo durante 25 anos, coa intención de promover o asociacionismo e a dinamización cultural e social nesta parroquia. A decisión foi tomada durante unha reunión da Xunta de Goberno local de Carballo celebrada o 4 de agosto.
OBSERVATORIO SOCIOECONÓMICO
Mércores 3 de agosto do 2005
As distintas administracións públicas da Costa da Morte e as empresas privadas establecidas na zona colaborarán na elaboración dun plan de promoción turística conxunto. Esta é unha das principais conclusións tiradas do encontro organizado polo Observatorio Socioeconómico Local de Carballo. Nas reunións propúxose investir e mellorar o patrimonio natural e cultural de toda a zona e investir en centros de interpretación, museos e parques temáticos.
MANTEMENTO
Martes 2 de agosto do 2005
A Concellaría de Servizos e Mantemento de Carballo está a traballar no desbroce das pistas rurais que están asfaltadas e que dan acceso aos núcleos de poboación do concello. O obxectivo do Concello é que os traballos estean rematados no prazo dun mes nas dezaoito parroquias que o conforman.
COMUNICACIÓN
Martes 2 de agosto do 2005
A nova páxina web do Concello de Carballo acadou as 4.000 visitas no seu primeiro mes de funcionamento. De luns a venres a media de entradas en www.carballo.org supera as 160. Os espazos que máis lle interesan aos visitantes son Servizos, Axenda e Turismo.
OBRAS
Martes 2 de agosto do 2005
A rúa Fomento de Carballo está aberta ao tráfico dende o martes 2 de agosto, día en que se colocaron os semáforos para regular a circulación dos vehículos. O luns desenvolvéronse os traballos de pintado da rúa e agora só queda pendente a colocación do mobiliario e das señalizacións verticais.
VERÁN CULTURAL
Venres 29 de xullo do 2005
Big Chief Bo Dollis & The Wild Magnolias traen á Praza do Concello de Carballo o seu vistoso espectáculo de funk, jazz e foclore, a partir das 22.30 horas. Tamén o venres 29 de xullo, os máis pequenos van poder asistir a A dragoa e o cabaleiro, unha representación do grupo teatral Picompé. Será no xardín municipal a partir das 20.00 horas.
SOLIDARIEDADE
Venres 29 de xullo do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o responsable de promoción do Centro de Transfusión de Galicia, Antonio Carcedo Calvo, presentaron a campaña "Comparte saúde. Doa sangue", que se desenvolverá o luns 1 e o martes 2 de agosto. O rexedor pediulle aos veciños maior sensibilidade "cunha necesidade social existente, especialmente nas épocas estivais nas que aumenta o número de accidentes".
INSERCIÓN LABORAL
Xoves 28 de xullo do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, entregoulle os diplomas do curso do proxecto Proximitas da Deputación da Coruña, ás dezaseis alumnas participantes. No acto, celebrado no Pazo da Cultura, estivo presente o concelleiro delegado de Participación veciñal, Emprego e Promoción económica, Manuel Trigo Varela.
POBOACIÓN
Xoves 28 de xullo do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, entregoulle o xoves 28 de xullo un diploma acreditativo ao habitante número 30.000, o carné Carballo Porta aberta, que lle dará acceso gratuíto ás instalacións deportivas municipais durante un ano e un pase bono para todas as actividades culturais que organice o Concello ata xullo do 2006. O protagonista asinou no libro de honra para amosar o seu agradecemento.