Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O director xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente visita o litoral carballés

LITORAL

O director xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente visita o litoral carballés

Venres 11 de maio do 2007

O director xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, José Fernández Pérez, visitará o vindeiro luns, 14 de maio, Carballo para coñecer as actuacións realizadas no paraxe natural de Razo e Baldaio, financiadas polo seu departamento. A visita está prevista para as 10,15 horas e servirá para comprobar in situ o plan de recuperación do espazo natural do litoral carballés.

Miguel Mosquera e Séchu Sende gañan o III Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

CULTURA

Miguel Mosquera e Séchu Sende gañan o III Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

Venres 11 de maio do 2007

O xurado da terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores reuniuse onte, 10 de maio, para decidir os artigos gañadores deste certame, ao que se presentaron 33 traballos de todas as partes do país e incluso de fóra, e decidiu concederlle o primeiro premio, dotado con 1.000 euros e a publicación do artigo en A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Tempos Novos e Vieiros, a un artigo titulado Obreiras, tolos, escolares, poetas. A lingua galega nas cidades, de Miguel Mosquera Fociños (Lalín, 1982), licenciado en Filoloxía Románica e Galega, estudante de terceiro ciclo da USC, bolseiro do Departamento de Lingua do Concello de Santiago e membro do grupo de rock galego de serie B Ataque Escampe.

A Xunta de Goberno Local reúnese o luns en sesión ordinaria

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese o luns en sesión ordinaria

Venres 11 de maio do 2007

A Xunta de Goberno Local de Carballo obordará o vindeiro luns, 14 de maio, a partir das 13,30 horas, unha nova sesión ordinaria na que se contempla a aprobación dos expedientes de contratación das obras Subministro para a dotación de semáforos na Avda. de Bértoa, Elaboración dun proxecto en materia de aforro, eficiencia enerxética e enerxías renovables e Traballos de evaluación ambiental da revisión técnico do PXOM do Concello de Carballo. Ademais, contémplase a adxudicación dos expedientes de contratación de cinco obras incluídas no Plan de Cooperación as Obras e Servizos de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2007. Son o Afirmado de camiño de Canelas a Loureiros, Afirmado do camiño de Altiboa a Barbalde, Afirmado de camiños en Fontecaldeira e Regadeo, Pavimentación de pistas en Castrillón e Cambre e Reforzo de firme en camiño a Aldemunde.

Brais Fernández abrirá os actos centrais do Programa das Letras cun recital dramatizado

CULTURA

Brais Fernández abrirá os actos centrais do Programa das Letras cun recital dramatizado

Xoves 10 de maio do 2007

O Pazo da Cultura acollerá este venres, 11 de maio, a partir das 21,00 horas, a posta en escea dun recital dramatizado a cargo de Brais Fernández, en torno á figura de María Mariño. Baixo o nome de Eu son María Mariño, a actividade abrirá os actos centrais do Programa das Letras do Concello de Carballo. María Mariño é a escritora homenaxeada esta ano no Día das Letras Galegas, xusto cando se cumplen cen anos desde o seu nacemento e corenta desde a súa morte. Sen apenas relacións no mundo literario, o illamento e a marxinalidade que caracterizou en moitas ocasións o labor creativo das mulleres condicionou a recepción da súa obra.

O Concello expuxo ante Industria a súa oposición ao parque eólico de Pedrarrubia

INDUSTRIA

O Concello expuxo ante Industria a súa oposición ao parque eólico de Pedrarrubia

Xoves 10 de maio do 2007

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentou este xoves, 10 de maio, na delegación provincial de Industria, a súa oposición ao proxecto para a posible construcción do parque eólico de Pedrarrubia. O rexedor local estivo acompañado por tres representantes e o avogado da plataforma de afectados polo proxecto, quenes tamén argumentaron ante o delegado provincial, José Luis Barcia, a postura de oposición á construcción do parque eólico. O delegado provincial de Innovación e Industria manifestou que están a expensas de recibir os informes correspondentes ao proxecto e, no caso de que houbera informes desfavorables, entenderíanse as oposicións reflexadas na xuntanza de hoxe.

Aberto o prazo para solicitar as estancias de tempo libre para mulleres que teñan fillos e fillas ao seu cargo

MULLER

Aberto o prazo para solicitar as estancias de tempo libre para mulleres que teñan fillos e fillas ao seu cargo

Mércores 9 de maio do 2007

O Centro de Información á Muller comunica que até o día 21 de maio atópase aberto o prazo para solicitar as estancias de tempo libre para mulleres que teñan fillos e fillas exclusivamente ao seu cargo. As solicitudes poderanas presentar todas as mulleres que estean solas (separadas, divorciadas, solteras, viudas) e que teñan fillos/as a o seu cargo con edades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.

O programa A Culturaeduca achega unha nova exposición ao Pazo da Cultura

CULTURA

O programa A Culturaeduca achega unha nova exposición ao Pazo da Cultura

Mércores 9 de maio do 2007

Xa se pode visitar na sala de exposicións do Pazo da Cultura a exposición Historia dos números. A grande aventura de contar, unha das actividades que inclúe o programa A Culturaeduca e que está patrocinada pola Deputación da Coruña e a Editorial Galaxia, en colaboración co Concello de Carballo. Esta exposición propón un percorrido didáctico pola historia dos números, achegando ao público, a través dos seus paneis, as formas de contar, a invención das bases de numeración, o cálculo e as cifras.

O Pazo da Cultura acolle a presentación das I Xornadas de Informática e Educación Física

ENSINO

O Pazo da Cultura acolle a presentación das I Xornadas de Informática e Educación Física

Mércores 9 de maio do 2007

O Pazo da Cultura acolle este mércores, 9 de maio, a presentación das I Xornadas de Informática e Educación Física, que organiza o IES Parga Pondal e que contan, entre outros, coa colaboración do Concello de Carballo. As xornadas desenvolveranse os días 10 e 11 de maio no Pazo da Cultura, sendo o obxectivo das mesmas o de relanzar estes dous ciclos formativos, que se imparten no instituto, dando a coñecer á mocidade da súa existencia en toda a comarca de Bergantiños.

Camilo Franco presenta en Carballo o seu libro Palabras Contadas

CULTURA

Camilo Franco presenta en Carballo o seu libro Palabras Contadas

Martes 8 de maio do 2007

A Cervexaría Dublín acollerá este mércores, 9 de maio, a presentación do libro Palabras contadas de Camilo Franco. A actividade, incluida no programa das Letras do Concello de Carballo, farase dun xeito particular, mediante unha performance e acompañado do músico Magín Blanco. A presentación terá lugar ás 20,30 horas. Palabras contadas inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises.

A Brigada de Medio Ambiente coloca novos paneis de libre expresión nas parroquias do Concello

SERVIZOS

A Brigada de Medio Ambiente coloca novos paneis de libre expresión nas parroquias do Concello

Martes 8 de maio do 2007

A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo procedeu estes días á colocación de novos paneis de espazo de libre expresión ao longo do término municipal. O obxectivo desta iniciativa é o de que as diferentes formacións políticas da localidade poidan utilizalos durante a campaña electoral para, despois desta, queden a disposición da cidadanía. O número total de paneis, realizados en madeira, ascende a 41.

O servizo de limpeza viaria realiza diversas tarefas de coidado e mantemento no concello

SERVIZOS

O servizo de limpeza viaria realiza diversas tarefas de coidado e mantemento no concello

Martes 8 de maio do 2007

O servizo de limpeza viaria do Concello de Carballo, realizado por parte do persoal de ASPABER-UTE, está a realizar estes días varias tarefas de coidado e mantemento en prazas, estradas e fontes do concello. Durante as últimas datas procedeuse á limpeza das prazas do San Martiño, San Cristovo, Cruz Vermella, Chorís, Anllóns, Ponte da Pedra, Vázquez de Parga, Milagrosa, Galicia e do Concello. Ademais, o servizo de limpeza viaria procedeu á limpeza das fontes e parte do mobiliario do casco urbano.

Un centenar de empresarios acudiron á presentación do proxecto do polígono industrial

INDSUTRIA

Un centenar de empresarios acudiron á presentación do proxecto do polígono industrial

Luns 7 de maio do 2007

O Salón de Plenos da Casa do Concello acolleu a presentación do proxecto do polígono industrial de Bértoa, nun acto no que estiveron presentes un centenar de empresarios e do que participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o presidente de Xestur e delegado provincial de Innovación e Industria, José Luis Barcia, e o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Daniel Pino. Este último manifestou na presentación que o proceso de licitación das parcelas se porá en marcha prácticamente á par do propio comezo das obras, é dicir, a partir do terceiro trimestre deste exercicio.

Compartir: