FELICITACIÓNS
O Concello deséxavos un feliz 2006
Venres 30 de decembro do 2005
O Concello de Carballo quere desexar un feliz 2006 a tódolos veciños/as e lectores da web.
Inicio Carballo ao día Hemeroteca
Venres 30 de decembro do 2005
O Concello de Carballo quere desexar un feliz 2006 a tódolos veciños/as e lectores da web.
Xoves 29 de decembro do 2005
Este xoves, 29 de decembro, continúa a programación do Nadalpequespectacular do Nadal Cultural do Concello de Carballo. O Pazo da Cultura acolle, a partir das 18,00 horas, o concerto para nenos do conxunto de corda Un Cuarteto Divertido. Trátase dun conxunto instrumental formado por catro músicos de corda que intentarán achegar a música e os instrumentos a todos os asistentes ao concerto.
Xoves 29 de decembro do 2005
A Concellaría de Turismo pon á disposición dos panadeiros de Carballo a posibilidade de retirar as instancias para solicitar a marca Pan de Carballo. Como se acordara nunha última xuntanza co sector, as panaderías da localidade interesadas en participar da iniciativa poden xa retirar as instancias no Rexistro Xeral do Concello e contan cun mes de prazo para presentar a solicitude e explicar en qué soporte a queren usar.
Xoves 29 de decembro do 2005
O prazo de exposición ao público dos planos e documentación de todo o término municipal, logo de que o Concello rematara os traballos previos de revisión do catastro de bens inmobles rústicos, ampliarase unha semana debido ao notable interese suscitado e a proliferación de veciños interesados en coñecer a documentación. Así, o prazo de exposición non remata o venres, 30 de decembro, como nun principio estaba previsto, e amplíase ata o xoves, 5 de xaneiro.
Xoves 29 de decembro do 2005
O Concello de Carballo ven de remitir á Dirección Xeral de Trasnportes dúas alegacións ao expediente aberto por Transportes Arriva ante o organismo dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Nesa memoria xustificativa constátase que que a concesión fraccionase en tres bloques -Autos Vázquez, Monbus e Autos Carballo- que asumirán nos vindeiros meses as liñas que na actualidade mantén a empresa Arriva. Nesta nova distribución desparecen liñas existentes na actualidade, unha situación que provocou a presentación de alegacións por parte do Concello de Carballo.
Mércores 28 de decembro do 2005
Este mércores, 28 de decembro, continúa a programación do Nadalpequespectacular do Nadal Cultural do Concello de Carballo. O Pazo da Cultura acolle, a partir das 18,00 horas, a representación do espectáculo Nada...nada a cargo da compañía madrileña Aracaladanza, unha das compañías máis importantes de danza infantil contemporánea.
Mércores 28 de decembro do 2005
Corenta veciños de Carballo poderán acudir, da man do Concello, á estrea da Selección Galega de fútbol no encontro que disputará o xoves, 29 de decembro, frente a Uruguai en San Lázaro. O Concello de Carballo puxera a disposición corenta entradas para asistir ao partido e corenta, precisamente, foron ás solicitudes presentadas no Padroado Deportivo Municipal. Polo tanto, non fixo falta a celebración do sorteo previsto para a tarde do pasado martes e tódolos solicitantes poderán acudir a San Lázaro.
Mércores 28 de decembro do 2005
O Concello de Carballo porá en coñecemento da Consellería de Industria e Unión Fenosa os últimos fallos no suministro eléctrico detectados na rúa Coruña durante este Nadal. A zona, un dos referentes do comercio local, padeceu varios cortes de luz en datas recentes, coas conseguintes perdas económicas para os negocios e as incomodidades para os propietarios e veciños da localidade. Os fallos no suministro chegaron a prolongarse algún día por espazo de catro horas, como sucedeu o pasado 25 de decembro. Todos os cortes de luz tiveron lugar pola mañán.
Martes 27 de decembro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, presidirán o acto de inauguración da exposición do VIII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís no Museo Bergantiños. O evento terá lugar ás 20,30 horas e a exposición poderá contemplarse ata o 21 de xaneiro.
Martes 27 de decembro do 2005
A Xunta de Goberno Local decidiu, na súa última sesión, solicitar a inclusión da Banda Municipal de Música de Carballo na Rede Cultural á Deputación da Coruña, vista a convocatoria do ente provincial para a participación na programación da mesma. O mesmo acordouse coa solicitude da inclusión da BIG BAND do Conservatorio Profesional de Música de Carballo. En ambos casos, a Xunta de Goberno Local acordou nomear, como representante para as relacións coa Deputación ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. A Rede Cultural da Deputación da Coruña ten por obxecto contribuír á difusión e á promoción da música, o folclore, o teatro e demáis manifestacións artísticas na provincia, facilitando o coñecemento das actividades que, neste ámbito, se están a producir, e o seu achegamento aos concellos.
Luns 26 de decembro do 2005
O Director Xeral de Deportes, Santiago Domínguez, confirmou no acto de inauguración da Pista de Xeo de Carballo que a localidade seguirá prestando este servicio o próximo inverno. Así manifestouno nunha recente visita na que, ademáis, participou dun encontro co movemento asociativo deportivo da localidade e na entrega de axudas do Padroado Deportivo Municipal do ano 2005.
Luns 26 de decembro do 2005
O Nadal Cultural do Concello de Carballo achega durante toda a semana un grande número de actuacións e actos diversos para o disfrute, sobre todo, dos máis pequenos. O cine é o protagonista deste luns, 26 de decembro, con dúas sesións de mañan na Ludoteca Municipal e no Local Social de Bértoa e o comezo, as 16,30 horas, do XIII Ciclo infantil Cine de Nadal no Centro Social San Xoan Bautista, que se prolongará durante tres días. O Cine de Nadal terá cabida tamén o martes, 27 de decembro, no Local Social de Cances e o mércores, 28 de decembro, no Local Social de Entrecruces.