Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Protección Civil realizou un total de 2081 intervención en 2006

BALANCE ANUAL

Protección Civil realizou un total de 2081 intervención en 2006

Xoves 18 de xaneiro do 2007

O Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo realizou durante o pasado ano un total de 2081 intervencións, 80 máis que no ano 2005 e a cifra máis elevada desde o ano 2000. Os datos puxéronse de manifesto na presentación do balance anual, ano no que estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Persoal, Réxime Interior, Policía, Tráfico, Seguridade e Protección Civil, Ramón Eirís, e o responsable de Protección Civil en Carballo, Francisco Javier Souto. No acto púxose de manifesto, ademáis, a intención da crear un Plan de Emerxencia Municipal durante o ano 2007.

A Xunta Local de Seguridade reunirase o vindeiro mes de febreiro

SEGURIDADE

A Xunta Local de Seguridade reunirase o vindeiro mes de febreiro

Mércores 17 de xaneiro do 2007

A Xunta Local de Seguridade volverá a reunirse a principios do vindeiro mes de febreiro, co obxectivo de facer unha análise e valoración da seguridade cidadán en Carballo, cos datos correspondentes ao pasado exercicio. Na xuntanza estarán presentes, en principio, a subdelegada de Goberno, Obdulia Taboadela, representantes municipais e representantes dos corpos de seguridade.

Medio Ambiente autoriza as obras para mellorar os problemas de suministro no Sixto

SUMINISTRO

Medio Ambiente autoriza as obras para mellorar os problemas de suministro no Sixto

Mércores 17 de xaneiro do 2007

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ven de remitir ao Concello de Carballo unha notificación pola que autoriza os traballos que redunden nunha mellora de suministro eléctrico no Sixto. As obras consistirán na instalación dunha liña de media tensión, centro de transformación e rede de baixa tensión Sixto II, que se atopan situadas en parte na zona de policía do rego de Sixto, con dous cruces aéreos da liña de media tensión sobre este.

O concello mantense por debaixo do 35% no índice de impropios do colector amarelo

MEDIO AMBIENTE

O concello mantense por debaixo do 35% no índice de impropios do colector amarelo

Mércores 17 de xaneiro do 2007

O índice de impropios no colector amarelo situouse nun 34’81% durante o segundo cuatrimestre do ano 2006, baixando case un 4% en relación ao primeiro cuatrimestre. Son datos da última comunicación recibida pola Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Carballo, que a principios de ano propoñíalle o reto á cidadanía de baixar dun 40% nese índice de impropios. No mes de xaneiro o índice de impropios no colector amarelo superaba o 60%, co cal o Concello estaba sendo penalizado pola Consellaría ao non cumplir cos compromisos de reciclaxe. Os datos seguen a confirmar a tendencia á baixa neste sentido, contando incluso con índices do 33% de impropios, como no mes de maio do ano pasado.

300 escolares visitaron a exposición ‘Granell en papel’

CULTURA

300 escolares visitaron a exposición ‘Granell en papel’

Martes 16 de xaneiro do 2007

Preto de 300 escolares do concello de Carballo visitaron, durante a semana pasada, a exposición Granell en papel, que se puido ver no Museo de Bergantiños desde o 21 de decembro até o pasado domingo. A mostra, organizada en colaboración con Caixanova, estivo composta dunha colección de debuxos reunidos pola Fundación Granell de Santiago e Caixanova.

O Concello súmase á rede de dinamizadores tecnolóxicos

TECNOLOXÍA

O Concello súmase á rede de dinamizadores tecnolóxicos

Martes 16 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo ven de sumarse á rede de dinamizadores tecnolóxicos, promovida pola Consellería de Innovación e Industria, coa finalidade de achegar as novas tecnoloxías ás zonas máis afastadas e con menos capacidade técnica. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, estivo esta mañán en Santiago para proceder á sinatura dun convenio polo que un bolseiro atenderá, nun punto de información, ás empresas, asociacións ou particulares interesados.

Remata a exposición do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

CULTURA

Remata a exposición do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Luns 15 de xaneiro do 2007

Este luns, 15 de xaneiro, remata no Pazo da Cultura a exposición do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. Durante o pasado mes puidéronse visionar as fotografías gañadoras do certame, do que resultou gañador Xesús Búa, coa fotografía 100 anos de traballos. O segundo premio foi para Antonio Benítez coa fotografía Cabo de Gata. O premio especial Carballo foi para Pablo Manuel Suárez e a súa fotografía Cando a marea sobre e, ademáis, houbo dous accésits para Paul Preece e Ángel Pérez de León.

O Concello intensifica os traballos de limpeza do entorno da férveda de Rus

SERVIZOS

O Concello intensifica os traballos de limpeza do entorno da férveda de Rus

Luns 15 de xaneiro do 2007

Cinco operarios da Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo continúan esta semana cos traballos de limpeza do entorno da férveda de Rus. Logo de proceder, recentemente, aos traballos de mellora do acceso, esta nova actuación permitirá unha maior vistosidade da férveda para o desfrute dos veciños. A acción, realizada conxuntamente polas concellerías de Servizos e Mantemento e Medio Ambiente, pretende seguir coa posta en valor do patrimonio natural do concello.

O Concello asina un contrato para a dotación dunha sala de musculación no Pavillón Carballo Calero

DEPORTE

O Concello asina un contrato para a dotación dunha sala de musculación no Pavillón Carballo Calero

Luns 15 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo ven de asinar este luns, 15 de xaneiro, un contrato para a dotación dunha sala de musculación no Pavillón Carballo Calero. O Concello pretende, con esta nova medida, incrementar os servizos para os cidadáns e aumentar a capacidade infraestructural das actividades do Padroado Deportivo municipal. O prazo de entrega e a colocación de todo o material será dun máximo de quince días a partir da concesión da licitación.

O Concello procede á limpeza do entorno da férveda de Rus

SERVIZOS

O Concello procede á limpeza do entorno da férveda de Rus

Venres 12 de xaneiro do 2007

A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo ven de comezar os traballos de limpeza do entorno da férveda de Rus. Logo de proceder, recentemente, aos traballos de mellora do acceso, esta nova actuación permitirá unha maior vistosidade da férveda para o desfrute dos veciños. A acción, realizada conxuntamente polas concellerías de Servizos e Mantemento e Medio Ambiente, pretende seguir coa posta en valor do patrimonio natural do concello.

A directora xeral de Comercio coñeceu as necesidades do mercado municipal

COMERCIO

A directora xeral de Comercio coñeceu as necesidades do mercado municipal

Venres 12 de xaneiro do 2007

A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, e o delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria, Luis Barcia, visitaron este venres Carballo para coñecer o estado do edificio do mercado de abastos e recoller as demandas dos concesionarios dos postos. Ambos estiveron acompañados polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Comercio, Francisco Pérez, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, e o concelleiro de Servizos e Mantemento, Luis Lamas.

Compartir: