Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A corporación municipal reúnese en sesión plenaria extraordinaria

CONVOCATORIA

A corporación municipal reúnese en sesión plenaria extraordinaria

Xoves 5 de xullo do 2007

O Salón de Plenos do Concello de Carballo acolle este xoves, a partir das 20,30 horas, a primeira sesión plenaria da presente lexislatura. Trátase dunha convocatoria extraordinaria que conta con nove puntos na orde do día e que servirá, entre outros asuntos, para a constitución dos grupos políticos, determinar a periodicidade das sesións ordinarias do pleno ou propor os cargos da corporación en réxime de dedicación exclusiva e retribucións. En relación a este último punto, a proposta que se levará a pleno contempla cinco dedicacións exclusivas e tres parciais.

A praza do Chorís e a praia de Razo acollen as primeiras proxeccións do ciclo Noites de Cine

CULTURA

A praza do Chorís e a praia de Razo acollen as primeiras proxeccións do ciclo Noites de Cine

Mércores 4 de xullo do 2007

O ciclo Noites de Cine, que se desenvolve ao longo dos meses de xullo e agosto dentro do programa do Verán Cultural do Concello de Carballo, bota a andar este mércores, 4 de xullo, coa proxección da película Pérez, o ratiño dos teus soños, na praza do Chorís. A proxección, que se realiza en colaboración coa deputación da Coruña, terá lugar ás 22,30 horas e será en galego.

O Grumir atendeu 24 emerxencias durante o mes de xuño

BALANCE MENSUAL

O Grumir atendeu 24 emerxencias durante o mes de xuño

Mércores 4 de xullo do 2007

O Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo tivo que participar en 24 emerxencias durante o pasado mes de xuño, que arroxou un total de 127 intervencións. No tocante ás emerxencias, destacan en Carballo 17 por accidentes de tráfico e limpezas, 3 por limpezas de estradas, 2 por incendios urbáns e un incendio forestal.

O TSXG admite a trámite o recurso presentado polo Concello contra a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal

URBANISMO

O TSXG admite a trámite o recurso presentado polo Concello contra a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal

Mércores 4 de xullo do 2007

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de admitir a trámite o recurso presentado polo Concello de Carballo ante a sentencia pola que se anulaba o acordo plenario de 20 de maio de 2003, no que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo era aprobado por unanimidade da corporación municipal. O Concello conta agora cun prazo dun mes para interpoñer recurso ante o Tribunal Supremo e, con posterioridade, saber se este o admite ou non a trámite.

As Noites de Cine inician a programación do Verán Cultural

CULTURA

As Noites de Cine inician a programación do Verán Cultural

Martes 3 de xullo do 2007

Este mércores, 4 de xullo, iniciarase a programación do Verán Cultural do Concello de Carballo co ciclo Noites de Cine. A primeira proxección realizarase na praza do Chorís, a partir das 22,30 horas, coa película Pérez, el ratoncito de tus sueños, en colaboración coa Deputación da Coruña.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza un novo obradoiro en Carballo

NOVAS TECNOLOXÍAS

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza un novo obradoiro en Carballo

Martes 3 de xullo do 2007

O vindeiro xoves, 5 de xullo, dará comezo un dos tres obradoiros que levará a cabo a Rede de Dinamización da Sociedade da Información en Carballo ao longo deste mes. As temáticas que se desenvolverán nestes obradoiros seguen a mesma liña dos realizados con anterioridade: iniciación á informática, internet e correo electrónico. O obxectivo é o de dar un paso adiante na alfabetización dixital da poboación do concello. As sesión levaranse a cabo en horario de mañá na Aula Informática Municipal, nas Antigas Escolas do Xardín.

Os grupos políticos de Carballo analizaron os temas a abordar na primeira sesión plenaria da lexislatura

CONVOCATORIA

Os grupos políticos de Carballo analizaron os temas a abordar na primeira sesión plenaria da lexislatura

Martes 3 de xullo do 2007

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e os portavoces das diferentes formacións políticas do Concello, Benedico Viña polo BNG, José Antonio Viña polo PSOE, Alberto Sueiro polo PP e Manuel Andrade por TEGA, mantiveron esta mañá unha xuntanza para analizar os temas a abordar na sesión plenaria extraordinaria a celebrar o vindeiro xoves, ás 20,30 horas, na Casa do Concello. Será o primeiro pleno da lexislatura e contará con nove puntos na orde do día, entre os que destacan as propostas de comisións informativas permanentes, representación da corporación en órganos colexiados ou os cargos da corporación en réxime de dedicación exclusiva e retribucións.

Dúas mulleres  de Carballo disfrutan  das estancias de tempo libre

MULLER

Dúas mulleres de Carballo disfrutan das estancias de tempo libre

Luns 2 de xullo do 2007

Dúas mulleres e os seus fillos, do concello de Carballo, están a disfrutar dunha estancia de dez días na costa mediterránea con todos os gastos pagados. Ambas fixeron a solicitude no Centro de Información á Muller para participar dun programa que requería que tiveran fillos e fillas , de entre 2 e 12 anos, exclusivamente ao seu cargo.

A Festa do Bosque despediu as festas do San Xoán 2007

SAN XOÁN 2007

A Festa do Bosque despediu as festas do San Xoán 2007

Luns 2 de xullo do 2007

Un grande número de carballeses e carballesas despediron o San Xoán coa celebración da Festa do Bosque, que organizou un ano máis a Peña Gastronómica Os larpeiros. As bombas de palenque anunciaron ao medio día o inicio dunha festa que se está a converter nun punto de obrigada referencia, recuperando a forza que tiña hai tempo e da que poderon disfrutar nenos e maiores. A Festa do Bosque foi todo un éxito tanto a nivel organizativo como de participación.

A tradicional Festa do Bosque despedirá o San Xoán o vindeiro domingo

SAN XOÁN 2007

A tradicional Festa do Bosque despedirá o San Xoán o vindeiro domingo

Venres 29 de xuño do 2007

A tradicional Festa do Bosque porá o punto e final ás festas de San Xoán o vindeiro domingo. O Bosque do Añón convertirase, a partir das 12,00 horas, no punto de encontro entre a tradición e o lecer, unha mestura da que serán partícipes moitos carballeses. Baixo a organización da Peña Gastronómica Os larpeiros, desenvolverase ao longo do día un amplo programa de actividades para todas as idades, que comezará co lanzamento das bombas de palenque ás 12,00 horas. A sesión vermú, prevista para as 14,00 horas, correrá a cargo do Dúo Época.

As obras do polígono industrial de Bértoa adxudicaranse a mediados do mes de xullo

INDUSTRIA

As obras do polígono industrial de Bértoa adxudicaranse a mediados do mes de xullo

Venres 29 de xuño do 2007

O vindeiro 17 de xullo procederase á adxudicación das obras do polígono industrial de Bértoa, segundo manifestou o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, logo de participar no Consello de Administración e Xunta Xeral de Xestur no día de onte. Un total de 31 empresas presentaron ofertas, até agora, para asumir uns traballos que superan os 13 millóns de euros de orzamento. Estes afectan á unha primeira fase da actuación do ámbito de 730.000 metros cadrados.

Compartir: