Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello e o CIM presentan as Xornadas Palabra de Muller

TERCEIRA EDICIÓN

O Concello e o CIM presentan as Xornadas Palabra de Muller

Xoves 17 de novembro do 2005

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o vindeiro 25 de novembro, o Concello de Carballo e o Centro de Información á Muller veñen de presentar os actos que se desenvolveran no munipio. A Feira das Asociacións, o xoves 24 de novembro, e as Terceiras Xornadas Palabra de Muller, o venres 25 de novembro, completan un programa que comeza a consolidarse na capital da comarca de Bergantiños.

O Director Xeral de Xuventude visita Carballo

VISITA INSTITUCIONAL

O Director Xeral de Xuventude visita Carballo

Xoves 17 de novembro do 2005

O Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, realiza unha visita institucional ao Concello de Carballo o venres, 18 de novembro. Ademáis de presentar o Programa de Teatro na Vangarda, o director xeral visitará, en compañía do alcalde da localidade, Evencio Ferrero, o Centro de Formación e a Casa da Xuventude.

Comeza o despregue do Dispositivo de Formación e Acompañamento ó Emprego

PROXECTO RURBANET

Comeza o despregue do Dispositivo de Formación e Acompañamento ó Emprego

Mércores 16 de novembro do 2005

O Dispositivo de Formación e Acompañamento ó Emprego, comprendido na Estratexia C do Proxecto RURBANET en virtude do Artigo 6 do regulamento do Fondo Social Europeo e promovido pola Deputación de A Coruña, está dirixido a tódolos xóvenes que desexen levar a cabo o seu proxecto de emprego. Éste pódese referir á creación dunha empresa ou á mellora da ocupación existente.

O Concello firma o contrato para a mellora de varias pistas do municipio

PLAN DE OBRAS E SERVICIOS

O Concello firma o contrato para a mellora de varias pistas do municipio

Mércores 16 de novembro do 2005

O Concello de Carballo procede este xoves, 17 de novembro, á firma das obras de afirmado de camiños en Carballo, Entrecruces e Cances, incluida no Plan de Obras e Servicios da Deputación de A Coruña. A Xunta de Goberno Local aprobara acordar a adxudicación da obra na sesión do 17 de outubro. O orzamento total da actuación ascende aos 42.200 euros.

O Padroado da Fundación de Bergantiños aproba o novo orzamento

REUNIÓN EN BUÑO

O Padroado da Fundación de Bergantiños aproba o novo orzamento

Mércores 16 de novembro do 2005

O Padroado da Fundación de Bergantiños aprobou, na súa última xuntanza, un orzamento de 119.000 euros para o vindeiro exercicio. Foi un dos asuntos máis destacados dunha reunión na que, ademáis, acordouse a inclusión do director xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López Iglesias, no Padroado.

O Concello pretende a mellora de accesibilidade no arenal de Razo

MELLORAS NO LITORAL

O Concello pretende a mellora de accesibilidade no arenal de Razo

Martes 15 de novembro do 2005

O Concello de Carballo ven de remitir á Fundación Arao unha proposta encamiñada a establecer medidas preventivas á erosión dos taludes de Razo e a mellora de accesibilidade na zona. O Concello demanda a instalación dunha pasarela peatonal de aproximadamente 300 metros de lonxitude e un ancho de 2 metros, disposta en sentido paralelo á línea de costa e ao vial de acceso a aparcamento.

O Concello estudia a posibilidade de instalar una vía de metro lixeiro

TRANSPORTE LIXEIRO

O Concello estudia a posibilidade de instalar una vía de metro lixeiro

Martes 15 de novembro do 2005

Representantes da Cámara de Comercio de A Coruña, Antena Cameral de Carballo e Comisións Obreiras mantiveron unha xuntanza co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, na que se falou da posibilidade de instalar unha vía de metro lixeiro entre Carballo e A Coruña. As necesidades de crecemento da localidade e o papel que desenvolve Carballo como cabeceira de comarca foron analizadas para determinar a necesidade dunha infraestructura de comunicación deste tipo.

O Concello prevé a construcción dun observatorio de aves en Baldaio

MELLORAS NO LITORAL

O Concello prevé a construcción dun observatorio de aves en Baldaio

Martes 15 de novembro do 2005

O Concello de Carballo ven de presentar, á Fundación Arao, unha proposta para a creación dun observatorio de aves nas Marismas de Baldaio, máis concretamente no lugar coñecido como Fonte de Santa Irene, na parroquia de Lema. Mediante a realización deste proxecto preténdese crear a infraestructura axeitada para a obsevación dunha serie de comuidades avifaunísticas relevantes, ademáis de dotar ao espazo dunha clara sinlalización destes valores para acadar a súa eficiente conservación. Así, co obxectivo de facilitar e por ao alcance de todos e todas o coñecemento do contorno natural de Baldaio, proponse a colocación dunha plataforma elevada, totalmente acondicionada e adaptada para calquera persoa, que faga máis sinxela a observación de lagoa e marismas. Os beneficiarios do proxecto serían os distintos hábitats contidos nesta área, varias especies ameazadas a nivel mundial, ademáis da población local e visitante.

Firmado o contrato para desenvolver un Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas

PLAN INTEGRAL DE ACCESIBILIDADE

Firmado o contrato para desenvolver un Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas

Luns 14 de novembro do 2005

O Concello de Carballo e a empresa FUNDOSA procederon á firma do contrato que posibilitará o desenvolvemento no municipio dun plan de eliminación de barreiras arquitectónicas. O obxectivo é facilitalle ás persoas con mobilidade reducida o tránsito polo o casco urbano, así como a entrada aos edificios municipais.

Autorizados vinte novos vaos permanentes

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Autorizados vinte novos vaos permanentes

Luns 14 de novembro do 2005

A Xunta de Goberno Local aprobou a autorización de vinte novos vaos permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vados irregulares nas vías urbanas de Carballo iniciada polo Concello a comezos do mes de setembro.

Adxudicado o contrato para a elaboración do Inventario Municipal de Bens do Concello de Carballo

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicado o contrato para a elaboración do Inventario Municipal de Bens do Concello de Carballo

Luns 14 de novembro do 2005

A Xunta de Goberno Local do 14 de novembro acordou adxudicar os traballos para a elaboración dun novo inventrario de bens do Concello, baixo un presuposto de 62.640,00 euros. Unha vez den comenzo os traballos, a prazo para a execución dos mesmos será de catro meses. O goberno municipal pretende así mellorar un servizo que posibilitará a localización, documentación, e rexistro de tódolos bens do Concello que sexan inventariables.

Rematan as Xornadas 'Tercer Sector, Empresa e Acción Social'

PROXECTO SINGRA

Rematan as Xornadas 'Tercer Sector, Empresa e Acción Social'

Venres 11 de novembro do 2005

O Pazo da Cultura acolle a celebración das Xornadas Tercer Sector, Empresa e Acción Social, que conlúen ás oito da tarde deste venres 11 de novembro. Nesta mañá, os directores das obras de Caixa Galicia, Caixanova, Cajamadrid e La Caixa analizacin a acción social dende as caixas de aforros. Ademáis, a Fundación Eroski, Transportes Metropolitanos de Barcelona e a Fundación Vodafone debatiron en torno ás experiencias de financianción de proxectos dende a empresa.

Compartir: