CULTURA
Mércores 23 de novembro do 2005
O profesor e escritor Sechu Sende ofrece unha charla ás 20,30 horas do mércores 23 de novembro, relacionada coa exposición Galicia en negro e azul, que se pode contemplar no Pazo da Cultura de Carballo. Sechu Sende, autor dos textos que acompañan ás fotografías da exposición, falará sobre as repercusións do afundimento do Prestige e a mobilización social posterior o accidente.
COMISIÓNS INFORMATIVAS
Mércores 23 de novembro do 2005
O mércores 23 de novembro celebranse as comisións informativas de Urbanismo e Desenvolvemento, Asuntos Económicos e Especial de Contas e de Acción Social, Participación e Persoal. Un dos asuntos que se debatirá na comisión de Urbanismo será a aprobación do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal P.O.S. 2006 e Plan Complementario. O Plan de Obras e Servicios 2006 da Deputación de A Coruña inclúe unha asignación ao concello de Carballo de 600.613,14 euros, debendo realizar o Concello unha aportación municipal mínima obrigatoria dun 5% para cada inversión. As obras incluidas no Plan de Cooperación son un total de nove, baixo un importe total de 764.018,02 euros.
EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
Martes 22 de novembro do 2005
A Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) concedeu ao Centro Municipal de Formación Ocupacional de Carballo o Certificado de Rexistro de Empresa que acredita a ampliación no Centro dun Sistema de Calidade conforme coa norma UNE-EN ISO 9001-2000.
EDUCACIÓN
Martes 22 de novembro do 2005
O I.N.E.F ven de presentar no Salón de Plenos do Concello de Carballo o proxecto FITNESSGEAM para alumnos de Educación Primaria e Secundaria. Trátase dunha ferramenta educativa informatizada de orixe americana para a valoración da condición física relacionada coa saúde e a actividade física de nenos e xóvenes. Profesorado dos centros de ensino da localidade participou da presentación do proxecto, que se aplicará de forma experimental no último trimestre do curso escolar nos concellos de Carballo e Oleiros, pioneiros en toda Galicia.
COMISIÓNS INFORMATIVAS
Martes 22 de novembro do 2005
Xunto coa proposta do Plan de Obras e Servicios 2006 da Deputación da Coruña, a comisión informativa de Urbanismo e Desenvolvemento abordará na sesión do mércores 23, ás 18,15 horas, a iniciación de expediente de ocupación directa para apertura da ampliación da rúa Grabador Manuel Facal. O obxectivo da actuación sería o de poder comunicar as rúas Gran Vía e Vila de Negreira e desconxestionar o tráfico da zona centro.
COMISIÓNS INFORMATIVAS
Luns 21 de novembro do 2005
O mércores 23 de novembro celebranse as comisións informativas de Urbanismo e Desenvolvemento, Asuntos Económicos e Especial de Contas e de Acción Social, Participación e Persoal. Un dos asuntos que se debatirá na comisión de Urbanismo será a aprobación do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal P.O.S. 2006 e Plan Complementario. O Plan de Obras e Servicios 2006 da Deputación de A Coruña inclúe unha asignación ao concello de Carballo de 600.613,14 euros, debendo realizar o Concello unha aportación municipal mínima obrigatoria dun 5% para cada inversión. As obras incluidas no Plan de Cooperación son un total de nove, baixo un importe total de 764.018,02 euros. As incluidas no Plan Complementario son catro, cun orzamento de 46.320,42 euros.
XUNTANZA EN SANTIAGO
Luns 21 de novembro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira delegada de Cultura, Belén Lendoiro, mantiveron unha xuntanza en Santiago coa Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo. A reunión serviu para que os representantes do grupo de goberno trasladaran diferentes prioridades para a localidade, como o aumento da colaboración e o apoio da Consellería de Cultura no deseño da programación cultural de Carballo, coa pretensión de que sexa un referente comarcal, ou o Investimento en equipamento cultural para as asociacións, sobre todo nas parroquias. Neste sentido cabe destacar a necesidade de mellora do centro social de Berdillo.
TELECOMUNICACIÓNS
Luns 21 de novembro do 2005
A Xunta de goberno local de Carballo ven de autorizar o proxecto presentado pola empresa R para achegar a todo o casco urbano da localidade a súa rede de fibra óptica, de máis de 21 kilómetros. A compañía xa deixou preparadas as canalizacións na zona centro, coincidindo coa realización das obras das rúas peonís e a travesía principal, ademáis de presentar o seu producto aos veciños do casco urbano durante os últimos días. O vindeiro venres está previsto que o Concello e a empresa asinen o convecnio de colaboración que permitirá a próxima chegada de R a Carballo.
CULTURA
Venres 18 de novembro do 2005
O Pazo da Cultura de Carballo será escenario a finais do mes de novembro e o primeiro día de decembro da representación das obras finalistas do Certame Galego de Novos Creadores Na Vangarda 2005. Trátase da fase final dun certame na que participan grupos teatrais non profesionais, dos cales só un 25% dos compoñentes do grupo pode superar os trinta anos. O evento presentouse no Concello de Carballo, coa presenza do Director Xeral de Xuventude e Solidaridade, Rubén Cela, do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e outros membros da corporación municipal.
OBRAS NA MILAGROSA
Venres 18 de novembro do 2005
A empresa Indeza comezará a semana que ven as obras das dúas primeiras naves da futura Casa dos Oficios de Carballo, tras proceder este venres 18 de novembro á firma da acta de replanteo. O coste dos traballos ascende a algo máis dun millón de euros e, unha vez se remate a obra, serán os alumnos da Escola Taller os encargados de completar o proxecto. Según manifestou a empresa, un topógrafo desprazarase a principios da vindeira semán ao lugar para determinar a profundidade da excavación e, con posterioridade, dar inicio aos traballos.
NOVEMBRO CON MÚSICA
Venres 18 de novembro do 2005
O grupo de música antiga 1.500 abre este venres a terceira fin de semana do Novembro con Música do Concello de Carballo. A música medieval e do renacemento terá o seu oco no Pazo da Cultura, a partir das nove da noite. A Deputación da Coruña colabora neste cuarto concerto do programa, que vivirá un novo episodio o sábado 19 de novembro co Festival de Corais.
CULTURA
Xoves 17 de novembro do 2005
A mobilización social posterior ao afundimento do Prestige é o elemento principal da exposición que, con motivo do terceiro ano do naufraxio do petroleiro, se inaugura hoxe xoves, 17 de novembro ás 20.30 horas, na sala de exposicións do Pazo da Cultura de Carballo. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega achega esta exposición, composta de vintatrés fotografías de Manuel Graña, Xurxo Lobato, Roberto Varela, Ánxel Trillo, Barca Noya e Elena Agulleiro.