CULTURA
Martes 24 de abril do 2007
O Pazo da Cultura de Carballo acolleu este martes, 24 de abril, a representación da obra de teatro Quero ser grande, a cargo da compañía Talía Teatro. A actividade enmárcase dentro do programa A Culturaeduca, que organiza a Concellería de Cultura, dirixido ao alumnado dos centros de ensino secundario de Carballo. A representación repetirase o mércores 25 de abril, a partir das 11,45 horas, achegando así o teatro a 700 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacahrelato.
ENERXÍA
Martes 24 de abril do 2007
O restaurante Río Sil de Carballo acollerá este mércores, 25 de abril, a presentación do proxecto TEMUNDE á veciñanza dos barrios da Milagrosa, Igresario e A Casilla, ademáis de técnicos e promotores interesados no mesmo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, tomará parte neste acto de presentación, que sucede ao xa realizado no Concello de Carballo hai un mes, no que participou a Conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, ademais do deputado provincial Pablo Villamar e o director do INEGA, Xoán Doldán. A presentación terá lugar ás 21,00 horas.
NOVAS TECNOLOXÍAS
Luns 23 de abril do 2007
Este martes, 24 de abril, dará comezo na Aula de Informática Municipal, nas antigas Escolas do Xardín, un novo obradoiro organizado pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración co Concello de Carballo. Baixo o título TES UN E-MAIL! Correo electrónico, daranse as pautas precisas para a creación e administración dunha conta de correo electrónico.
CONVOCATORIA
Luns 23 de abril do 2007
O Concello de Carballo acolle este luns, 23 de abril, a celebración das comisóns informativas de Asuntos Económicos e Especial de Contas; Acción Social, Participación e Persoal; e Urbanismo e Desenvolvemento. As comisión comezarán ás 19,00 horas, coa celebración da de Asuntos Económicos e Especial de Contas. Esta conta na orde do día coa aprobación do Plan de Cooperación da Deputación da Coruña, no que se recollen os investimentos que o Concello ten previsto realizar no ano 2007 dentro deste plan. Son, en concreto, a primeira fase da construcción do carril bici a Razo, a segunda fase de saneamento en Queo, parroquia de Bértoa, a segunda fase de saneamento no Añón, parroquia de Berdillo, e depuradora en Añón e depuradora en Oza. De existir algunha baixa de licintación dos investimentos ou anulación, o Concello inclúe tamén a segunda fase da rede de saneamento en Paradela, parroquia de Sofán, e a segunda fase da rede de saneamento en Cances da Vila, parroquia de Cances.
COMERCIO
Luns 23 de abril do 2007
O Salón de Plenos do Concello de Carballo acolleu a presentación, por parte do Observatorio Socioeconómico da Cámara de Comercio, da proposta de paneis de traballo para o presente exercicio. Representantes do Observatorio mantiveron unha xuntanza co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, na que lle trasladaron as novas propostas para 2007, consistentes nun panel sobre comercio exterior, outro sobre o sector da construcción e un foro sobre o Porto Exterior. Estes paneis veñen a complementar aos desenvolvidos en 2005 e 2006, referentes á actividade emprendedora, sector turístico, desenvolvemento de solo industrial, sector textil, competitividade empresarial e cooperación e diversificación empresarial.
CULTURA
Venres 20 de abril do 2007
Este, sábado 21 de abril, terá lugar no Teatro Colón da Coruña a entrega dos discos gravados pola Banda Municipal de Música e a Big Band do conservatorio profesional de Carballo. Estes contaron co patrocinio da Deputación da Coruña, a Fundación Paideia Galiza e o Concello de Carballo. O acto desenvolverase na cidade herculina partir das 11,00 horas.
INDUSTRIA
Venres 20 de abril do 2007
A Conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, anunciou este xoves a licitación da primeira fase do polígono industrial de Bértoa, que abarca 730.000 metros cadrados. Foi durante o acto de inauguración do Escalo, a escultura do artista carballés Manuel Facal que xa se pode contemplar na rotonda de acceso ao polígono. Teresa Táboas, ademais, manifestou que o polígono industrial estará en marcha durante o verano, aludindo á chegada das máquinas antes da época estival.
OBRAS
Venres 20 de abril do 2007
A sesión plenaria ordinaria deste mes de abril, a celebrar o vindeiro sábado 28, recollerá na súa orde do día a aprobación do Plan de Cooperación da Deputación da Coruña, no que se recollen os investimentos que o Concello ten previsto realizar no ano 2007 dentro deste plan. Son, en concreto, a primeira fase da construcción do carril bici a Razo, a segunda fase de saneamento en Queo, parroquia de Bértoa, a segunda fase de saneamento no Añón, parroquia de Berdillo, e depuradora en Añón e depuradora en Oza. De existir algunha baixa de licintación dos investimentos ou anulación, o Concello inclúe tamén a segunda fase da rede de saneamento en Paradela, parroquia de Sofán, e a segunda fase da rede de saneamento en Cances da Vila, parroquia de Cances.
SERVIZOS
Xoves 19 de abril do 2007
As concellerías de Medio Ambiente e Servizos e Mantemento veñen de deseñar e comezar un plan de limpeza e mantemento dos areais de Razo e Baldaio. A chegada do bo tempo e a posible afluencia de xente ás praias da localidade fan que o Concello adopte a posta en marcha deste plan, que ten como finalidade que a veciñanza poda disfrutar en perdectas condicións do litoral carballés.
INAUGURACIÓN
Xoves 19 de abril do 2007
A Conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, será a encargada de inaugurar este xoves, 19 de abril, a escultura Escalo, do artista carballés Manuel Facal, na rotonda de acceso ao polígono industrial de Bértoa. O Escalo garda similitude coa escultura ubicada na rotonda de Ponte da Pedra e pretende ser o símbolo de benvida e unha porta aberta á localidade. O acto de inauguración desta nova escultura terá lugar ás 17,00 horas.
SERVIZOS
Mércores 18 de abril do 2007
A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo procede, durante estes días, á posta en valor do entorno da férveda de Entrecruces. Os operarios municipais están a facer unha limpeza xeral do entorno, ademáis do adro da capela e a fonte de San Paio. Ademáis, a Brigada de Medio Ambiente procede á reparar os desperfectos existentes en diverso mobiliario urbano da paraxe de férveda.
CULTURA
Mércores 18 de abril do 2007
Este mércores, 18 e abril, rematou o prazo para a presentación dos artigos para participar na terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo, que outorga un primeiro premio de 1.000 euros e un segundo de 350. Máis de 30 obras concorrirán a un certame que se realiza desde 2005, en colaboración con oito medios de comunicación escritos, que publicarán os dous artigos gañadores. Esta iniciativa convócaa a Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, desde o Servizo de Normalización Lingüística municipal do Concello de Carballo, entidade comprometida coa dinamización social do uso do galego, e busca os obxectivos de promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega e de crear espazos nos xornais para analizar esta situación.