LECER
Venres 21 de outubro do 2005
Yllana e L’Om Imprebís volverán a alza-lo telón do Pazo da Cultura na segunda fin de semana de representacións do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. As compañías madrileña e valenciana únense sobre o escenario para presentar os mellores sketches de Monty Python, mestres do humor absurdo, surrealista e inxenioso. O sábado Teatro del Noctámbulo achega o seu espectáculo El Búfalo Americano e, o domingo, será o turno do francés Inmo, coas suas Historias con y sin bolas.
PLAN DE INVESTIMENTOS LOCAIS
Venres 21 de outubro do 2005
A sesión plenaria ordinaria deste mes de outubro, a celebrar o martes 25 a partir das 20.30 horas, inclúe a participación do Concello de Carballo no Plan de Investimentos Locais da Deputación de A Coruña correspondente a este exercicio. O proxecto inclúe actuacións íntegramente das redes de saneamento de diferentes parroquias do municipio. A inversión prevista para estas actuacións ascende a 790.019,02 euros. Tamén lévase a aprobación do Plan Complementario, no que se inclúen actuacións para seren financiadas cos remanentes que se puideran xerar polas baixas de licitación producidas nas obras incluidas no anterior apartado. A súa aprobación definitiva queda condicionada a que efectivamente se produzan.
SESIÓN PLENARIA
Venres 21 de outubro do 2005
O grupo de goberno de Carballo elevará a sesión plenaria do vindeiro martes a ampliación da Zona Azul na rúa Fomento. A proposta recolle a dotación de 22 prazas de aparcamento limitado pola zona azul na marxe dereita da rúa, dirección Coristanco. O goberno local trata de dar así resposta á petición dun grupo de comercios da zona co obxectivo de dinamizar máis un enclave que sigue medrando a nivel empresarial e comercial. Outro dos asuntos a debatir no pleno será unha modificación do proxecto de obra de acondicionamiento e mellora da travesía Carballo-Fisterra, co gallo de facer unha rotonda na entrada de Conservas Calvo.
RENUNCIA
Xoves 20 de outubro do 2005
O concelleiro de Deportes e Emigración, José Antonio Periscal, deu a coñecer a súa renuncia ó cargo de concelleiro da Corporación Municipal. A renuncia presentouse este xoves e se fará efectiva no pleno a celebrar o vindeiro martes. José Antonio Persical aludiu a motivos estrictamente persoais para xustifica-la súa desvinculación da Corporación de Carballo.
SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Xoves 20 de outubro do 2005
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo participará nos IX Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, pertencente ao Consello da Cultura Galega, e en colaboración coa Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua. O Servizo de Normalización Lingüística aproveitará a cita para amosa-lo traballo que desenvolve na mostra de ideas innovadoras Proxecta, que terá lugar no mesmo lugar e de xeito paralelo aos Encontros, e na que participarán 22 entidades.
TELEASISTENCIA MÓBIL
Mércores 19 de outubro do 2005
A concellería de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller de Carballo presentaron o Programa de Teleasistencia Móbil para as víctimas da violencia de xénero. Unha das medidas incluidas no Plan de Medidas Urxentes para a prevención deste tipo de violencia foi encomendar á Secretaría de Estado de Servizos Sociais, Familias e Discapacidade que asuma, a través do IMSERSO, a cobretura do servicio de Teleasistencia ás víctimas da violencia de xénero que conten con orde de protección. Amplíase, para proporcionar esta cobertura, o Convenio de Teleasistencia asinado cona Federación Española de Municipios e Provincias, do que se derivará o Centro de Atención a Mulleres Víctimas da Violencia , que será financiado íntegramente polo IMSERSO.
ZONA AZUL
Mércores 19 de outubro do 2005
Esta tarde reúnense as comisión informativas de Acción Social, Participación e Persoal, de Asuntos Económicos e Especial de Contas e a de Urbanismo e Desenvolvemento. Na primeira das mesmas abordarase a ampliación da Zona Azul na rúa Fomento. A actuación comprende un dos márxenes desta vía carballesa, co obxecto de facilitar o aparcamento nun enclave de gran actividade comercial.
POLÍGONO INDUSTRIAL
Mércores 19 de outubro do 2005
O grupo de goberno de Carballo demandou de Xestur a posta en funcionamiento e disponibilidade para as empresas de 74 hectáreas de solo industrial no polígono Bertoa. A inversión prevista para esta ampliación achégase ós 19 millóns de euros. Así trascendeu da xuntanza mantida polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, co Delegado Provincial de Vivenda e Solo, Juan Carlos Bascuas, e dous técnicos de Xestur. Ó encontro acudiron tamén o concelleiro de urbanismo, Manuel Andrade, o de industria e comercio, Francisco Pérez e o arquitecto municipal, Alfredo Garrote.
FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN
Martes 18 de outubro do 2005
O Concello de Carballo acolleu a última xuntanza do 2005 da Rede Municipal Solidaria, integrada na área de A Coruña por mais de trinta concellos que desenvolven políticas de cooperación ao desenvolvemento nos países do Sur e que forman parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O Fondo Galego é unha entidade municipalista que impulsa e coordina os esforzos da cooperación internacional ao desenvolvemento que promoven os concellos e deputacións de Galicia. O concello de Carballo pertence a este organismo dende o 2004
CÁMARA DE COMERCIO
Martes 18 de outubro do 2005
O Salón de Plenos do Concello de Carballo acolleu a celebración dunha conferencia do Director Xeral da Cámara de Comercio de A Coruña, en relación ó Observatorio de Antena Cameral. O Observatorio Socioeconómico de Carballo convocou esta nova reunión co obxectivo de presenta-los proxectos concretos que o Observatorio e a propia Antena Local podan promover.
LICENZAS
Martes 18 de outubro do 2005
A Xunta de Goberno local aprobou a autorización de cinco novos vados permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vados irregulares nas vías urbanas de Carballo iniciada polo Concello a comezos do mes de setembro.
TRANSPORTE ADAPTADO
Luns 17 de outubro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asistiu a unha xuntanza en Santiago co obxectivo de que o Concello de Carballo se acolla ó Programa de Apoio Normalizado de Transporte Adaptado. O acto tivo lugar na vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Con este acordo preténdese garantir ás persoas con algún grao de dependencia a máxima integración nos servizos xerais dos seu contorno, favorecendo a súa mobilidade, comunicación e participación na vida social.