Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello de Carballo afronta os últimos trámites para acadar o selo de igualdade de Coruña Solidaria

OS TRABALLADORES DO CONCELLO COÑECERÁN O PROTOCOLO QUE FALTA A FINAIS DE XULLO

O Concello de Carballo afronta os últimos trámites para acadar o selo de igualdade de Coruña Solidaria

Venres 20 de xullo do 2007

Ademais de renovar o nomeamento de Evencio Ferrero como representante do municipio de Carballo en Coruña Solidaria, na última asemblea desta agrupación, encargada de promover o proxecto Equal 'En plan de igualdade', realizouse tamén un diagnóstico positivo do traballo feito ata o de hoxe polo concello carballés nesta materia. Tan só a entrega dun protocolo o separa agora de acadar o selo que certifica a súa implicación nas políticas de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Teatro e música conforman a oferta do Verán Cultural para a vindeira fin de semana

CULTURA

Teatro e música conforman a oferta do Verán Cultural para a vindeira fin de semana

Martes 17 de xullo do 2007

O teatro e a música serán os protagonistas da programación do Verán Cultural do Concello de Carballo para a vindeira fin de semana. O venres, 20 de xullo, o grupo arxentino Los Amados achegará o seu espectáculo teatral Rutilantes á Praza do Concello, a partir das 22,30 horas. O sábado, 21 de xullo, a praia de Razo convertirase no punto de referencia coa posta en escena da segunda edición do festival Sereas e Piratas.

O Concello procede ao asfaltado de varias pistas do municipio

OBRAS

O Concello procede ao asfaltado de varias pistas do municipio

Martes 17 de xullo do 2007

O Concello de Carballo está a proceder estes días ao asfaltado de varias pistas e camiños do municipio, co fin de mellorar as comunicacións do concello e favorecer o tránsito dos usuarios. Concretamente, as pistas onde se están a efectuar estas melloras de apertura e asfaltado son as que van de Centeás, en Lema, até Oza, a de Os Loureiros até As Canelas, en Sofán, e a de Agra Maior a Castrillón, tamén na parroquia de Lema.

Catro novas proxeccións dan continuidade ao ciclo de Noites de Cine esta semana

CULTURA

Catro novas proxeccións dan continuidade ao ciclo de Noites de Cine esta semana

Luns 16 de xullo do 2007

O ciclo Noites de Cine, incluído na programación do Verán Cultural do Concello de Carballo, continúa esta semana con catro novas proxeccións en distintos lugares do municipio. Este luns, 16 de xullo, o Local Social de Entrecruces acolle a sétima proxección do ciclo, coa película de acción, aventuras e ciencia-ficción Superman returns: el regreso. A proxección iniciarase, como todas as desta semana, ás 22,30 horas.

O Concello iniciará en breve as obras de aglomerado no vial de acceso á parroquia de Aldemunde

OBRAS

O Concello iniciará en breve as obras de aglomerado no vial de acceso á parroquia de Aldemunde

Luns 16 de xullo do 2007

O Concello de Carballo iniciará durante a xornada do martes, 17 de xullo, as obras de aglomerado no vial de acceso á parroquia de Aldemunde. Esta actuación entra dentro dun dos grandes obxectivos do grupo de goberno para a presente lexislatura, consistente en mellorar a comunicación viaria dos núcleos de poboación e permitir unha maior fluidez, neste sentido, co casco urbano.

O curso de Axente de Tempo comezou cunha alta participación

REMATA O VINDEIRO VENRES ÁS 12:30 HORAS

O curso de Axente de Tempo comezou cunha alta participación

Luns 16 de xullo do 2007

Un total de 19 persoas iniciaron onte na aula de informática do Concello de Carballo un curso organizado polo Centro de Información á Muller que ten por finalidade formar aos asistentes na posta en marcha e coordinación dun banco de tempo. Á súa clausura, que terá lugar o venres 19, asistirá a concelleira de Promoción Económica de Allariz, Cristina Cid Fernández.

O Mago Marttyn e a Aula de Teatro da Universidade de Jaén abren o Verán Cultural

CULTURA

O Mago Marttyn e a Aula de Teatro da Universidade de Jaén abren o Verán Cultural

Venres 13 de xullo do 2007

Este venres, 13 de xullo, comeza o programa Venres culturais pertencente ao Verán Cultural 2007 do Concello de Carballo, coa celebración de dous espectáculos de maxia e de teatro, destinados tanto ao público infantil como ao adulto. Ás 20.00 horas, no Xardín Municipal, nenos e nenas poderán desfrutar do espectáculo de maxia Nada por aquí...nada por aló...! do mago galego Mago Marttyn, no que o ilusionismo, grandes doses de humor e moita participación do público serán as bazas que empregará Marttyn para agasallar a grandes e cativos. Ás 22.00 horas terá lugar no Pazo da Cultura a representación teatral Entre bobos anda el juego, de Francisco Rojas de Zorilla, a cargo da Aula de Teatro da Universidade de Jaén, que está incluída no programa cultural Las huellas de la Barraca da Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturais (SECC) do Ministerio de Cultura, que completa o proxecto de Las rutas de La Barraca, impulsado por la SECC en 2006. A nova iniciativa recolle, unha vez máis, o espíritu de aventura emprendida por Federico García Lorca entre 1932 e 1936, coincidindo con 75 aniversario da súa andadura, a de percorrer exclusivamente os pobos polos que pasou o escritor granadino.

O Concello solicita unha nova Escola Obradoiro para rematar a Casa dos Oficios

EMPREGO

O Concello solicita unha nova Escola Obradoiro para rematar a Casa dos Oficios

Venres 13 de xullo do 2007

O Concello de Carballo ven de solicitar á Consellaría de Traballo unha nova Escola Obradoiro para rematar o proxecto da Casa dos Oficios, ademais de para acondicionar dúas prazas enfrente ao edificio dos xulgados e na zona do Colexio Bergantiños. A solicitude recolle unha subvención de 1.204.031 euros e seis especialidades: carpintería de aluminio, cantería, electricista de edificios, xardinería, carpintería de madeira e albanelería e prefabricados lixeiros. A Escola Obradoiro incorporaría a 64 alumnos, ademais de 11 profesrores e titores, para un total de 18 meses.

Presentada a segunda edición do Festival Sereas e Piratas

CULTURA

Presentada a segunda edición do Festival Sereas e Piratas

Venres 13 de xullo do 2007

A Casa do Concello acolleu este venres a presentación da segunda edición do Festival Sereas e Piratas, a celebrar na praia de Razo o sábado 21 de xullo. O festival nace co obxectivo de difundir a música máis independente nun espazo turístico coma é a praia de Razo, ademais de contar con actividades deportivas que animen aos visitantes a achegarse ao concello. O grupo carballés Franc3s, Os Justicieros de Buño e Delorian, unha das formacións máis importantes a nivel nacional en festivais, conforman o cartel dun festival do que se caeu a última hora o grupo portugués X-Wife. A organización do festival está a traballar contra reloxio para tentar incorporar a unha cuarta formación musical ao evento.

A Brigada de Medio Ambiente comezou unha nova limpeza do entorno da Férveda de Entrecruces

MEDIO AMBIENTE

A Brigada de Medio Ambiente comezou unha nova limpeza do entorno da Férveda de Entrecruces

Xoves 12 de xullo do 2007

A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo ven de iniciar esta semana os traballos de limpeza e acondicionamento da Férveda de Entrecruces e o seu entorno. Esas labouras fanse con regularidade por parte dos operarios municipais, co fin de preservar e por en valor o patrominio natural do concello. Os traballos continuarán nos vindeiros días na férveda, o entorno da Capela e a fonte de San Paio.

A I Xira de Karting Indoor de Galicia xa está en Carballo

LECER

A I Xira de Karting Indoor de Galicia xa está en Carballo

Xoves 12 de xullo do 2007

O parque do San Martiño acolle desde hoxe xoves, e até o vindeiro domingo, a I Xira de Karting Indoor de Galicia. Os asistentes poden vivir a emoción de subirse a un kart e experimentar as sesnsacións desta modalidade deportiva de motor. A entrada ao recinto é gratuita e a viaxe en kart costa seis euros, aínda que o Centro Comercial Bergantiños Haley repartirá 1.200 bonos cun 50% desconto. Ademais, o Concello de Carballo xa repartiu 600 entradas entre os centros de ensino da localidade, para que o seu alumnado poda disfrutar do evento.

Compartir: