Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Adxudicados dous novos expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicados dous novos expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos

Luns 21 de maio do 2007

A Xunta de Goberno Local de Carballo deu o visto bo, na sesión estraordinaria celebrada este luns, á adxudicación dos expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan Provincial de Cooperación as Obras e Servizos de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2007. Son a Depuradora en Rebordelos, parroquia de Rebordelos e Rede de saneamento e depuradora en Castrillón, parroquia de Lema. Estes expedientes suceden aos últimos cinco aprobados pola Xunta de Goberno Local, referentes ao Afirmado de camiño de Canelas a Loureiros, do camiño de Altiboa a Barbalde, de camiños en Fontecaldeira e Regadeo, a pavimentación de pistas en Castrillón e Cambre e o reforzo de firme en camiño a Aldemunde.

O Programa das Letras continúa logo da celebración do 17 de maio

CULTURA

O Programa das Letras continúa logo da celebración do 17 de maio

Venres 18 de maio do 2007

A caricia da serpe, un concerto poético que contará coa participación de Lino Braxe, continúa hoxe venres co Programa das Letras do Concello de Carballo. Logo da celebración do Día das Letras Galegas, no que se desenvolveron varias actividades como o maratón de lectura Oito horas lendo, a programación continuará durante todo o mes de maio. A caricia da serpe poderá visionarse, a partir das 21,00 horas, no Pazo da Cultura. A entrada para acudir á actividade é libre.

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión extraordinaria

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión extraordinaria

Venres 18 de maio do 2007

A Xunta de Goberno Local de Carballo reunirase o vindeiro luns, 21 de maio, en sesión extraordinaria. A xuntanza comezará ás 13,30 horas e, na orde do día, figura a adxudicación dos expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan Provincial de Cooperación as Obras e Servizos de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2007. Son a Depuradora en Rebordelos, parroquia de Rebordelos e Rede de saneamento e depuradora en Castrillón, parroquia de Lema.

A selección española de balonmán feminino xogará un partido de preparación en Carballo

DEPORTE

A selección española de balonmán feminino xogará un partido de preparación en Carballo

Mércores 16 de maio do 2007

O Pavillón Vila de Noia acollerá o vindeiro venres, 25 de maio, a celebración dun partido amistoso preparatorio para as eliminatorias que disputará a selección española de balonmán contra a selección de Turquía, clasificatorio para o Europeo. O rival do combinado nacional será o de Portugal, partido que se xogará a partir das 20:30 horas.

A Brigada de Medio Ambiente procede á limpeza das marxes do río Anllóns

MEDIO AMBIENTE

A Brigada de Medio Ambiente procede á limpeza das marxes do río Anllóns

Mércores 16 de maio do 2007

A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo procede estes días a limpeza das marxes do río Anllóns desde a Estación de Autobuses até o Bosque do Añón. O acondicionamento deste espazo responde á necesidade de curtar a herba e permitir aos viandantes que disfruten do paseo nas mellores condicións.

Pintura, música e literatura, protagonistas dos actos a desenvolver o día das Letras Galegas

CULTURA

Pintura, música e literatura, protagonistas dos actos a desenvolver o día das Letras Galegas

Mércores 16 de maio do 2007

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas, este xoves 17 de maio, o Concello de Carballo programou varios actos a desenvolver durante toda a xornada para conmemorar esta data. Como xa é costume e tradición, o maratón de lectura Oito horas lendo, a celebrar no Xardín Municipal de 11,30 a 19,00 horas, será un dos actos principais da festividade. Os interesados en participar do mesmo poden inscribirse no Pazo da Cultura ou no número de teléfono 981 704 300. O maratón contará coa actuación da Banda Municipal de Gaitas e sucederá ao tamén tradicional Concurso Infantil de Pintura, a desenvolver na Praza do Concello a partir das 11,00 horas.

Carballo acolle a fase final intercomarcal benxamín de Deporte en Idade Escolar

DEPORTE

Carballo acolle a fase final intercomarcal benxamín de Deporte en Idade Escolar

Martes 15 de maio do 2007

Os pavillóns Vila de Noia e Carballo Calero acollerán o vindeiro domingo 20 de maio, en horario de mañán, a fase final intercomarcal benxamín de baloncesto, voleibol e fútbol sala da competición de Deporte en Idade Escolar. A competición está organizada polo Servicio Provincial de Deportes de la Xunta de Galicia e o Padroado Deportivo Municipal de Carballo.

Máis de 300 escolares de Carballo participaron na Coruña na carreira en defensa do idioma, o Correlingua 2007

CULTURA

Máis de 300 escolares de Carballo participaron na Coruña na carreira en defensa do idioma, o Correlingua 2007

Martes 15 de maio do 2007

Máis de 300 escolares do IES Isidro Parga Pondal e do IES Alfredo Brañas de Carballo participaron este martes, na Coruña, na carreira lúdico-educativa en defensa da lingua Correlingua 2007, na que participaron máis de 4.000 rapazas e rapaces. Os máis de 300 escolares que se desprazaron á Coruña comezaron a carreira na Torre de Hércules, pasando despois pola Avenida de Navarra, a Rúa da Torre, o Campo da Leña, a Costa de Santo Agostiño, a Praza de María Pita, a Rúa Rego da Auga, a Rúa Real, o Cantón Grande, e o Xardín de Méndez Núñez.

O Concello pon a disposición dos comercios colectores para a recollida de pilas usadas

CARBALLO LIMPO

O Concello pon a disposición dos comercios colectores para a recollida de pilas usadas

Martes 15 de maio do 2007

As concellerías de Servizos e Mantemento e Medio Ambiente do Concello de Carballo, a través de campaña Carballo Limpo poñerán a disposición dos comercios e locais públicos do concello colectores para a recollida de pilas usadas. Os interesados en participar desta iniciativa e contar cun colector destas características, deberán facer a súa solicitude chamando ao Concello de Carballo, ao número 981704700, ou ben a través da páxina web de Carballo Limpo.

Adxudicados os expedientes de contratación de cinco obras incluídas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicados os expedientes de contratación de cinco obras incluídas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos

Luns 14 de maio do 2007

A Xunta de Goberno Local de Carballo deu o visto bo, na sesión ordinaria celebrada este luns, á adxudicación dos expedientes de contratación de cinco obras incluídas no Plan de Cooperación as Obras e Servizos de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2007. Son o Afirmado de camiño de Canelas a Loureiros, que conta cun prazo de execución de 40 días, Afirmado do camiño de Altiboa a Barbalde, tamén cun prazo de execución de 40 días, Afirmado de camiños en Fontecaldeira e Regadeo, cun prazo de execución de 36 días, Pavimentación de pistas en Castrillón e Cambre, con 40 días de prazo de execución e Reforzo de firme en camiño a Aldemunde, cun prazo de execución de 10 días. Ademais, aprobáronse os expedientes de contratación das obras Subministro para a dotación de semáforos na Avda. de Bértoa, Elaboración dun proxecto en materia de aforro, eficiencia enerxética e enerxías renovables e Traballos de evaluación ambiental da revisión técnico do PXOM do Concello de Carballo.

O director xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente visitou o litoral de Baldaio

LITORAL

O director xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente visitou o litoral de Baldaio

Luns 14 de maio do 2007

O director xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, José Fernández Pérez, visitou este luns, 14 de maio, o litoral de Carballo para coñecer as actuacións realizadas neste ámbito. Concretamente, José Fernández desprazouse até o lugar de Baldaio, acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Servizos, Mantemento e Turismo, Luis Lamas. O director xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente coñeceu in situ o plan de recuperación do espazo natural do litoral carballés e mostrou a súa satisfacción por cómo se atopaba o lugar.

CarballoeSMáS abre a porta á comunicación da cidadanía e a administración a través de mensaxes curtas

NOVAS TECNOLOXÍAS

CarballoeSMáS abre a porta á comunicación da cidadanía e a administración a través de mensaxes curtas

Luns 14 de maio do 2007

A Casa do Concello acolleu este luns, 14 de maio, a presentación de CarballoeSMáS, un novo servizo de comunicación do Concello, no marco do proxecto Carballo PortaAberta. Trátase dun servicio bidireccional, onde a cidadanía e a administración estarán en contacto utilizando os mensaxes curtas, elemento de comunicación habitual no día a día da sociedade actual. A cidadanía poderá facer suxerencias, queixas e reclamacións nos aspectos máis cotidiáns da sua vida e do seu entorno, ademáis doutros como reserva de entradas, votacións na semana de teatro ou solicitar información administrativa sobre un expediente.

Compartir: