Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Remata o prazo de renovación para os primeiros habitantes sin residencia permanente

INSCRICIÓN PADROAL

Remata o prazo de renovación para os primeiros habitantes sin residencia permanente

Mércores 14 de decembro do 2005

O vindeiro xoves, 22 de decembro, remata o prazo de renovación do padrón para os primeiros 274 habitantes sen residencia permanente -extranxeiros non comunitarios-. O Concello de Carballo fai un chamamento a todos aqueles que aínda non pasaron a renovar a inscrición padroal, para que o fagan antes de cumplirse o prazo.

O venres finaliza o programa Aprender para Educar

CULTURA

O venres finaliza o programa Aprender para Educar

Mércores 14 de decembro do 2005

O videniro venres, 16 de decembro, remata o ciclo de conferencias do programa Aprender para Educar, dirixido a pais e nais do concello de Carballo. A conferencia Como facer lectores organizada pola Concellaría de Ensino e pola Asociación Sociopedagóxica Galega celébrase o venres a partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura, cunha charla a cargo de Carme Loriga Tomé, licenciada en Psicoloxía e responsable da biblioteca Uxío Novoneyra do IES Anxel Casal.

Carballo contará cunha pista de xeo para as festas do Nadal

LECER

Carballo contará cunha pista de xeo para as festas do Nadal

Mércores 14 de decembro do 2005

O Concello de Carballo, en colaboración con Creativa Dixital, Grupo Gadisa e a Secretaría Xeral para o Deporte, habilitará estas festas do Nadal unha pista de xeo na localidade. O Pavillón Bergantiños convertirase nun punto de encontro para familias de toda a comarca, que poderán disfrutar dun servizo exclusivo, ata agora, ás grandes cidades. Desde o vindeiro luns 19 de decembro, e ata o 15 de xaneiro, abrirase ao público a instalación, onde se poderán alugar os patíns en perfecto estado e recibir asesoramento por parte dos monitores que velan porque todo se desenvolva con normalidade.

O Concello interésase polos plans de Medio Rural para 2006

OBRAS

O Concello interésase polos plans de Medio Rural para 2006

Martes 13 de decembro do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ven de manter unha xuntanza co Director Xeral de Estructuras e Infraestructuras Agrarias, Xosé Carballido Presas, para coñecer os plans de Medio Rural ao respecto das obras a desenvolver nun Plan para 2006. A xuntanza respondiu á necesidade do Concello de centrarse en obras que contribúan a fixar poboación e podan crear elementos de dinamización do mundo rural, sempre vinculados ao sector productivo.

O Concello habilita unha pista de xeo para o Nadal

LECER

O Concello habilita unha pista de xeo para o Nadal

Martes 13 de decembro do 2005

O Concello de Carballo porá en funcionamento, ata mediados do vindeiro mes de xaneiro, unha pista de xeo na localidade. Este martes, 13 de decembro, terá lugar na Casa do Concello a presentación do proxecto, acto no que ademáis do alcalde da localidade estará presente a Delegada Provincial de Cultura e Deporte, Milagros Lantes.

O Concelleiro de Urbanismo traslada viarias demandas ao Conselleiro de Presidencia

XUNTANZA

O Concelleiro de Urbanismo traslada viarias demandas ao Conselleiro de Presidencia

Martes 13 de decembro do 2005

O Concelleiro delegado de Urbanismo, Manuel andrade, mantivo unha reunión co Conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, na que lle trasladou varias demandas en materia de, fundamentalmente, comunicación e infraestructuras. Unha estrada de circunvalación, o enlace da AG-55 con Razo e Baldaio, a promoción de solo industrial, a necesidade dun hospital comarcal, unha zona deportiva no Bosque ou as resolucións das modificacións urbanísticas pendentes no concello foron algunhas das principais demandas que trasladou o Concelleiro de Urbanismo nesa xuntanza mantida en Santiago.

Autorizados tres novos vaos permanentes na localidade

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Autorizados tres novos vaos permanentes na localidade

Luns 12 de decembro do 2005

A Xunta de Goberno Local aprobou, na Xunta de Goberno Local do luns 12 de decembro, a autorización de tres novos vaos permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vaos irregulares nas vías urbanas de Carballo. As novas licenzas de vado permanente correspóndense coas rúas Rosas, Gran Vía e Vila de Noia.

Comezou a exposición dos planos e documentación do término municipal

REVISIÓN DO CATASTRO

Comezou a exposición dos planos e documentación do término municipal

Luns 12 de decembro do 2005

O Pazo da Cultura de Carballo acolle desde este luns, 12 de decembro, a exposición ao público dos planos e documentación de todo o término municipal, logo de que o Concello veña de rematar os traballos previos de revisión do catastro de bens inmobles rústicos. O plazo de exposición prolongarase ata o 30 de decembro, tras unha revisión na que se contabilizaron 63017 parcelas e 12573 titulares.

O luns comeza a exposición dos planos e documentación do término municipal

REVISIÓN DO CATASTRO

O luns comeza a exposición dos planos e documentación do término municipal

Venres 9 de decembro do 2005

O vindeiro luns, 12 de decembro, comezará a exposición ao público, no Pazo da Cultura de Carballo, dos planos e documentación de todo o término municipal, logo de que o Concello veña de rematar os traballos previos de revisión do catastro de bens inmobles rústicos. O plazo de exposición prolongarase ata o 30 de decembro, tras unha revisión na que se contabilizaron 63017 parcelas e 12573 titulares.

O Concello pon en funcionamento o alumeado de Nadal

FESTAS

O Concello pon en funcionamento o alumeado de Nadal

Venres 9 de decembro do 2005

A partires da tarde noite do venres, 9 de decembro, o alumeado de Nadal comezará a funcionar no municipio de Carballo. O Concello xa recibiu o correspondente permiso e aproveitará xa esta fin de semana para animar as rúas da localidade co tradicional alumeado que anuncia o comezo das festas de Nadal.

As compañías ‘Trinke Trinke’ e ‘Disque Danza’ abren o Nadal Cultural

LECER

As compañías ‘Trinke Trinke’ e ‘Disque Danza’ abren o Nadal Cultural

Venres 9 de decembro do 2005

Este venres, 9 de decembro, arranca o Nadal Cultural do Concello de Carballo coas dúas primeiras actuacións incluidas no programa. A compañía coruñesa Trinke Trinke será a encargada de abrir as actuacións na ludoteca municipal, co sue espectáculo Ter amigos dirixido aos máis pequenos. Pola noite, no Pazo da Cultura, a compañía Disque Danza ofrece un novo espectáculo para o público adulto.

O Concello presenta unha oferta variada para o Nadal Cultural

LECER

O Concello presenta unha oferta variada para o Nadal Cultural

Mércores 7 de decembro do 2005

O Concello de Carballo ven de presentar unha nova edición do Nadal Cultural, un extenso programa que se desenvolverá durante un mes e no que os festivais, música e maxia coparán boa parte das actuacións. Os actos comezarán o venres día 9 de decembro e rematarán coa cabalgata de Reis o 6 de xaneiro. Un mes para disfrutar dun programa no que na súa concpeción tívose moi en conta aos verdadeiros protagonistas do nadal, os nenos.

Compartir: