Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Nadal Cultural achega a Carballo unha nova exposición e a presentación do libro ‘Crónicas de Carballo III’

CULTURA

O Nadal Cultural achega a Carballo unha nova exposición e a presentación do libro ‘Crónicas de Carballo III’

Xoves 21 de decembro do 2006

O Museo de Bergantiños acolle esta tarde de xoves, a partir das 20,00 horas, a inauguración da exposición Granell en papel. Trátase dunha mostra de Eugenio Fernández Granell, composta dunha colección de debuxos reunidos pola Fundación Granell de Santiago e Caixanova. A exposición está patrocinada pola Deputación da Coruña e achegará a obra deste artista realizada en papel e as diferentes técnicas que empregou sobre ese material. Trátase dunha mostra cronolóxica na que se ofrecen os primeiros debuxos do autor, dos anos corenta, pasando polos seus cambios de estilo nas décadas dos cincuenta, sesenta, setenta e oitenta.

Entregados os premios do Concurso de Postal e Cartel de Nadal

CULTURA

Entregados os premios do Concurso de Postal e Cartel de Nadal

Mércores 20 de decembro do 2006

O Salón de Plenos do Concello de Carballo foi escenario da entrega de premios do concurso de postal e cartel de Nadal. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presidiu un acto ao que asistiron os nenos e nenas premiados, os seus familiares e membros do xurado. O gañador do concurso foi Yago Bello Romero, de cinco anos e do C.E.I.P. Fogar e, en segundo lugar, quedou Nerea Teijeiro Andrade, de seis anos e tamén do C.E.I.P. Fogar

Comezan as obras da rotonda da rúa do Sol

OBRAS

Comezan as obras da rotonda da rúa do Sol

Mércores 20 de decembro do 2006

Este mércores veñen de comezar as obras de construcción dunha rotonda entre as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Milagrosa. Os traballos foron adxudicados á Unión Temporal de Empresas GAOS Contratas y Construcciones SL e Obras y Contratas AEDES SL, no prezo de 157.979,70 euros. O prazo de execución dos traballos é de 6 meses.

Xunta e Concello destinan 500.000 euros para o cambio de céspede no campo de fútbol de As Eiroas

DEPORTE

Xunta e Concello destinan 500.000 euros para o cambio de céspede no campo de fútbol de As Eiroas

Mércores 20 de decembro do 2006

O Concello de Carballo e a Dirección Xeral de Deportes da Xunta de Galicia asinarán, o vindeiro mes de xaneiro, un convenio de colaboración para renovar o céspede artificial do campo de fútbol de As Eiroas. A inversión prevista para acometer os traballos é de 500.000 euros, dos que o 80% financiarase con cargo aos Orzamentos da Xunta e, o resto, correrá a cargo do Concello. Así quedou de manifesto na visita que o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, realizou este martes a Carballo.

A Xunta incluirá unha ruta Carballo-Coruña no servizo Noitebús Nadal

TRANSPORTE

A Xunta incluirá unha ruta Carballo-Coruña no servizo Noitebús Nadal

Martes 19 de decembro do 2006

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, coa finalidade de intentar reducir a siniestralidade naqueles horarios e datas especialmente vinculados coa mocidade e o ocio nocturno, vai por en marcha, durante os días 22, 23, 29, 30 e 31 de decembro e 5 e 6 de xaneiro, o servizo coñecido como Noitebús Nadal. Trátase dunha continuación da experiencia piloto desenvolvida entre os meses de xullo e agosto deste ano e, nesta ocasión, o concello de Carballo está incluido dentro da ruta A Coruña-Arteixo-Laracha-Carballo.

O Concello conta con dazasete prazas para participar na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

O Concello conta con dazasete prazas para participar na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

Martes 19 de decembro do 2006

O Concello de Carballo acolleuse, un ano máis, á Campaña de Esquí que, para nenos e nenas de 10 a 13 anos, organiza a Deputación da Coruña. A actividade está enmarcada dentro da programación deportiva do ente provincial para o ano 2007 e desenvolverase, no caso das rapazas e rapaces de Carballo, entre o 3 e o 10 de febreiro. As idades dos rapaces participantes son para os que naceron entre o 4 de febreiro de 1993 e o 3 de febreiro de 1997, e é imprescindible que sexan veciños do Concello de Carballo.

