TURISMO
Xoves 26 de xaneiro do 2006
O pan de Carballo será un dos protagonistas na xornada deste xoves na Feira Internacional de Turismo, que dende o mércores se celebra en Madrid. Coincidindo coa celebración do Día de Galicia, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro delegado de Turismo, Manuel Pan, achegáronse a FITUR para coñecer moitos dos aspectos que recolle esta 26ª edición. Ademáis, a representación municipal achegará o pan de Carballo á Feira, que será repartido tras un acto no salón de Turgalicia, no que tamén participa o escritor Xan Fernández Carrera.
CULTURA
Mércores 25 de xaneiro do 2006
Despóis da conferencia de Ángela Rodicio e o concerto do grupo de cámara da Sinfónica de Galicia, o teatro será o protagonista esta fin de semana dentro da programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo. O venres 27 de xaneiro, a partir das 19,30 horas, a compañía catalana Xirriquiteula Teatro será a encargada de abrir as representacións teatrais incluidas no programa con Papirus, un espectáculo sen palabras destinado a un público infantil e familiar.
TURSIMO
Mércores 25 de xaneiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, desprázase este xoves a Madrid para participar da Feira Internacional de Turismo, que cumple a súa 26ª edición. É a primeira cita do calendario internacional dos profesionais do sector turístico, que se desenvolverá ata o vindeiro 29 de xaneiro. Coincidindo coa celebración do Día de Galicia, Evencio Ferrero asiste a FITUR nunha xornada na que o Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte desenvolverá un acto especial para dar a coñecer a zona.
COMISIÓNS INFORMATIVAS
Mércores 25 de xaneiro do 2006
Esta tarde de mércores reúnense as comisión informativas de Acción Social, Participación e Persoal, de Asuntos Económicos e Especial de Contas e a de Urbanismo e Desenvolvemento. Na primeira das mesmas abordarase a proposta para o nomeamento de novas rúas para a localidade. A mesma fai referencia ao enclave do Polígono Industrial de Bértoa, no que se pretenden cambiar as actuais denominacións dos viais por nomes de de metais e materiais, e outras rúas que neste momento están sen denominación, en zonas como Mirón, A Revolta, Estación de Autobuses, Berdillo, ou As Labradas.
CULTURA
Martes 24 de xaneiro do 2006
A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, ven de convocar unha xuntanza para constituir a Comisión de Festas San Xoan 2006, que se encargará da organización desta celebración. Co obxecto de renovar a Comisión, incorporando novos membros, convídase a todas as entidades e persoas que estén interesadas en formar parte da mesma a asistir a esta reunión, a celebrar o mércores, 25 de xaneiro, no Pazo da Cultura.
OBRAS
Martes 24 de xaneiro do 2006
O vindeiro luns, 30 de xaneiro, comezará, a máis tardar, o encofrado das zapatas sobre as que se colocará a estructura metálica do edificio da Casa dos Oficios, no barrio da Milagrosa. Unha vez se confirme que a resistencia do terreo é a idónea para levantar a estructura, despóis de realizar os traballos de excavación, drenaxe e cubrición, comezarase a traballar sobre o terreo. As estructuras e materiais nos que se traballa na actualidade están xa avanzados, nunhan laboura que seguen a desenvolver os alumnos-traballadores da Escola Obradoiro.
XUNTANZA
Martes 24 de xaneiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira delegada de Sanidade, Dores Silveira, veñen de manter unha xuntanza coa Delegada Provincial da Consellaría de Sanidade en A Coruña, na que lle trasladaron diferentes demandas para o Concello. Así, a representación do grupo de goberno local volveu insistir na necesidade dunha ambulancia medicalizada para Carballo, ademáis dun hospital comarcal, para o que achegaron un inforome coa situación sanitaria da localidade. A Delegada Provincial trasladará ao Sergas as demandas do Concello, tras unha xuntanza que se prolongou por espazo dunha hora.
SANIDADE
Luns 23 de xaneiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira delegada de Sanidade, Dores Silveira, manteñen este martes, 24 de xaneiro, unha xuntanza coa Delegada Provincial da Consellaría de Sanidade en A Coruña. A representación do grupo de goberno local volverá demandar unha ambulancia medicalizada para Carballo, ademáis dun hospital comarcal.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Luns 23 de xaneiro do 2006
A Xunta de Goberno Local aprobou, na Xunta de Goberno Local do luns 23 de xaneiro, a autorización de catorce novos vaos permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vaos irregulares nas vías urbanas de Carballo. As novas licenzas de vado permanente correspóndense coas rúas Gran Vía (3) Vázquez de Parga, Avenida das Flores, Bos Aires, Cuba, Río Sil, Avenida Bergantiños, Río Lérez, Avenida Milagrosa, Andorra, Laracha e Caión. Tamén autorizouse a ampliación dun vao na rua Vázquez de Parga.
DEPORTE
Venres 20 de xaneiro do 2006
O Comité Técnico do Deporte en Idade Escolar da Dirección Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Atletismo, organizan o día sábado, 21 de xaneiro, no Complexo Deportivo de Acea da Ama (Culleredo), a Fase Intercomarcal de Campo a Través do Deporte en Idade Escolar nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. Por parte das Escolas Deportivas do Padroado Deportivo Municipal competirán un total de 54 atletas.
CULTURA
Venres 20 de xaneiro do 2006
Este venres, 20 de xaneiro, comezan a repartirse, na Ludoteca Municipal, as invitacións para asistir á representación da obra Papirus, a cargo da compañía Xirriquiteula Teatre de Barcelona. O espectáculo está enmarcado dentro do programa dos Venres Culturais do Concello de Carballo, e terá lugar o venres 27 de xaneiro no Pazo da Cultura, a partir das 19,30 horas.
EQUAL
Venres 20 de xaneiro do 2006
O Pazo da Cultura de Carballo acolle este venres, 20 de xaneiro, a presentación da iniciativa En Plan de Igualdade, integrada no Proxecto Equal . Carballo, en conxunto con Cerceda e A Coruña, participa por segunda vez deste proxecto, financiado cos fondos da Unión Europea e das devanditas administracións locais. A iniciativa desenvolve medidas destinadas a promover a igualdade de oportunidades no acceso ó emprego e a conciliación da vida laboral e familiar.