Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A Brigada de Medio Ambiente eliminou nove vertedeiros incontrolados nas últimas semanas

MEDIO AMBIENTE

A Brigada de Medio Ambiente eliminou nove vertedeiros incontrolados nas últimas semanas

Xoves 15 de febreiro do 2007

A Brigada de Medio Ambiente de Concello de Carballo, coordenada polas concellerías de Servizos e Mantemento e Medio Ambiente, ven de proceder á localización e eliminación de nove vertedeiros incontrolados no municipio. Trátanse de dous en Pardiñas (Oza), dous na pista do lugar do Alto (Artes) a Portopaio (Rus), un na pista da Ponte Lubiáns, un na pista de acceso á EDAR de Carballo (Sísamo), un na pista á depuradora de Raíña (Sísamo), un na pista que vai ao campo de motocross (Bértoa) e outro detrás do colexio da Cristina.

O Concello de Carballo acode por primeira vez a Xantar

TURISMO

O Concello de Carballo acode por primeira vez a Xantar

Xoves 15 de febreiro do 2007

O Concello de Carballo participará na celebración de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que na súa oitava edición se celebrará do 28 de febreiro ó 4 de marzo en Expourense. A gastronomía do concello chegará até este salón grazas á Fundación Amigos de Galicia, que ofrecerá no seu restaurante un completo menú integrado polos productos máis representativos dos concellos galegos de Portas, A Baña, Vilagarcía, Burela e Carballo. O pan de Carballo, o produto gastronómico máis típico do concello, será un dos protagonistas do menú que achegará a Xantar a Fundación Amigos de Galicia. O Salón adicaralle un día, o 28 de febreiro, a Carballo, no que poderá promocionar ante as institucións, profesionais e público en xeral os seus recursos gastronómicos e turísticos. A presentación de Xantar tivo lugar este xoves no Concello de Carballo e contou coa presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Turismo, Luis Lamas, o presidente da Asociación de Hosteleros de Bergantiños, Manuel Gómez Eiroa, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.

Carme Loureiro ofrece o xoves a terceira das conferencias do ciclo ‘Aprender para Educar’

ENSINO

Carme Loureiro ofrece o xoves a terceira das conferencias do ciclo ‘Aprender para Educar’

Mércores 14 de febreiro do 2007

O Pazo da Cultura acolle este xoves, 15 de febreiro, a terceira das conferencias do ciclo Aprender para Educar, un programa organizado polo Concello de Carballo, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Deputación da Coruña. A profesora do IES A Illa de Arousa, Carme Loureiro, será a encargada de falar da Resolución de conflictos a través das habilidades sociais. O acto comezará ás 20,00 horas e haberá servizo de gardería con previa reserva no teléfono 981704300.

Carballo forma parte da candidatura ao proxecto Cidades Dixitais 2

INFORMACIÓN

Carballo forma parte da candidatura ao proxecto Cidades Dixitais 2

Mércores 14 de febreiro do 2007

A Deputación da Coruña presentará ante o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a súa candidatura para liderar o proxecto Cidades Dixitais 2, que pretende promover a implantación da sociedade da información nas administracións locais. No plantexamento inicial, existen catro proxectos individuais para catros concellos, entre os que se atopa o de Carballo. Xunto cos de Culleredo, Valdoviño e Noia, o de Carballo forma parte da iniciativa debido a que son catro concellos con características moi diferentes, que servirán para deseñar os pasos para a aplicación posterior de solucións no resto de concellos da provincia da Coruña.

O Concello participará do VIII Salón Galego de Gastronomía e Turismo

TURISMO

O Concello participará do VIII Salón Galego de Gastronomía e Turismo

Mércores 14 de febreiro do 2007

O Concello de Carballo participará na celebración de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que na súa oitava edición se celebrará do 28 de febreiro ó 4 de marzo en Ourense. O pan de Carballo, o produto gastronómico máis típico do concello, será un dos protagonistas do menú que achegará a Xantar a Fundación Amigos de Galicia. O Salón adicaralle un día, o 28 de febreiro, a Carballo, no que poderá promocionar ante as institucións, profesionais e público en xeral os seus recursos gastronómicos e turísticos.

A exposición ‘Nazón de Breogán’ prorroga a súa estancia no Pazo da Cultura

CULTURA

A exposición ‘Nazón de Breogán’ prorroga a súa estancia no Pazo da Cultura

Martes 13 de febreiro do 2007

Debido ao grande éxito de afluencia, a Concellería de Cultura do Concello de Carballo ven de comunicar que a exposición Nazón de Breogán permanecerá no Pazo da Cultura até o vindeiro 25 de febreiro. Preto dun millar de persoas visitaron a mostra durante o pasado mes sendo, segundo a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a exposición máis visitada a nivel individual na historia de Carballo.

A ludoteca municipal pechará durante máis dun mes por obras de accesibilidade

OBRAS

A ludoteca municipal pechará durante máis dun mes por obras de accesibilidade

Martes 13 de febreiro do 2007

A ludoteca municipal permanecerá pechada ao público desde o 19 de febreiro até o 31 de marzo por mor das obras a desenvonvolver nas depedencias, destinadas á mellora de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas. As obras a desenvolver teñen por obxecto a cooperación e integración das persoas con discapacidade, mediante a execución de obras que melloren a accesibilidade.

Portos de Galicia remitirá ao Concello unha proposta de mellora no porto de Razo

PORTOS

Portos de Galicia remitirá ao Concello unha proposta de mellora no porto de Razo

Martes 13 de febreiro do 2007

Portos de Galicia remitirá ao Concello de Carballo, a principios do vindeiro mes de abril, unha proposta de mellora no ámbito do porto de Razo. Así trascendeu da xuntanza que este martes, 13 de febreiro, mantiveron en Santiago o presidente de Portos de Galicia, Vicente Irisarri, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. O rexedor local aportou á reunión documentación sobre o estado actual do ámbito, cun pequeno dosier no que se recolle a situación a día de hoxe.

Os grupos do local de ensaio de Carballo apostan pola creación dun estudio de grabación

XUVENTUDE

Os grupos do local de ensaio de Carballo apostan pola creación dun estudio de grabación

Luns 12 de febreiro do 2007

Os grupos que utilizan o local de ensaio de Carballo, situado nos baixos do Pazo da Cultura e integrado recentemente na Rede Galega de Locais de Ensaio da Xunta de Galicia, expuxeron ao director xeral de Xuventude, Rubén Cela, e ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a necesidade de dotar ao local cun estudio de grabación. Así quedou de manifesto nunha xuntanza mantida esta fin de semana por ambas partes, na que Rubén Cela explicou a iniciativa da Rede Galefa de Locais de Ensaio.

O Concello pon en funcionamento un programa de ocio activo para os maiores

TERCEIRA IDADE

O Concello pon en funcionamento un programa de ocio activo para os maiores

Luns 12 de febreiro do 2007

A Concellería da Terceira Idade do Concello de Carballo estrea esta semana un novo programa de ocio activo que se desenvolverá en once puntos diferentes do municipio. Baixo o nome de Saber ser vello, as xornadas desenvolverase ao longo de tres días en cada unha das sedes, profundizando na prevención. Un sanitario e unha educadora social daranlles aos participantes da iniciativa información sobre alimentación, actividade física, prácticas saudables e prevención de riscos.

Presentado o programa para a celebración do Antroido en Carballo

CULTURA

Presentado o programa para a celebración do Antroido en Carballo

Luns 12 de febreiro do 2007

O Pazo da Cultura foi escenario da presentación do programa do Antroido 2007, que se desenvolverá en Carballo do 16 ao 20 deste mes de febreiro. O programa aúna diferentes actividades para xente de todas as idades, dando prioridade ás actuacións de rúa, que contribuirán a dar un ambiente máis colorido e festivo á celebración. Na presentación da programación estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, e o concelleiro de Terceira Idade, Antonio Longueira. Todos coincidiron en sinalar a variedade do programa, co ánimo de que siga crecendo para ser un referente en toda a Costa da Morte, ademáis de chamar á participación dos veciños para disfrutar da festa.

O CIM organiza un curso de Autoestima e Habilidades Sociais

MULLER

O CIM organiza un curso de Autoestima e Habilidades Sociais

Venres 9 de febreiro do 2007

O Centro de Información á Muller de Carballo organiza, para o vindeiro mes de marzo, a realización dun curso de Autoestima e Habilidades Sociais. O día 15 de febreiro ábrese o prazo para anotarse ao mesmo, que se realizará en oito sesións dunha hora e media de duración cada unha. O prazo de inscrición estará aberto até o 2 de marzo.

Compartir: