Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello organiza unha xornada sobre o presente e futuro dos mercados e o comercio

COMERCIO

O Concello organiza unha xornada sobre o presente e futuro dos mercados e o comercio

Xoves 29 de marzo do 2007

O Pazo da Cultura acolle, o vindeiro luns 2 de abril, a celebración dunha xornada sobre Os mercados e o comercio. Presente e futuro. A directora xeral de comercio da Xunta de Galicia, Ana Rúa, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, serán os encargados de inaugurar a xornada ás 19,00 horas. Ana Rúa, precisamente, visitara recentemente o mercado de abastos de Carballo para coñecer a súa situación. A xornada prolongarase até ás 22,00 horas, hora prevista para o acto de clausura, coa celebración de cinco ponencias.

Francisco Castro continúa o ciclo ‘Literactúa’ na Taberna Café O’ Patacón

CULTURA

Francisco Castro continúa o ciclo ‘Literactúa’ na Taberna Café O’ Patacón

Mércores 28 de marzo do 2007

A novela Spam, de Francisco Castro, terceira das propostas do programa Literactúa do Concello de Carballo, será a protagonista da charla que o seu autor manterá este mércores 28 de marzo ás 20.30 h na Taberna Café O’ Patacón de Carballo, cos seus lectores e lectoras. No acto actuará Álvaro Muras, acompañado na percusión de Víctor Charly. Música funk-fusion intrumental con baixo e percusión.

Carballo acolle un curso para a obtención das titulacións de Socorrista Acuático e Primeiros Auxilios

DEPORTE

Carballo acolle un curso para a obtención das titulacións de Socorrista Acuático e Primeiros Auxilios

Mércores 28 de marzo do 2007

A Federación Galega de Salvamento e Socorrismo organiza, en colaboración co Padroado Deportivo Municipal de Carballo e o Club de Salvamento e Socorrismo de Carballo, a celebración dun curso para a obtención das titulacións de Socorrista Acuático e Primeiros Auxilios. Éste celebrarase na piscina municipal Vila de Noia durante os fins de semana dos meses de abril e xuño. Os contidos do curso aúnan primeiros auxilios, lexislación, psicoloxía, anatomía e fisioloxía e salvamento acuático. O prezo do mesmo é de 395 euros, habendo un desconto do 10% para os empadroados en Carballo. A data límite para inscribirse é o 14 de abril e o número de prazas é de 30, sendo necesario un mínimo de 15 matrículas para que se leve a cabo o curso.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o Plan Xeral de Ordenación Municipal

URBANISMO

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o Plan Xeral de Ordenación Municipal

Mércores 28 de marzo do 2007

O Concello de Carballo ven de recibir a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se anula o aordo plenario do 20 de maio de 2003, no que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo era aprobado por unanimidade baixo o mandato do Partido Popular. A Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou o recurso presentado polo presidente da asociación de veciños de San Cristovo, considerando o fallo que existen infraccións no procedemento de elaboración e aprobación que deben comprer os plans xerais.

O pan será protagonista das actividades de Semana Santa

TURISMO

O pan será protagonista das actividades de Semana Santa

Martes 27 de marzo do 2007

O Concello de Carballo porá en valor, con motivo da festividade de Semana Santa, os productos alimenticios que máis distinguen á localidade. O pan e o chocolate serán productos estrela nesas datas, segundo se desprendeu dunha xuntanza mantida este luns polo alcalde Evencio Ferrero, o concelleiro Manuel Pan, e un grupo de empresarios da localidade, na súa maioría panadeiros. Na reunión estaban tamén presentes algúns hosteleiros e fabricantes de chocolate.

A corporación municipal aproba o Orzamento Xeral para 2007

SESIÓN PLENARIA

A corporación municipal aproba o Orzamento Xeral para 2007

Martes 27 de marzo do 2007

A corporación municipal de Carballo aprobou, co voto en contra da oposición, o Orzamento Xeral para 2007. Preto de tres horas surou a sesión plenaria ordinaria celebrada este luns, na que saíron adiante as contas orzamentarias, que rexistran 19.996.205,85 euros de ingresos e 19.844.476,81 euros de gastos e formúlase cun superávit de 151.729,04 para respectar o Plan Económico aprobado no ano 2005. O capítulo de inversións recolle unha partida de 5.633.395,19 euros.

Fina Casalderrey e 'Os libros arden mal', Premios Irmandade do Libro

CULTURA

Fina Casalderrey e 'Os libros arden mal', Premios Irmandade do Libro

Martes 27 de marzo do 2007

Carballo acolleu o pasado venres a entrega dos XVI Premios Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia, no transcurso dunha cea na que se deron cita numerosos escritores e escritoras, autores/as, libreiros/as, representantes institucionais, de medios de comunicación, etc.. Recoñecer o traballo de promoción e divulgación do libro e da lectura en galego é o obxectivo destes galardóns, que nesta edición premiaron a Fina Casalderrey co Premio á Autora do Ano, polo seu compromiso coa dignificación da literatura infantil e xuvenil. Os libros arden mal, de Manolo Rivas, foi premiado como Libro do ano.

A Consellería de Traballo aproba a oferta formativa solicitada polo Centro Municipal de Formación

EMPREGO

A Consellería de Traballo aproba a oferta formativa solicitada polo Centro Municipal de Formación

Luns 26 de marzo do 2007

O Concelleiro de Participación Veciñal, Emprego e Promoción Económica do Concello de Carballo, Pedro Luis Fernández, ven de informar que foi aprobada a oferta formativa solicitada á Consellaría de Traballo a través do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional por parte do Centro Municipal de Formación de Carballo. O Centro contará, para o ano 2007, con cinco especialidades formativas.

O programa ‘A Culturaeduca’ achega a exposición ‘A través das enerxías’ ao Pazo da Cultura

ENSINO

O programa ‘A Culturaeduca’ achega a exposición ‘A través das enerxías’ ao Pazo da Cultura

Luns 26 de marzo do 2007

Este luns, 26 de marzo, inaugúrase no Pazo da Cultura a exposición A través das enerxías, segunda das mostras incluidas no programa A Culturaeduca do Concello de Carballo. O programa persegue o obxectivo de proporcionar ao profesorado e alumnado un recurso didáctico máis, a través de representacións teatrais, concertos didácticos, exposicións, etc., ofrecendo oportunidades de formación en aspectos culturais menos desenvoltos na escola e achegando as manifestacións culturais á súa vida cotiá.

A corporación municipal debate o Orzamento Xeral para 2007

SESIÓN PLENARIA

A corporación municipal debate o Orzamento Xeral para 2007

Luns 26 de marzo do 2007

A corporación municipal de Carballo reúnese este luns, 26 de marzo, en sesión plenaria ordinaria. O punto estrela da orde do día será a aprobación do Orzamento Xeral da corporación para 2007. Éste cífrase en 19.996.205,85 euros de ingresos e 19.844.476,81 euros de gastos e formúlase cun superávit de 151.729,04 para respectar o Plan Económico aprobado no ano 2005. O capítulo de inversións recolle unha partida de 5.633.395,19 euros. A sesión plenaria comezará ás 20,30 horas.

Xabier Díaz e Talía Teatro, propostas culturais para esta fin de semana

CULTURA

Xabier Díaz e Talía Teatro, propostas culturais para esta fin de semana

Venres 23 de marzo do 2007

A música e o teatro volveen a ser protagonistas esta fin de semana, con dúas actuacións incluidas na programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo. Este venres, 23 de marzo, e dentro do Circuito 4x4 da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, dependente da Consellería de Cultura, o Pazi da Cultura colle un concerto de Xabier Díaz, cun proxecto resultado do encontro musical dunha voz do norte, a de Xabier Díaz, e un guitarrista do sur, Guillermo Fernández. Músicas de salitre é o nome do seu disco, gravado en 2004, e do que deixará constancia cunha actuación que comezará ás 21,00 horas.

Carballo acolle a entrega dos XVI Premios Irmandade do Libro

CULTURA

Carballo acolle a entrega dos XVI Premios Irmandade do Libro

Venres 23 de marzo do 2007

O hotel Punta del Este acolle este venres, 23 de marzo, a entrega da XVI edición dos Premios Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia, O obxectivo destes premios, que outorga a Federación de Libreiros de Galicia e que naceron en 1991, é recoñecer o traballo de promoción e divulgación do libro e da lectura en galego, desenvolvidos por persoas, entidades e institucións da sociedade galega. Para isto outórganse galardóns en sete categorías: centro de ensino, libro de ano, obra editorial do ano, institución, medios de comunicación e novas tecnoloxías, libraría e autor/a do ano.

Compartir: