Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Vanesa Viña renuncia ao seu cargo de concelleira

CORPORACIÓN MUNICIPAL

Vanesa Viña renuncia ao seu cargo de concelleira

Luns 7 de novembro do 2005

A concelleira de Praias, Cemiterio e Terceira Idade, Vanesa Viña, deu a coñecer a súa decisión de renunciar ao cargo de concelleira da Corporación Municipal. A renuncia farase efectiva no pleno a celebrar a finais deste mes de novembro. Vanesa Viña aludiu a motivos laborais para xustifica-la súa desvinculación da Corporación de Carballo.

O cónsul do Uruguai atende os cidadáns residentes en Carballo

ASESORAMENTO A INMIGRANTES

O cónsul do Uruguai atende os cidadáns residentes en Carballo

Venres 4 de novembro do 2005

O cónsul do Uruguai, Gonzalo Koncke Pizzorno, desprázase o sábado 5 de novembro a Carballo para atender os problemas e consulas de todos os cidadáns uruguaios residentes na comarca de Bergantiños. O cónsul vai estar á disposición dos interesados a partir das 10.00 horas na sala acondicionada para este fin polo Concello, no Pazo da Cultura.

A Real Filharmonía de Galicia abre o Novembro con Música

LECER

A Real Filharmonía de Galicia abre o Novembro con Música

Venres 4 de novembro do 2005

A música toma o relevo do teatro en Carballo. Tra-la celebración do Festival Internacional Outono de Teatro, o Concello achega esta noite ó Pazo da Cultura a actuación da Real Filharmonía de Galicia. A Real Filharmonía ofrecerá un concerto familiar, xunto cos Monicreques de Kukas, o que supón a primeira das actuacións incluidas no Novembro con Música, que arranca hoxe no municipio.

O Concello apura as xestións para a posible construcción dun campo de golf

XUNTANZA EN MADRID

O Concello apura as xestións para a posible construcción dun campo de golf

Venres 4 de novembro do 2005

O Concello de Carballo segue dando pasos para a posible construcción dun campo de golf na localidade. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Urbanismo e Industria, Manuel Andrade e Francisco Pérez, reunironse en Madrid con representantes da Federación Española de Golf para definir aspectos que redunden na futura construcción da instalación. A posible ubicación e a xestión da instalación foron os principais aspectos que se debateron na xuntanza.

O Concello tramita a posible construcción dun campo de golf

XUNTANZA EN MADRID

O Concello tramita a posible construcción dun campo de golf

Xoves 3 de novembro do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Urbanismo e Industria, Manuel Andrade e Francisco Pérez, axilizan en Madrid a posible construcción dun campo de golf no municipio. Representantes da Federación Española de Golf reciben ós membros do goberno local coa intención de definir aspectos que redunden na futura construcción da instalación.

O Concello remitirá a Industria, Fenosa e Udesa os últimos fallos no suministro

SUMINISTRO ELÉCTRICO

O Concello remitirá a Industria, Fenosa e Udesa os últimos fallos no suministro

Xoves 3 de novembro do 2005

O Concello de Carballo porá en coñecemento da Delegación Provincial de Industria, Unión Fenosa e Udesa os últimos fallos no suministro eléctrico detectados o pasado martes, coincidindo co temporal que azotou á comarca de Bergantiños. A incidencia máis notoria tivo lugar ó fío da unha e media da tarde, coa caída de dous postes da líña de media tensión entre a Milagrosa e a Feira de Berdillo.

Restablecida a normalidade en varias estradas do municipio

ANEGACIÓNS

Restablecida a normalidade en varias estradas do municipio

Xoves 3 de novembro do 2005

O Concello de Carballo restableceu a normalidade en varias estradas do municipio, afectadas durante toda a xornada de onte pola choiva e forte vento que padeceu a localidade. Dende ás tres da tarde de onte, e ata as oito e media, Protección Civil, a Policía Local e membros da Brigada de Obras desenvolveron as pertinentes labouras de sinalización na estrada que comunica Carballo con Santiago, anegada debido ás fortes choivas.

A Xunta de Goberno aproba un convenio coa Deputación en materia contra incendios

INCENDIOS FORESTAIS

A Xunta de Goberno aproba un convenio coa Deputación en materia contra incendios

Mércores 2 de novembro do 2005

A Xunta de Goberno local do pasado luns, 31 de outubro, aprobou o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Carballo para a campaña de actuación contra os incendios forestais. O obxecto de tal acordo é o de coordinar esforzos na loita contra os incendios forestais na provincia da Coruña e conseguir, desta maneira, erradica-lo impacto negativo que supoñen na economía e no medio ambiente.

Concedidas as subvencións a varias asociacións do municipio

XUNTA DE GOBERNO

Concedidas as subvencións a varias asociacións do municipio

Mércores 2 de novembro do 2005

A Xunta de Goberno local do pasado luns, 31 de outubro, aprobou a concesión das subvencións a varias Asociacións Culturais do concello, presentadas á Convocatoria de Subvencións ás Asociacións Culturais para a Realización de Actividades Puntuais durante o ano 2005. Éstas foran aprobadas pola Xunta de Goberno Local celebrada o 12 de maio de 2005.

A ocupación hosteleira en Carballo superou o 80% en agosto

HOSTELERÍA

A ocupación hosteleira en Carballo superou o 80% en agosto

Mércores 2 de novembro do 2005

Segundo se desprende dos datos facilitados por varios establecementos do concello, o mes de agosto foi o de máis ocupación durante o pasado verán. A media situouse, aproximadamente, no 83%, e en varios establecementos rexistráronse nivéis superiores o 90%.

O Festival Internacional Outono de Teatro entra na recta final

LECER

O Festival Internacional Outono de Teatro entra na recta final

Venres 28 de outubro do 2005

O Pazo da Cultura acollerá, a partir das 21,00 horas, a celebración do V Certame de Dramatización de Monólogos Cómicos, dentro do Festival Internacional Outono de Teatro que organiza a Asociación Telón e Aparte e o Concello de Carballo. Seis serán os finalistas desta quinta edición do Certame, que conta cun primeiro premio de 300 euros, un segundo de 200 euros e un terceiro galardón de 100 euros.

A Deputación anuncia o próximo remate do estudio de infraestructuras eléctricas e gasistas

CONVENIO

A Deputación anuncia o próximo remate do estudio de infraestructuras eléctricas e gasistas

Venres 28 de outubro do 2005

A Deputación de A Coruña deu a coñecer en Carballo a próxima finalización dun estudio e valoración de necesidades en infraestructuras eléctricas e gasistas en 17 municipios da Costa da Morte, entre os que está Carballo. O estudio é froito dun convenio de colaboración entre o ente provincial e a Universidade de A Coruña, concretado a finais do pasado exercicio.

Compartir: