DEPORTES
Martes 29 de novembro do 2005
O pasado venres 25, de novembro, rematou o prazo para presrentar as solicitudes de axudas a desprazamentos da tempada 2004-2005 do Patronato Deportivo Municipal. Un total de dazaséis entidades e clubes presentaron as solicitudes corrrespondentes, como fixeron cinco deportistas a título individual.
PLENO ORDINARIO
Martes 29 de novembro do 2005
A concelleira de Praias, Cemiterio e Terceira Idade, Vanesa Viña, fixo efectiva a súa renuncia como concelleira no pleno ordinario deste luns, 28 de novembro. Foi un dos asuntos incluidos nunha sesión que se prolongou por espazo de apenas unha hora e na que se aprobou, coa unanimidade de tódolos grupos políticos, o Plan de Obras e Servicios da Deputación da Coruña e Plan Complementario. O Plan de Obras e Servicios 2006 da Deputación de A Coruña inclúe unha asignación ao concello de Carballo de 600.613,14 euros, debendo realizar o Concello unha aportación municipal mínima obrigatoria dun 5% para cada inversión. As obras incluidas no Plan de Cooperación son un total de nove, baixo un importe total de 764.018,02 euros. As incluidas no Plan Complementario son catro, cun orzamento de 46.320,42 euros.
SESIÓN PLENARIA
Luns 28 de novembro do 2005
A concelleira de Praias, Cemiterio e Terceira Idade, Vanesa Viña, fará efectiva a súa renuncia como concelleira no pleno ordinario de este luns, 28 de novembro. Vanesa Viña aludiu días atrás a motivos estrictamente laborais para xustifica-la súa desvinculación da Corporación de Carballo.
REUNIÓN EN SANTIAGO
Luns 28 de novembro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ven de participar dunha xuntanza en Santiago co presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e tódolos rexedores municipais da Costa da Morte. A reunión aproveitouse para que os alcaldes expuxeran as necesidades e aspectos transversais que lle afectan aos concellos da zona, en diversas materias como infraestructuras, comunicacións, portos, Lei do Solo ou a consolidación dunha imaxe corporativa única. Emilio Pérez Touriño tamén deu conta da iniciativa de crear un Plan de Dinamización para a Costa da Morte.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Luns 28 de novembro do 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou, na Xunta de Goberno Local do luns 28 de novembro, a autorización de oito novos vaos permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vaos irregulares nas vías urbanas de Carballo iniciada polo Concello a comezos do mes de setembro. As novas licenzas de vado permanente correspóndense coas rúas Vázquez de Parga, chile, Caravel, Río Sil, Alfredo Brañas, na avenida da Milagrosa (2) e na Praza de Vigo.
CONVENIO DE COLABORACIÓN
Venres 25 de novembro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o director xeral de R, Arturo Dopico, asinaron o convenio de colaboración para a extensión da nova infraestrutura de fibra óptica no Concello. Así, Carballo entra a formar parte do grupo de cidades e municipios galegos que xa gozan de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que está a despregar o operador galego en toda a comunidade autónoma.
ACTOS DO 25-N
Venres 25 de novembro do 2005
Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Carballo e o Centro de Información á Muller conmemoran o 25 de novembro coa celebración das Terceiras Xornadas Palabra de Muller, a celebrar no Pazo da Cultura. A partir das catro da tarde ábrense as xornadas, coa inauguración a cargo da Secretaria Xeral da Igauldade, Carme Adán.
PLENO ORDINANRIO
Venres 25 de novembro do 2005
O Pleno Ordinario do mes de novembro, a celebrar o luns día 28, contempla a aprobación de denominación de novas rúas. A proposta fai referencia, nun primeiro momento, á zona do Polígono Industrial de Bértoa, no que se cambiarán os viais polos nomes de Rúa do Cobre, Titanio, Bronce, Lousa, Ferro, Prata, Estaño, Volframio, Seixo, Granito, Mercurio, Aceiro, Madeira e Zonc, todos eles nomes de metais e materiais. Tamén se datarán de nome as rúas que neste momento están sen denominación, en zonas como Mirón, A revolta, Estación de Autobuses, Verdillo, ou As Labradas. As novas rúas serán López Cuevillas, Uxío Novoneyra, Luisa Villalta, Milladoiro, Mestre Mateo, Inés do Castro, Torrente Ballester, Vila de Buño, Vila de Ponteceso, Médico José Manuel Lado, Panamá, Isaac Díaz Pardo, Xosé Neira Vilas, Bispo Xelmírez, Regueifa, Manuel María, Moncho Valcarce, Laranxeiras, Cerdeiras, Mª Dolores Pumpido, Tileiros, Teixos e Freixos.
PROGRAMA EDUCATIVO
Xoves 24 de novembro do 2005
Este venres, 25 de novembro, continúa o ciclo de conferencias que organiza o Concello de Carballo e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega dentro do programa Aprender para educar, dirixido a pais e nais. Nesta ocasión, a conferecia Educar os sentimentos, as emocións e a sexualidade trata sobre a difícil tarefa que o tema lles supón aos pais e nais. A educación emocional, dos sentimentos e a sexualidade é un obxectivo básico dunha educación integral.
ACTOS DO 25-N
Xoves 24 de novembro do 2005
A Delegada Provincial de Igualdade e do Benestar, Tereixa Novo, foi a encargada de inaugurar a Feira das Asocaicións que, desde as once da mañán e ata as sete da tarde, se pode visitar na Praza do Concello. Dazaoito asociacións que traballan con e para a muller participan da iniciativa, que organizan o Concello de Carballo e o Centro de Información á Muller. A Feira das Asociacións está enmarcada dentro das actividades deseñadas polo Concello co gallo da celebración, o 25 de novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
CONCERTOS
Xoves 24 de novembro do 2005
O Pazo da Cultura de Carballo acolle a celebración, esta fin de semana, de tres novos concertos do Novembro con Música que organiza o Concello de Carballo. A Big Band do Conservatorio Profesional de Música de Carballo, dirixida por José Miguel Suárez Barros, interpretará música dos anos corenta e cincuenta de variados esttilos e formas, ademáis doutros temas como Alma llanera ou Faraldo, composición esta última do profesor de piano e acordeón do Conservatorio de Carballo, Manuel Bello.
ACTOS DO 25-N
Mércores 23 de novembro do 2005
Dazaoito asociacións que traballan con e para a muller participan o xoves, 24 de novembro, na Feira das Asociacións que organizan o Concello de Carballo e o Centro de Información á Muller. A Feira das Asociacións está enmarcada dentro das actividades deseñadas polo Concello co gallo da celebración, o 25 de novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.