XUNTA DE GOBERNO
Luns 26 de decembro do 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión do luns, 26 de decembro, tres convenios de colaboración coa Deputación Provincial e a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Federación Española de Municipios e Provincias. Os dous convenios coa Deputación da Coruña fan referencia ao sostemento dun Grupo Municipal de Intervención Rápida e a financiación do mantemento do servizo de normalización lingüística. O convenio coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Federación Española de Municipios e Provincias alude ao suministro de información de carácter tributario ás Entidades Locais.
CENTRO DE FORMACIÓN
Domingo 25 de decembro do 2005
O vindeiro venres, 30 de decembro, dará comezo a segunda fase da Escola Obradoiro Casa dos Oficios, promovida polo Concello de Carballo e iniciada a finais do mes de xuño. O Concello de Carballo formalizará a contratación dos 36 alumnos-traballadores, baixo a modalidade de contrato de formación por un período inicial de seis meses. A sinatura dos devanditos contratos terá lugar o xoves, 29 de decembro, ás 13,00 horas no Centro Municipal de Formación.
POLÍGONO INDUSTRIAL
Venres 23 de decembro do 2005
Os esforzos do Concello de Carballo na tramitación dunha nova ampliación de solo industrial no Polígono Industrial de Bértoa deron os seus froitos. A presentación do informe elaborado polo goberno municipal, no que se aludía á necesidade de ampliar o solo industrial debido á demanda existente, tívoa en conta o Consello de Administración de Xestur, que deu o seu visto bo na súa última xuntanza. Ademáis dos 740.000 metros cadrados nos que se traballa na actualidade, a ampliación do solo industrial aprobada contempla unha nova fase na que se desenvolverán dúas zonas cun total de 530.000 metros cadrados.
PATRIMONIO
Venres 23 de decembro do 2005
O inicio dos traballos de elaboración do Inventario Municipal de Bens xa ten data. O vindeiro 16 de xaneiro comezarán os mesmos baixo a supervisión do concelleiro de Patrimonio, José Antonio Viña, e o secretario municipal. A empresa encargada de realizar eses traballos anunciou o seu inicio para mediados de xaneiro e contará cun prazo de seis meses para a súa conclusión. O goberno municipal pretende así mellorar un servizo que posibilitará a localización, documentación, e rexistro de tódolos bens do Concello que sexan inventariables. A súa elaboración costará en torno aos 80.000 euros.
TURISMO
Venres 23 de decembro do 2005
O Concello de Carballo e a asociación de mariscadoras inician, o luns 26 de decembro, o proxecto de formación das mariscadoras de Baldaio como axentes de interpretación turistica e da paisaxe. A iniciativa pretende que as mariscadoras podan servir de referencia á hora de que diferentes grupos de veciños ou turistas coñezan as zonas do litoral carballés como Razo e Baldaio.
TURISMO
Xoves 22 de decembro do 2005
Unha decea depanadeiros de Carballo acudiron ao chamamento do concelleiro de Turismo para coñecer o borrador do uso da marca Pan de Carballo. Manuel Pan, acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentou a imaxe da marca que cada un dos propietarios pode locer nos seus establecementos en función do regulamento e normas que lles trasmitiu o grupo de goberno. A xuntanza prolongouse por espazo dunha hora.
AXENDA
Xoves 22 de decembro do 2005
O Director Xeral de Deportes, Santiago Domínguez, será o encargado de inaugurar oficialmente a Pista de Xeo instalada no polideportivo Bergantiños. O acto terá lugar ás cinco da tarde deste xoves, 22 de decembro, coincidindo coa visita que oficia Santiago Domínguez ao concello de Carballo.
DEPORTES
Xoves 22 de decembro do 2005
O Concello de Carballo sorteará 40 entradas para acudir á estrea da Selección Galega de fútbol, no partido que disputará o xoves 29 de decembro no estadio de san Lázaro, en Santiago de Compostela. Os interesados en asisitir ao encontro deberán presentar a solicitude entre o venres 23 de decembro ata o martes 27 de decembro, no Padroado Deportivo Municipal, na rúa Coruña.
INSPECCIÓN TÉCNICA
Mércores 21 de decembro do 2005
A unidade móbil de inspección técnica de vehículos desplazarase os primeiros días do vindeiro mes de xaneiro a Carballo para realizar inspeccións técnicas periódicas de vehículos, incluidos os agrícolas. As datas elexidas son o 2, 3 e 4 de xaneiro, e se asignará día e hora de atención ao público, directamente na unidade móbil dende o primeiro día de chegada á localidade.
LECER
Mércores 21 de decembro do 2005
Os escolares dos colexios de Carballo están a disfrutar, desde a súa apertura, da Pista de Xeo ubicada no Pavillón Bergantiños. O Concello de Carballo convidou a todos os centros escolares do municipio para disfrutar desta actividade. Desde o pasado luns 19, e ata o remate da mesma, acudirán máis de 2500 alumnos de doce centros educativos.
LECER
Mércores 21 de decembro do 2005
Desde as 10,30 horas, as escolas unitarias das parroquias de Carballo reciben a tradicional visita de Papá Noel que, acompañado por un grupo de voluntarios de Protección Civil, fai entrega aos centros de material didáctico e lúdico. A actividade desenvólvese dentro do programa do Nadal Cultural do Concello de Carballo e continuará o xoves 22 de decembro, na casa da Xuventude, onde Papá Noel recibirá aos centros do CRA.
SOLO INDUSTRIAL
Martes 20 de decembro do 2005
O salón de plenos do Concello de Carballo acolleu a xuntanza que o Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Ramón Calvo, mantivo cunha nutrida representación dos empresarios da Comarca de Bergantiños. Da xuntanza participou tamén o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Ésta serviu para poñer de manifesto as necesidades de mellora para o sector na zona e confirmar a ampliación do polígono industrial de Bértoa en 74 hectáreas no primeiro trimestre de 2007.