Carballo acollerá a finais de mes un maratón de fútbol sala feminino

DEPORTE

Carballo acollerá a finais de mes un maratón de fútbol sala feminino

Martes 19 de decembro do 2006

O Pavillón da Zona Escolar será escenario, o vindeiro 30 de decembro, do primeiro Maratón de Fútbol Sala feminino Concello de Carballo. O evento presentouse este martes na Casa do Concello, nun acto no que estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García, e o coordinador das Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz, organizador do torneo, José Ramón Torres Pichel. O maratón contará coa presenza de nove equipos, ademais de tres partidos de exhibición nas categorías alevín, infantil e cadete.

O Nadal Cultural oferta moitas actividades para esta semana

CULTURA

O Nadal Cultural oferta moitas actividades para esta semana

Luns 18 de decembro do 2006

O Nadal Cultural do Concello de Carballo ofrece durante esta semana unha grande cantidade de actividades de ocio para disfrute dos veciños da localidade. Os nenos volverán a ser os grandes protagonistas das festas, con actos como a entrega de premios do Concurso de Postal e Cartel de Nadal, o mércores as 11,30 horas na Casa do Concello, a visita de Papá Noel ás Escolas Unitarias o mércores e xoves, ou o obradoiro Carta para os Reis Magos que acollerá a Ludoteca Municipal o venres 22, de 18,00 a 19,30 horas. Esta última actividade terá continuidade os días 26 e 28 de decembro e 4 de xaneiro.

A Comisión Especial de Seguridade Cidadá reúnese cos comerciantes para analizar a campaña de Nadal

CONVOCATORIA

A Comisión Especial de Seguridade Cidadá reúnese cos comerciantes para analizar a campaña de Nadal

Luns 18 de decembro do 2006

A Casa do Concello de Carballo alberga este luns, 18 de decembro, unha nova xuntanza da Comisión Especial de Seguridade Cidadá, a partir das 19,00 horas. Ademáis da aprobación da acta da sesión anterior e o turno de rogos e preguntas, a orde do día contempla un único punto referente á seguridade cidadá na campaña de Nadal. A esta nova xuntanza están invitados os comerciantes do concello de Carballo.

O Concello mellorará o acceso á Férveda de Rus

SERVIZOS E MANTEMENTO

O Concello mellorará o acceso á Férveda de Rus

Venres 15 de decembro do 2006

A Brigada de Medio Ambiente de Carballo comezará a vindeira semana, se as condicións meteorolóxicas o permiten, os traballos de mellora do acceso á Férveda de Rus, a segunda maior do concello logo da de Entrecruces. As labouras, segundo informou a Concellaría de Servizos e Mantemento, consistirán nunha capa de zahorra ao longo dos máis de 150 metros da pista que chega ao lugar.

A música, protagonista da primeira fin de semana do Nadal Cultural

CULTURA

A música, protagonista da primeira fin de semana do Nadal Cultural

Venres 15 de decembro do 2006

O Pazo da Cultura será o referente esta fin de semana do programa do Nadal Cultural do Concello de Carballo, ao acoller tres actuacións musicais o venres, sábado e domigo. Para hoxe venres, 15 de decembro, está programada a actuación do Consorcio Vocal de Santiago con Cantos para a Natividade. A actuación, que organiza o Concello e na que colabora a Deputación da Coruña, comezará ás 21,00 horas e a entrada é libre. O Consorcio Vocal de Santiago é un pequeno grupo vocal de voces mixtas, formado en 2002 por músicos galegos, que ofrecen concertos desenfadados e próximos ao público. Na súa actuación interpretarán 17 obras, todas relacionadas coas festas de Nadal.

Compartir: