MÁIS DE 350 QUILÓMETROS ACONDICIONADOS
Luns 6 de agosto do 2007
A Concellaría de Obras e Servizos continúa cos traballos de adecentamento e limpeza do Concello. Así, o responsable deste departamento, Luís Lamas, vén de informar do remate destes traballos en cinco lugares do municipio, ademais de dar conta de todos os plans previstos até finais deste mes. En total, son máis de 350 quilómetros os que xa se levan limpado.
PRESTIXIOSO ILUSIONISTA DE RECOÑECIDO PRESTIXIO
Venres 3 de agosto do 2007
O mago portugués Luís de Matos presentará esta noite en Carballo o seu novo espectáculo titulado "Enigma". A visita enmárcase dentro das actividades que o Concello programa no "Verán Cultural" e celebrarase a partir das dez e media da noite na praza do Concello.
A WEBCAM SEGUE EN FUNCIONAMENTO
Venres 3 de agosto do 2007
¿Queres ir á praia de Razo pero bótate atrás non saber que tempo fará? Pois para disipar esas dúbidas, o Concello lémbrache que unha webcam instalada no mesmo areal che dará a imaxe máis actualizada para que decidas.
POLÍTICA TERRITORIAL APROBA A RUTA ESTE VENRES
Venres 3 de agosto do 2007
A Consellería de Política Territorial vén de aprobar este venres a ruta de "noitebús" que unirá a Coruña con Carballo. Serán dous os autobuses que, a partir das dez da noite, se poñan en marcha cara o noso concello.
PROGRAMADA PARA O DÍA 22 DE AGOSTO
Venres 3 de agosto do 2007
Até o día 11 desde mes estará aberto o prazo para que os nosos maiores se apunten á excurión á vila lugesa de Vilalba. Lembramos que esta viaxe é de balde e que se recollerán os pasaxeiros na igrexa de San Xoan Bautista, a Ponte e a Praza do Concello.
MAIOR SEGURIDADE PARA MOTORISTAS, PEÓNS E CONDUTORES
Xoves 2 de agosto do 2007
A estrada, que comunica Carballo con Buñó, xa se atopa en funcionamento e forma parte da que unirá Carballo con Malpica. Cunha lonxitude de 9,9 quilómetros, o vial incorpora un sistema de quitamedos que o converte en pioneiro en Galicia.
CONTINÚAN OS TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO DAS ÁREAS MUNICIPAIS DE MAIOR INTERESE
Martes 31 de xullo do 2007
Os traballadores da brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo iniciaron esta semana os traballos de limpeza e acondicionamento do contorno do dolmen de Pedra Moura, situado na parroquia de Aldemunde.
OS TRABALLOS COMPLEMENTAN OS XA REALIZADOS NO SALTO DE ENTRECRUCES
Venres 27 de xullo do 2007
Os traballadores da brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo iniciaron esta semana os traballos de limpeza e acondicionamento da férveda de Rus e do seu contorno, uns labores que os operarios municipais realizan con regularidade para preservar e por en valor o patrimonio do concello.
O PROCESO DE VENDA DAS PARCELAS COMEZARA A FINAIS DE ESTE ANO
Xoves 26 de xullo do 2007
O consello de administración de Xestur resolveu esta semana a adxudicación das obras da primeira fase do novo polígono industrial de Bertoa a favor da Unión Temporal de Empresas formada por CRC Obras y Servicios SL e Lubasa, entidade que dispón de 18 meses para a execución destes traballos.
CONSTRUIRANSE DOUS EDIFIOS, TRES ZONAS DE APARCAMENTO E UN HOTEL
Martes 24 de xullo do 2007
A Xunta de Goberno aprobou onte o plan parcial que vai posibilitar a urbanización do chan urbanizable C1, coñecido como A Agra do Formigoso, na zona de A Revolta. O Concello de Carballo recibirá a cambio 30.000 metros cadrados de terreo na zona do Bosque do Añón.
XA ESTÁN REMATADOS OS TRABALLOS DE AGLOMERADO E PINTADO DA ESTRADA DE ALDEMUNDE
Venres 20 de xullo do 2007
A Concellaría de Obras do Concello de Carballo acaba de dar luz verde aos traballos de acondicionamento dos camiños que rodean a igrexa de Rus, cuxo custe ascende a 46.000 euros. Ao mesmo tempo en Aldemunde, e por unha cantidade aproximada de 37.000 euros, xa remataron os de aglomerado e pintado da estrada que comunica o núcleo principal coa igrexa.
A EMPRESA ADXUDICATARIA DISPORÁ DUN PRAZO DE EXECUCION DE 3 MESES
Venres 20 de xullo do 2007
Os contratistas que desexen presentar a súa oferta, cun orzamento base de licitación de 460.901,19 euros, teñen ata as 14:00 horas do vindeiro día 28 para entregar a documentación no rexistro de documentos da Dirección Xeral para o Deporte. O acondicionamento deste campo remata cunha vella demanda dos seus usuarios e dos clubs deportivos da localidade, que veñen reclamando dende hai tempo unhas instalación de calidade nas Eiroas.