CULTURA
Martes 10 de xaneiro do 2006
A periodista ourensana, Ángela Rodicio, ofrecerá o vindeiro venres, 13 de xaneiro, unha charla no Pazo da Cultura, na que comentará a súa experiencia como corresponsal de guerra. Será o primero dos actos incluidos na programación cultural deste mes de xaneiro, na que a música será tamén protagonista. A conferencia da periodista xa figuraba na programación da Concellaría de Cultura hai un par de meses, aínda que por aquel entonces tívose que suspender por problemas de axenda de Ángela Rodicio.
OBRAS NO LITORAL
Martes 10 de xaneiro do 2006
A primeira fase das obras de recuperación do sistema natural de Razo e Baldaio estará rematado para o verán. Así o confirmou o xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, despois dunha xuntanza con membros do grupo de goberno de Carballo, onde fixaron a orde para executar as obras incluidas nos plans de restauración do sistema natural de Razo e Baldaio e a recuperación do complexo dunar. Costas pretende iniciar esta mesma semana esta última actuación, que inclúe a canalización do regato da zona da explanada, da que xa se fixo o replanteo.
VISITA INSTITUCIONAL
Martes 10 de xaneiro do 2006
A Delegada Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Mª Esther González Saavedra, visitou este martes, 10 de xaneiro, Carballo. O alcalde, Evencio Ferrero, e outros membros da Corporación Municipa,l recibiron á Delegada Provincial ás 09,00 horas na Alcaldía. A ocasión foi aproveitada polo grupo de goberno para facer entrega do dossier de necesidades de infraestructuras e investimentos en Carballo, ademáis de falar doutros aspectos como o proceso de regularización das liñas de axuda da Xunta de Galicia. Mª Esther González Saavedra tivo ocasión de visitar as obras de acondicionamento que se están a desenvolver no Concello -das que participa a Consellería de Presidencia mediante subvención- e o Edificio dos Xulgados.
CULTURA
Martes 10 de xaneiro do 2006
O Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, inaugura este mércores, 10 de xaneiro, a exposición Nazón de Breogán en Carballo. O acto, no que participarán entre outros o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a delegada provincial de Cultura e Deporte, Milagros Lantes, e a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, celÉbrase na Sala de Expsicións do Pazo da Cultura a partir das 20,00 horas.
OBRAS
Martes 10 de xaneiro do 2006
Durante a tarde noite do martes reanudáronse as obras de construcción da rotonda entre as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Milagrosa. Os traballos foron adxudicados á Unión Temporal de Empresas GAOS Contratas y Construcciones SL e Obras y Contratas AEDES SL, no prezo de 157.979,70 euros. O prazo de execución dos traballos é de 6 meses.
CARBALLO LIMPO
Martes 10 de xaneiro do 2006
A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo colocou un total de 95 colectores -de reciclaxe de papel, reciclaxe de vidro e lixo- desde o mes de xuño do ano 2006. A medida, levada a cabo conxuntamente polas concellarías de Servizos e Mantemento e Medio Ambiente, é unha máis das que se desenvolven dentro da campaña Carballo Limpo. O obxectivo que persegue esta iniciativa é a de mellorar os servizos aos veciños do Concello, ademáis de favorecer a reciclaxe e facer máis cómoda a utilización dos colectores para o usuario. En total colocáronse 19 colectores para a reciclaxe de papel, 17 para a reciclaxe de vidro e 59 para o lixo.
VISITA INSTITUCIONAL
Luns 9 de xaneiro do 2006
A Delegada Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Mª Esther González Saavedra, visita este martes, 10 de xaneiro, Carballo. A visita serverá para que a Delegada Provincial coñeza as obras de acondicionamento que se están a desenvolver no Concello -das que participa a Consellería de Presidencia mediante subvención- e visite, con posterioridade, o Edificio dos Xulgados.
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Luns 9 de xaneiro do 2006
A Xunta de Goberno Local ven de aprobar a solicitude de dúas subvencións á Deputación da Coruña en materia de servizos sociais e políticas de igualade. O importe global das mesmas supera os 200.000 euros e a súa solicitude responde á convocatoria de programas dirixidos a concellos para actividades e investimentos da Deputación Provincial da Coruña, coa finalidade de apoiar aos concellos na creación ou no mantemento de actividades na política de igualdade entre mulleres e homes. Esta convocatoria coincide coa de subvencións dirixidas aos concellos para Programas de Desenvolvemento de Servicios Sociais no ano 2006.
OBRAS
Luns 9 de xaneiro do 2006
O Concello de Carballo ven de iniciar a dotación de beirarrúas no entorno do Insituto Alfredo Brañas, no treito que vai desde o colexio das Monxas até o Pavillón Vila de Noia. As obras de construcción comezaron onte na esquina do colexio, do que está previsto reformar a escaleira para mellorar a accesibilidade. Nesa marxe dereita da rúa continuará a colocación de beirarrúas até o cruce coa rúa Vila de Corcubión, para seguir por diante do instituto Alfredo Brañas e un tramo da rúa Vila de Ordes.
LECER
Xoves 5 de xaneiro do 2006
Este xoves, 5 de xaneiro, Carballo recibe a tradicional visita dos Reis Magos, cunha cabalgata que encherá de cor as rúas do concello e onde os máis pequenos serán os verdadeiros protagonistas. A Cabalgata comezará coa chegada dos Reis ao Centro Comercial Bergantiños-Haley, ás 17,45 horas en coches descapotables, onde saudarán aos nenos e nenas antes de subir ás carrozas. A saída do Centro Comercial está prevista para as 18,00 horas e a chegada á Praza do Concello contra as 20,00 horas.
TELECOMUNICACIÓNS
Xoves 5 de xaneiro do 2006
A empresa de telecomunicacións R ten previsto comenzar esta semana as obras de instalación da súa rede de fibra óptica no casco urbano de Carballo. Os traballos comezarán, en principio, no barrio de San Cristóbal, aproveitando as canalizacións que a compañía xa ten instaladas na autovía AG-55. Con posterioridade, a obra continuará pola zona centro cara as rúas Vázquez de Parga e Coruña, onde xa están as conexións instaladas. R achegará a Carballo os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade e televisión a máis de 11.000 fogares e locais empresariais carballeses, froito do convenio asinado pola empresa e o Concello de Carballo o pasado mes de novembro.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Mércores 4 de xaneiro do 2006
A Xunta de Goberno Local reunirase o vindeiro luns, 9 de xaneiro, en sesión ordinaria. Na mesma, debatiranse as solicitudes de dúas subvencións á Deputación da Coruña. A primeira fai referencia ao fomento da política de igualdade ente mulleres e homes durante o ano 2006, mentres que a segunda sería para programas de Sevizos Sociais.