VIVENDA
Xoves 4 de xaneiro do 2007
Os datos do ano 2006, en relación á tramitación de licenzas para a construción de vivendas en Carballo, segue a confirmar unha alza espectacular. No recentemente concluído exercicio tramitáronse licenzas para a construción de bloques de edificios para 1.043 vivendas. Nas zonas de núcleos rurais tamén aumentaron as solicitudes de licenzas, cun total de 96 para vivendas unifamiliares. As cifras totais, no ano 2006, sitúanse en 1.139 vivendas no concello de Carballo.
INDUSTRIA
Xoves 4 de xaneiro do 2007
A enorme demanda rexistrada no Polígono Industrial de Bértoa confirmouse no ano 2006, coa tramitación de licenzas para aperturas de actividades e construcción para 23 naves industriais. No ano 2005 tramitáranse 17 licenzas, dúas máis que en 2004, mentres que o número de licenzas para naves industriais fora de 7 no ano 2003. O Polígono Industrial de Bértoa conta cunha superficie edificable de aproximadamente 285.000 metros cadrados repartido en 128 parcelas. Na actualidade son 100 parcelas con naves industriais construidas, o que supón máis dun 85% de ocupación.
SUMINISTRO ELÉCTRICO
Mércores 3 de xaneiro do 2007
O Concello de Carballo porá en coñecemento da Delegación Provincial de Industria e Unión Fenosa os últimos fallos no suministro eléctrico detectados durante as pasadas festas de Nadal nas rúas Coruña, Martín Herrera e entorno da Praza de Galicia. Dase a circunstancia de que a rúa Coruña, xunto coas rúas Vázquez de Parga, Ponte da Pedra e Camiño Novo, xa fora un dos enclaves afectados no ano 2004 pola mesma situación.
CULTURA
Mércores 3 de xaneiro do 2007
A Xabaxira Nadal 06, do Xabarín Club, chega este mércores a Carballo para facer pasar un bo rato ao público infantil e xuvenil que dispón de invitación para acudir ao espectáculo. O Pazo da Cultura albergará un espectáculo único a partir das 18,00 horas, con conertos e bo humor mesturados coa presenza do xabarín máis famoso de Galicia.
BALANCE MENSUAL
Mércores 3 de xaneiro do 2007
O Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo tivo que participar en 37 emerxencias durante o pasado mes de decembro, que arroxou un total de 158 intervencións. No tocante ás emerxencias, destacan en Carballo 20 por accidentes de tráfico e limpezas, 10 por limpeza de estradas, 2 incendios urbáns, unha excarceración, un incendio nun contenedor, un escape de gas e 2 anegamentos.
ECONOMÍA
Martes 2 de xaneiro do 2007
Os servizos económicos do Concello de Carballo fixeron efectivo o seu traslado ao terceiro andar da Casa do Concello. Ademais, nos próximos días está previsto o cambio do servizo de xestión tributaria ao cuarto andar. Os veciños e veciñas terán acceso directo a esta área coa utilización do novo ascensor do edificio do Concello.
XUSTIZA
Martes 2 de xaneiro do 2007
Coa entrada do novo ano comezou a funcionar en Carballo o terceiro xulgado, unha vella demanda que se fixo realidade no día de onte coa garda do inicio do ano. O novo órgano xudicial ocuparase dos mesmos asuntos que os dos xa existentes, o que permitirá unha redución da carga de traballo, aínda que un aumento do volume nas causas a atender na localidade. A creación do terceiro xulgado leva asociada a chegada dunha nova xuíza, un secretario e cinco funcionarios.
CULTURA
Martes 2 de xaneiro do 2007
As Cabalgatas de Reis, previstas para os días 5 e 6 de xaneiro, ademais dun par de concertos que se van celebrar en Berdillo e Carballo despedirán a vindeira semana a programación do Nadal Cultural do Concello de Carballo. O venres 5, a partir das 17.00 horas, está prevista a celebración da tradicional Cabalgata de Reis en Carballo, con saída no Centro Comercial Bergantiños-Haley e chegada, sobre as 20.00 horas, á Praza do Concello. Para ese día tamén está prevista a realización das cabalgatas en Berdillo, Bértoa, Sísamo e Baldaio.
FELICITACIÓN
Venres 29 de decembro do 2006
O Concello de Carballo quere desexar un feliz 2007 a todos os veciños/as e lectores da web.
SERVIZOS SOCIAIS
Venres 29 de decembro do 2006
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Secretaría Xeral do Benestar e a Dirección Xeral de Acción Social, ven de ampliar o prazo de presentación de solicitudes para os maiores do concello que queran participar no Programa de Termalismo Social do Imserso, para as quendas dos meses de febreiro a agosto. O prazo remataba hoxe venres, 29 de decembro, aínda que agora é ampliado até o 15 de xaneiro de 2007. Os interesados que non dispoñan das solicitudes, xa remitidas polo Imserso ao domicilio dos solicitantes do ano pasado, poden recollelas nos Servizos Sociais do Concello de Carballo. Tamén poden descargarse os modelos na páxina do Programa de Termalismo Social, onde pode ampliarse a información desta iniciativa.
DEPORTE
Venres 29 de decembro do 2006
A Casa do Concello acolle este venres, 29 de decembro, a entrega das axudas para os desprazamentos que concede o Padroado Deportivo Municipal ás entidades deportivas de Carballo. O acto comezará ás 20,00 horas. A Asociación Deportiva Xiria e o Bergantiños recibirán as cantidades máis elevadas, sendo de 7.100 euros a aportación para os primeiros e de 4.800 euros para os segundos. O Padroado Deportivo Municipal destina en axudas ás entidades deportivas de Carballo un total de 24.000 euros.
CULTURA
Xoves 28 de decembro do 2006
Un concerto infantil e un espectáculo de danza pecharán este xoves e o venres as actuacións previstas no Nadal Pequespectacular, integrado na programación do Nadal Cultural do Concello de Carballo. Talía Teatro e Christyan Magic foron os encargados de abrir este tipo de espectáculos destinados aos máis pequenos, con dúas actuacións celebradas ao longo desta semana no Pazo da Cultura. Hoxe será o turno da música e mañán da danza, co obxectivo de que os rapaces e rapazas do concello se acheguen á variedade cultural que lle ofrece a programación do Nadal Cultural