SEVIZOS SOCIAIS
Venres 13 de xaneiro do 2006
Os maiores do concello que queran participar no Programa de Termalismo Social do Imserso poden facer xa a súa solicitude. Os que non dispoñan das mesmas, xa remitidas polo Imserso ao domicilio dos solicitantes do ano pasado, poden recollelas nos Servizos Sociais do Concello de Carballo. Tamén poden descargarse os modelos na páxina do Programa de Termalismo Social, onde pode ampliarse a información dunha iniciativa que proporciona aos pensionistas, que por prescripción facultativa o precisen, os tratamentos que se prestan nos balnearios, a precios reducidos.
CULTURA
Venres 13 de xaneiro do 2006
A Concellaría de Cultura inicia este venres, 13 de xaneiro, o seu Programa Cultural do Pazo da Cultura, que se desenvolverá entre os meses de xaneiro e abril. Comeza este programa cun acto patrocinado por Caixanova, a conferencia Unha muller na guera a cargo da periodista ourensá Ángela Rodicio. A conferencia estaba prevista para o pasado 17 de nopvembro, aíanda que tivo que ser aprazada por motivos laborais da xornalista.
VISITA
Venres 13 de xaneiro do 2006
O Director Xeral de Cultura, Xosé Luis Bará, visita este venres Carballo cun dobre obxectivo. A primeira hora da tarde está previsto que acuda ao Local Social de Berdillo, onde manerá unha xuntanza coa Asociación desta parroquia do concello. Con posterioridade, e no Pazo da Cultura, manterá un encontro coas asociacións da Comarca de Bergantiños. A ambas xuntanzas acudirá tamén a Delegada Provincial de Cultura e Deportes, Milagros Lantes.
CULTURA
Venres 13 de xaneiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e os concelleiros delegados de Cultura e Terceira Idade, Belén Lendoiro e Antonio Longueira, presentaron o programa das festas do Antroido, a celebrar na localidade a finais deste mes de febreiro. A intención do Concello é a de que a xente viva o antoido na rúa, con numerosas actividades para tódalas idades. Candido Pazó será o encargado de ler o pregón inaugural das festas, o día 24 a partir das 21,00 horas.
REFORMA
Venres 13 de xaneiro do 2006
A Comisión Superior de Urbanismo ven de aprobar, por unanimidade, a modificación puntual número 8 do Plan Xeral de Ordenación Municipal , que afecta ao ámbito da Praza do Concello. O dictame permite así convocar a mesa de contratación para examinar a oferta presentada para a construcción do parking subterráneo e o novo edificio comercial neste ámbito.
INCENDIO
Venres 13 de xaneiro do 2006
A Consellería de Política Territorial confirmou que este luns, 13 de febreiro, comezan os traballos de desmantelamento da parte superior dos andéns da Estación de Autobuses, afectada polo incendio da madrugada do pasado venres. Está previsto que eses traballos comecen ás 15,00 horas e optarase por desmantelar toda a cuberta, debido ao risco que supón a situación actual.
BALANCE ANUAL
Xoves 12 de xaneiro do 2006
Protección Civil de Carballo deu a coñecer o balance de actuaccións do pasado ano 2005, no que se contabilizaron un total de 2.001 intervencións. É a segunda cifra máis elevada da última década, só superada polas máis de 2.600 intervencións do ano 1996. En total realizáronse 292 emerxencias, das que 25 foron en outros concellos de Bergantiños e Costa da Morte.
CATASTRO MUNICIPAL
Xoves 12 de xaneiro do 2006
Este venres, 13 de xaneiro, conclúe a revisión do catastro de bens inmobles rústicos do término municipal de Carballo. Ponse fin así a un proceso de 18 meses de duración, que incluiu a ampliación do prazo de revisión en dúas semanas. Durante un mes, a elevada participación dos veciños foi a tónica predominante da revisión, xa que foron moitas as persoas que se acehgaron ao Pazo da Cultura para examinar os planos, recoller a documentación que lles faltaba, realizar as alegacións sobre erros, falta de inclusión de parcelas, etc. Este venres, ás 13,30 horas, darase por pechado o prazo disposto polo Concello e a empresa Ditecar para a revisión.
BAIXADAS DE TENSIÓN
Xoves 12 de xaneiro do 2006
O Concello de Carballo ven de remitir a Unión Fenosa e á Delegación Provincial da Consellería de Industria unha reclamación dos veciños do lugar do Sixto, na que denuncian problemas de suministro eléctrico. Esta situación non é nova, xa que o Concello xa lle trasladara a Insdustria e Fenosa os mesmos problemas en febreiro de 2005. Por aquel entonces, a Delegación Provincial da Consellería de Industria abrira un expediente á empresa suministradora.
INMIGRACIÓN
Mércores 11 de xaneiro do 2006
A Casa do Concello servirá, o vindeiro domingo 15 de xaneiro, de punto de encontro da comunidade uruguaia de Carballo e de toda a Comarca de Bergantiños. A partir das 18,00 horas terá lugar esta emotivo acto no Salón de Plenos, ao que acudirá unha delegación do país de Uruguai para participar do mesmo.
POTENCIA INSUFICIENTE
Mércores 11 de xaneiro do 2006
O Concello de Carballo ven de remitir a Unión Fenosa e á Delegación Provincial da Consellería de Industria unha copia das sinaturas recolidas entre a comunidade veciñal do lugar de Xoane da Carretera, da parroquia de Goians, onde denuncian a insuficiente potencia de suministro eléctrico que reciben nas súas vivendas.
BARÓMETRO MUNICIPAL
Mércores 11 de xaneiro do 2006
O ano 2005, no que Carballo superou a cifra dos 30.000 habitantes, supuxo para a localidade un saldo positivo de máis de 400 habitantes, cifra record para o concello en movementos netos. Son datos do Barómetro Administrativo Municipal, dado a coñecer esta mañán polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro delegado de Facenda, José Antonio Viña. A cifra de habitantes, con datos de 30 de setembro, sitúase en 30.083, sendo a idade media da poboación de 42,9 anos, un dato que tamén baixa en relación a exercicios anteriores.