Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Continúa aberto o prazo de inscrición para participar nos Campamentos Deportivos e Campus de Fútbol da Deputación da Coruña

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Continúa aberto o prazo de inscrición para participar nos Campamentos Deportivos e Campus de Fútbol da Deputación da Coruña

Venres 1 de xuño do 2007

Rematado o prazo de solicitude para participar no programa Campus de Fútbol 2007, xestionado pola Deputación da Coruña, o Concello de Carballo foi incluído nesta actividade para a que se lle adxudicaron 5 prazas. As datas nas que se desenvolverá a actividade son do 15 ao 21 de xullo de 2007, abríndose o prazo de inscrición para achegar as solicitudes até o 25 de xuño de 2007. En canto aos Campamentos Deportivos, o Concello de Carballo conta con 30 prazas adxudicadas. As datas nas que se desenvolverá a actividade son do 8 ao 14 de xullo de 2007, sendo o prazo de inscrición para achegar as solicitudes até o 18 de xuño de 2007.

O Concello coloca dispositivos de ximnasia e mantemento para maiores no paseo do Anllóns

SERVIZOS

O Concello coloca dispositivos de ximnasia e mantemento para maiores no paseo do Anllóns

Xoves 31 de maio do 2007

O Concello de Carballo está a proceder á colocación dos primeiros dispositivos con elementos de ximnasia e mantemento para maiores no paseo do río Anllóns, correspondente á segunda fase da actuación que vai até Bértoa. A actuación enmárcase dentro da posta en valor do río e facilitará un novo servizo aos maiores da localidade.

150 rapaces participarán o sábado da fase final provincial de Balonmán de Deporte en Idade Escolar

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

150 rapaces participarán o sábado da fase final provincial de Balonmán de Deporte en Idade Escolar

Xoves 31 de maio do 2007

O Padroado Deportivo Municipal de Carballo e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, en colaboración coas Escolas de Balonman XIRIA de Carballo, organizan a fase final provincial de Balonmán de Deporte en Idade Escolar en categorías alevín e benxamín. A competición desenvolverase no Pavillón Vila de Noia o vindeiro sábado, 2 de xuño, desde ás 10,30 até as 19,30, hora na que se fará a entrega de medallas e trofeos.

O IMSERSO convoca o programa de vacacións para maiores

SERVIZOS SOCIAIS

O IMSERSO convoca o programa de vacacións para maiores

Xoves 31 de maio do 2007

O Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, a través do Instituto de Mayores y Servicios Sociales -IMSERSO- ven de convocar o programa de vacacións para maiores para a tempada 2007/2008. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia está a achegar, para aquelas persoas que non foron o ano pasado ou non recibiron a actualización, as solicitudes do programa. Unha vez cumplimentadas deberán remitirse ao Apartado de Correos nº 10140. 28080. Madrid ou a través da web doIMSERSO. O prazo remata o 30 de xuño de 2007.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información pon en marcha un novo obradoiro

NOVAS TECNOLOXÍAS

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información pon en marcha un novo obradoiro

Mércores 30 de maio do 2007

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información ven de por en marcha un dos tres obradoiros que se prolongarán durante as vindeiras semanas no Concello de Carballo e no que participará un grupo de usuarias do proxecto Equal, en plan de igualdade. As participantes do curso poderán achegarse ás novas tecnoloxías iniciándose, en primeiro lugar, na informática, introducíndose seguidamente na Rede de Redes e finalizar creando e aprendendo a xestionar a súa propia conta de correo electrónico.

Suso de Toro presenta o seu libro ‘Home sen nome’ na Cervexaría San Xoán

CULTURA

Suso de Toro presenta o seu libro ‘Home sen nome’ na Cervexaría San Xoán

Mércores 30 de maio do 2007

O escritor Suso de Toro conversará cos lectores e lectoras de Home sen nome este mércores, 30 de maio, a partir das 20.30 horas na Cervexaría San Xoán de Carballo (Rúa de Ourense 8-10). A actividade está enmarcada dentro do programa Literactúa do Concello de Carballo. Home sen nome conta a historia dun vello terminal que é acompañado durante dous días por Nano, encamado no cuarto dun hospital. O vello, un home sen nome, un enigma invadido polas lembranzas, entre o delirio e o soño provocados pola medicación, enunciará o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria.

O venres ábrese o prazo de matrícula para participar do programa Concilia no vindeiro curso

ENSINO

O venres ábrese o prazo de matrícula para participar do programa Concilia no vindeiro curso

Mércores 30 de maio do 2007

O Concello de Carballo abrirá o vindeiro venres, 1 de xuño, o prazo de matrícula para participar do programa Concilia. Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Muller, Sanidade e Emigración que pretende conciliar a vida laborar e familiar, permitíndolles ás nais e aos pais deixar aos seus fillos e fillas no centro de ensino desde as 7.30 horas até o comenzo da xornada escolar. O programa Concilia desenvólvese nos colexios Fogar, Bergantiños e Cristina e o prazo permanecerá aberto até o 15 de agosto.

Remata o Programa das Letras do Concello de Carballo

CULTURA

Remata o Programa das Letras do Concello de Carballo

Martes 29 de maio do 2007

A presentación do libro de Suso de Toro, Home sen nome, e o ciclo de concertos de Xoves Intérpretes porán o fin esta semana ao Programa das Letras do Concello de Carballo, que se está a desenvolver na localidade desde principios deste mes de maio. Hoxe martes, 29 de maio, terá lugar o primeiro dos concertos do ciclo Xoves Intérpretes, no Pazo da Cultura a partir das 19,00 horas.

Política Territorial anuncia a próxima adxudicación do tramo de vía de alta capacidade entre Carballo e Berdoias

OBRAS

Política Territorial anuncia a próxima adxudicación do tramo de vía de alta capacidade entre Carballo e Berdoias

Martes 29 de maio do 2007

A execución e explotación do tramo da vía de alta capacidade entre Carballo e Berdoias adxudicarase o vindeiro mes de xuño, segundo manifestou onte no Parlamento o director xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Manuel Morato. A Xunta de Galicia pretende que o tramo entre Carballo e Baio se constrúa, desde o seu inicio, como autovía.

Resultados electorais: BNG 9, PP 6, TEGA 3,PSDG-PSOE 3, PDV 0

ELECCIÓNS

Resultados electorais: BNG 9, PP 6, TEGA 3,PSDG-PSOE 3, PDV 0

Luns 28 de maio do 2007

O BNG foi a formación política máis votada en Carballo nas eleccións municipais celebradas no día de onte. O BNG sumou un total de 7.544 votos, obtendo unha representación de 9 concelleiros. A segunda forza máis votada foi o PP, con 4.672 votos e unha representación de 6 concelleiros. En relación as eleccións municipais celebradas hai catro anos, o BNG sube 3 concelleiros, o mesmo número que perde o PP.

Adxudicados os expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicados os expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos

Luns 28 de maio do 2007

A Xunta de Goberno Local de Carballo deu o visto bo, na sesión ordinaria celebrada este luns, á adxudicación dos expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan de Cooperación as Obras e Servizos de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2007. Son a Depuradora en Nétoma, parroquia de Razo e Depuradora en Queo, parroquia de Bértoa. Ademais, aprobouse a adxudicación dos expedientes de contratación de catro obras incluídas nese mesmo plan, como o Acondicionamento de praza municipal en Ramil, Acondicionamento de pista en Rus, Afirmado de camiño de Arnados a Razo da costa e Subministro de material de oficina consumible con destino ao Concello de Carballo.

Compartir: