AXENDA
Martes 20 de decembro do 2005
O Director Xeral de Deportes, Santiago Domínguez, será o encargado de inaugurar oficialmente a Pista de Xeo instalada no polideportivo Bergantiños. Será co gallo da visita que oficiará ao concello o vindeiro xoves, 22 de decembro, e na que o grupo de goberno trasladará diferentes necesidades para a localidade.
TURISMO
Martes 20 de decembro do 2005
Os panadeiros de Carballo terán a oportunide, o mércores 21 de decembro, de coñecer de primeira man o borrador do uso da marca Pan de Carballo. Será nunha xuntaza convocada pola Concellería de Turismo, a celebrar na Casa do Concello, e para a que xa foron convidados todos os panadeiros da localidade. Na xuntanza tomarán parte o concelleiro de Turismo, Manuel Pan, ademáis do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
REUNIÓN COS EMPRESARIOS
Luns 19 de decembro do 2005
O Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Ramón Calvo Silvosa, visita Carballo este luns, 19 de decembro, cun dobre obxectivo. Ás seis e media da tarde mantén un encontro con varios empresarios do municipio e da Comarca de Bergantiños e, hora e media máis tarde, ofrecerá unha conferencia no Pazo da Cultura, incluida na programación da campaña Incrementa o teu interese.
Luns 19 de decembro do 2005
Carballo conta desde o pasado domingo cun dos atractivos máis novedosos para as festas do Nadal. A pista de xeo habilitada no Pavillón Bergantiños abriu as súas portas aos máis madrugadores, que xa disfrutaton do novo servizo durante a tarde do domingo. O Concello de Carballo, en colaboración con Creativa Dixital, Grupo Gadisa e a Secretaría Xeral para o Deporte, achega esta iniciativa co obxectivo de convertir á localidade nun punto de encontro para familias de toda a comarca.
OUTROS INDICADORES: EN MENOS DE SEIS MESES
Luns 19 de decembro do 2005
Dende que botara a andar, a comezos do mes de xullo, a web municipal recibiu un total de 250.000 consultas. Polo de agora, outubro foi o mes que rexistrou unha maior afluencia de usuarios, acadando máis de 58.000 visitas. A web www.carballo.org afianzouse xa como unha referencia informativa para os habitantes do municipio.
NADAL CULTURAL
Venres 16 de decembro do 2005
O Salón de Plenos do Concello de Carballo foi escenario da entrega de premios do concurso de carteis e postal de Nadal. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presidiu un acto ao que asistiron os nenos e nenas premiados, os seus familiares e membros do xurado. A gañadora do concurso foi Soraya Hernández Villar, do C.E.I.P. Nétoma Razo.
DEPORTE
Venres 16 de decembro do 2005
O polígono industrial de Bértoa será escenario, o sábado 17 de decembro, da terceira edición do Campo a Través Concello de Carballo.A actividade enmárcase dentro do Programa Deporte Na Escola que promove o Padroado Deportivo Municipal de Carballo, e está organizada polo propio Padroado, o Concello e o Servizo Provincial de deportes da Xunta de Galicia. Un total de 327 escolares participarán da proba, a desenvolver a partires das 11,00 horas.
PROMOCIÓN LINGÜÍSTICA
Venres 16 de decembro do 2005
O Concello de Carballo, dentro da campaña Incrementa o teu interese e en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística, quere contribuír a potenciar o uso normalizado do galego na actividade comercial do Nadal. Con este fin vai distribuír entre os comercios da localidade 31.200 etiquetas adhesivas para utilizar nos envoltorios dos agasallos co lema Cos meus mellores desexos. O obxectivo principal da iniciativa é o de seguir avanzando no proceso de incorporación e implantación do galego no sector do comercio.
CULTURA
Xoves 15 de decembro do 2005
O Pazo da Cultura acolle este xoves, 15 de decembro, a presentación do libro A Memoria de Carballo dos escritores Xan Fraga e Carlos Díaz Martínez. Trátase dunha monografía na que se fala da historia de Carballo e dos elementos vinculados á súa memoria, como o río Anllóns, a poboación, a música, a arquitectura ou a economía. Ademáis, o acto contempla a presentación dunha serie de fotografías a modo de postais que ilustran os elementos mencionados.
EDUCACIÓN
Xoves 15 de decembro do 2005
A necesidade de impulsar a Escola de Idiomas de Carballo foi un dos temas que abordou o alcalde da localidade, Evencio Ferrero, nunha entrevista co Delegado Provincial de Educación. O rexedor local fixo saber a necesidade de que a Escola de Idiomas sexa recoñecida oficialmente e que se introduzan novos idiomas para os cursos sucesivos. O Delegado Provincial de Educación entendeu a situación plantexada polo alcalde de Carballo e a necesidade de darlle un impulso á Escola de Idiomas durante o vindeiro ano.
POLÍGONO DE BÉRTOA
Xoves 15 de decembro do 2005
O Concello de Carballo segue a dar pasos na tramitación dunha nova ampliación de solo industrial no Polígono Industrial de Bértoa. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, plantexou nunha xuntanza en A Coruña, ante o presidente de Xestur Coruña, Luis Barcia, e o Delegado Provincial de Vivenda e Solo, Juan Carlos Bascuas, a necesidade de seguir desenvolvendo o polígono industrial de Bértoa, coa realización dunha nova ampliación que complemente ás 74 hectáreas que se están a desenvolver na actualidade.
EN MENOS DE SEIS MESES
Xoves 15 de decembro do 2005
Dende que botara a andar, a comezos do mes de xullo, a web municipal recibiu un total de 250.000 consultas. Polo de agora, outubro foi o mes que rexistrou unha maior afluencia de usuarios, acadando máis de 58.000 visitas. A web www.carballo.org afianzouse xa como unha referencia informativa para os habitantes do municipio.