Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello demanda a instalación de contenerización soterrada

CONTENERIZACIÓN SOTERRADA

O Concello demanda a instalación de contenerización soterrada

Luns 17 de outubro do 2005

A Xunta de Goberno Local de Carballo acordou solicitar á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a instalación de contenerización soterrada, a emprazar nos terreos propiedade do Concello sitos na rúa Coruña.

Aprobado o Prego para a instalación dun ascensor na casa do Concello

CONTRATACIÓN

Aprobado o Prego para a instalación dun ascensor na casa do Concello

Luns 17 de outubro do 2005

A Xunta de Goberno Local acordou aproba-lo Prego de Prescripcións Técnicas para o suministro e instalación dun ascensor eléctrico na casa do Concello de Carballo. O acordo recolle a elección como sistema de adxudicación o procedemento negociado sen publicidade para a adxudicación do suministro referido.

Carballo conta cunha nova ordenanza que regula a instalación e funcionamento da telefonía móbil

TELECOMUNICACIÓNS

Carballo conta cunha nova ordenanza que regula a instalación e funcionamento da telefonía móbil

Venres 14 de outubro do 2005

O Concello de Carballo aprobou definitivamente a Ordenanza municipal para a instalación e o funcionamento de instalacións de telefonía móbil e doutros servizos de telecomunicacións e difusión no termo municipal de Carballo. "O forte desenvolvemento da tecnoloxía móbil, o importante impacto das súas instalacións na paisaxe rural e urbana e a carencia de normativa municipal específica en Carballo obrigaron o Concello a intervir no proceso", explícase no texto.

O Festival Outono de teatro enche a fin de semana de actividades lúdicas

LECER

O Festival Outono de teatro enche a fin de semana de actividades lúdicas

Venres 14 de outubro do 2005

Unha orixinal versión da Medea grega, unha adaptación do Tartufo de Molière e a aposta provocadora da compañía madrileña Sexpeare, inauguran a XIV edición do Festival internacional Outono de teatro, que se celebra en Carballo ata o 1 de novembro. Para os máis pequenos, o Fiot ofrece o espectáculo de máscaras, música e humor, dos Quinquilláns, que representan Moby Dick o sábado ás 19.00 horas e os afeccionados aos monólogos terán a oportunidade de asistir ás dúas primeiras fases do Certame de dramatización de monólogos cómicos na cervexaría Dublín.

A Consellaría de Obras públicas realiza o pagamento das expropiacións da estrada a Malpica

PAGAMENTO

A Consellaría de Obras públicas realiza o pagamento das expropiacións da estrada a Malpica

Xoves 13 de outubro do 2005

O Concello de Carballo anuncia que o Servizo de Estradas da Consellaría de Política territorial, Obras públicas e Transportes vai facer o pagamento dos expedientes de expropiación forzosa por mor da obra "Acondicionamento da estrada AC-414 Carballo - Malpica de Bergantiños" no treito Carballo - Buño, das fincas expropiadas no termo municipal de Carballo.

O Concello organiza dous cursos de normalización lingüística na empresa

LINGUA

O Concello organiza dous cursos de normalización lingüística na empresa

Martes 11 de outubro do 2005

O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de normalización lingüística, organiza dous cursos dentro da campaña Incrementa o teu interese, de promoción de uso do galego no ámbito socioeconómico. Nos cursos, que se celebrarán entre os meses de outubro e novembro, tratarase de mellorar a comunicación empresarial e a atención ao público de todos os asistentes.

A Escola de Idiomas abre un prazo extraordinario de matrícula

ENSINO

A Escola de Idiomas abre un prazo extraordinario de matrícula

Martes 11 de outubro do 2005

A Escola de Idiomas de Carballo rematou co período de matrícula ordinaria para os alumnos que realizaron a preinscrición. Dende o 11 de outubro abre un novo prazo de matrícula para todos os que desexen cursar estes estudos, que remata o venres 14 de outubro. As clases comezan o luns 17 de outubro.

Evencio Ferrero reúnese con alcaldes da Costa da Morte para buscar solucións a problemas comúns

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Evencio Ferrero reúnese con alcaldes da Costa da Morte para buscar solucións a problemas comúns

Martes 11 de outubro do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, mantivo unha reunión cos alcaldes de Zas e Ponteceso, e cun representante do Goberno municipal de Carnota, na que se estableceron as demandas estratéxicas que se lle presentarán á Xunta de Galicia para resolver problemas e carencias comúns de todos os concellos da Costa da Morte. "É fundamental buscar puntos de coincidencia independentemente de cales sexan as siglas políticas nas que militemos", explicou Ferrero.

Entréganse as cédulas de propiedade de fincas rústicas en Aldemunde e Sofán

CATASTRO DE BENS INMOBLES

Entréganse as cédulas de propiedade de fincas rústicas en Aldemunde e Sofán

Luns 10 de outubro do 2005

O Concello de Carballo continúa coa segunda fase dos traballos de revisión do Catastro de bens inmobles rústicos. Os veciños da parroquia de Aldemunde, de Sofán - A Praza e de Sofán - Tarambollo poderán retirar as súas cédulas de propiedade de fincas rústicas entre os días 10 e19 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Os técnicos da empresa Ditecar desprazaranse a estas parroquias para lle facilitar aos interesados a retirada das cédulas.

Cultura organiza unhas xornadas sobre a historia local de Carballo

LECER

Cultura organiza unhas xornadas sobre a historia local de Carballo

Luns 10 de outubro do 2005

O Concello de Carballo organiza as primeiras xornadas sobre historia local, en colaboración coa Asociación sociopedagóxica galega (As-pg), que se celebrarán entre o 26 e o 29 de outubro no Pazo da Cultura. Esta actividade reflicte un dos obxectivos do Goberno municipal: conservar e dinfundir o patrimonio material, inmaterial e natural de Carballo.

O reloxo da Casa do Concello está xa en funcionamento

OBRAS

O reloxo da Casa do Concello está xa en funcionamento

Venres 7 de outubro do 2005

O popular reloxo da Casa do Concello volve funcionar con normalidade dende o 6 de outubro. O concelleiro delegado de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Antonio Viña, explicou que o reloxo non vai emitir sinais acústicos, aínda que o novo mecanismo o permita, para non molestar o vecindario.

Compartir: