Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A Comisión de Festas do San Xoán constituirase o vindeiro xoves

CULTURA

A Comisión de Festas do San Xoán constituirase o vindeiro xoves

Martes 30 de xaneiro do 2007

A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, ven de convocar para o vindeiro xoves, 1 de febreiro, unha reunión na que se constituirá a Comisión de Festas San Xoan 2007. Esta encargarase da organización da celebración festiva con máis proxección de Carballo, ademáis de ser unha das máis importantes de toda a comarca de Bergantiños.

Aberto o prazo para incribirse con Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas

CULTURA

Aberto o prazo para incribirse con Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas

Luns 29 de xaneiro do 2007

Este luns, 29 de xaneiro, ven de abrirse o prazo para participar do Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas, convocado polo Concello de Carbllo a través da Concellería de Cultura. O obxecto do concurso é o de promocionar unha das festas tradicionais máis celebrada do concello como é o Antroido. O concurso celebrarase o domingo 18 de febreiro ás 18,00 horas na Praza do Concello e poderán participar todos os nenos/as ou aldultos que se inscriban nos prazos e lugares correspondentes.

A corporación municipal reúnese en sesión plenaria ordinaria

CONVOCATORIA

A corporación municipal reúnese en sesión plenaria ordinaria

Luns 29 de xaneiro do 2007

A corporación municipal do Concello de Carballo reúnese este luns, a partir das 20,30 horas, en sesión plenaria ordinaria no Salón de Plenos da Casa do Concello. Sete puntos conforman a orde do día da sesión, na que figura a renuncia do concelleiro do grupo municipal do PSOE, Manuel Trigo ao seu cargo do Concello. O seu lugar na corporación ocuparao Pedro Luis Fernández.

O teatro, protagonista da fin de semana do programa dos Venres Culturais

CULTURA

O teatro, protagonista da fin de semana do programa dos Venres Culturais

Venres 26 de xaneiro do 2007

As compañías Teatro do Atlántico e Teatro Español de Madrid achegan esta fin de semana dous espectáculos teatrais ao Pazo da Cultura, actuacións englobadas na programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo. Teatro do Atlántico representa este venres, a partir das 21,00 horas, A raíña da beleza de Leenane, mentres que Teatro Español de Madrid representará a obra Romeo y Julieta o domingo, 28 de xaneiro, a aprtir das 18,00 horas, actuación que pertence ao ciclo En familia.

O Centro de Información á Muller traslada as súas dependencias a Servizos Sociais

MULLER

O Centro de Información á Muller traslada as súas dependencias a Servizos Sociais

Venres 26 de xaneiro do 2007

Durante este venres, 26 de xaneiro, e o vindeiro luns, 29 de xaneiro, procederase ao traslado do Centro de Información á Muller, situado até o momento na rúa Camiño Novo, ás dependencias de Servizos Sociais, situadas na pranta baixa do edificio do Concello de Carballo. O vindeiro martes, 30 de xaneiro, o centro de Información á Muller xa funcionará plenamente na súa nova ubicación.

Inaugurado o Viveiro de Empresas do polígono industrial de Bértoa

INDUSTRIA

Inaugurado o Viveiro de Empresas do polígono industrial de Bértoa

Venres 26 de xaneiro do 2007

Ante unha nutrida representación de empresarios e coa presenza das administracións autonómica, provincial e municipal, este venres inaugurouse no polígono industrial de Bértoa o Viveiro de Empresas de Carballo. No acto de inauguración tomaron parte o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o director xeral da Cámara de Comercio de A Coruña, Gonzalo Ortiz, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez. O Viveiro de Empresas inaugurado conta cunha supreficie de 780 metros cadrados e acollerá a 18 emprendedores e empresarios. Está especialmente deseñado para acoller empresas de nova creación durante os primeiros anos de vida e nel os emprendedores poderán dispor dunhas instalacións e servizos adaptados ás súas necesidades, proporcionándolles a cobertura básica que lles permita por en marcha o seu negocio e mellorar as súas expectativas de supervivencia empresarial.

Costas elaborará un estudo de usos da lagoa de Baldaio

LITORAL

Costas elaborará un estudo de usos da lagoa de Baldaio

Xoves 25 de xaneiro do 2007

Costas elaborará un estudo de usos para o espazo natural de Baldaio, segundo anunciou o xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, na visita que fixo o pasado mércores a Carballo. Na mesma estivo acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, o concelleiro de Praias, Antonio Longueira e o concelleiro de Servizos, Luis Lamas.

Miguel Ángel Santos abre o ciclo ‘Aprender para Educar’

CULTURA

Miguel Ángel Santos abre o ciclo ‘Aprender para Educar’

Xoves 25 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Deputación da Coruña poñen en funcionamento, de novo, o programa Aprender para Educar, un lugar de encontro e formación dirixido a pais e nais e que ten como obexctivo o reforzo da familia como marco fundamental da educación e como elemento de desenvolvemento da personalidade. O catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Málaga, Miguel Ángel Santos Guerra, é o encargado de abrir o ciclo cunha conferencia que ten lugar este xoves, 25 de xaneiro, no Pazo da Cultura a partir das 20,00 horas.

As comisións informativas de Asuntos Económicos e de Acción Social reúnense este mércores

CONVOCATORIA

As comisións informativas de Asuntos Económicos e de Acción Social reúnense este mércores

Mércores 24 de xaneiro do 2007

Previo á celebración da sesión plenaria deste mes de xaneiro, a vindeira semana, esta tarde de mércores reúnense as comisión informativas de Acción Social, Participación e Persoal e de Asuntos Económicos e Especial de Contas. A primeira das mesmas comezará ás 19,00 horas, mentres que a de Asuntos Económicos farao ás 19,15 horas.

Compartir: