OS ENCONTROS SERÁN, COMO DE COSTUME, O ÚLTIMO MÉRCORES DE CADA MES
Venres 24 de agosto do 2007
O programa de difusión do libro e da lectura do Concello de Carballo, Literactúa, chega ao seu terceiro trimestre con tres novas propostas literarias. O libro proposto do mes de setembro é Made in Galiza, de Sechu Sende; o de outubro é O home inédito, de Carlos G. Meixide; e, no mes de novembro, presentarase Os libros arden mal, de Manuel Rivas.
O ENCONTRO COMEZARÁ ÁS 2O:45 E A ENTRADA SERÁ DE BALDE
Martes 21 de agosto do 2007
A casa do Concello de Carballo acolleu esta mañá a presentación do partido da XXII Copa Galicia de Baloncesto que enfrontará este xoves, no pavillón Vila de Noia, ao Basquet Coruña e ao Club Ourense Baloncesto. Na organización deste evento, que corre a cargo da Concellería de Deportes e do Padroado Deportivo Municipal de Carballo, colabora activamente o Basquet Xiria.
CAMPAÑA DE DOAZÓN 2007
Luns 20 de agosto do 2007
Os datos do Centro de Transfusión de Galiza sobre a participación dos carballeses e carballesas na última campaña de doazón realizada neste concello arroxaron un resultado moi positivo. En total rexistráronse 135 doazóns, das cales 16 foron de persoas que acudían por primeira vez.
CANTAUTORA GALEGO-ARXENTINA
Venres 17 de agosto do 2007
Hoxe actúa en Carballo a cantautora galego-arxentina Lorena Lores. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación do Verán Cultural 2007 do Concello e con ela teremos a oportunidade de contemplar o espectáculo de música e baile a ritmo de tango.
FEIRA LITERARIA
Venres 17 de agosto do 2007
O Xardín Municipal encherase durante catro días, do 23 ao 26 de agosto, de libros, de actividades lúdicas, participativas, divertidas e formativas para nenas e nenos e para persoas adultas, de autoras e autores da comarca e do país, de presentacións e sinaturas de libros, de recitais, de actuacións, de representacións, etc. Unha nova edición da Praza dos Libros, a feira literaria de Bergantiños. E todo isto convivirá o xoves 23 e o domingo 26 coa feira tradicional, polo que haberá moito máis que libros...
ACOLLIDA SOLIDARIA
Xoves 16 de agosto do 2007
Mañá, venres 17 de agosto, no Pazo da Cultura farase un pequeno acto de despedida a varios nenos saharauís que este verán estiveron no noso municipio a través do programa 'Vacacións en Paz', organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. A homenaxe quere ser tamén unha mostra de agradecemento ás familias carballesas que participaron nesta iniciativa.
APROVEITANDO O BO TEMPO
Luns 13 de agosto do 2007
Está previsto que nos próximos días comecen as obras de mellora no porto de Razo. As accións centraranse na ampliación da plataforma, no acondicionamento dos locais dos pescadores e noutras zonas coma a de amarre. Ademais, instalaranse unha baranda de seguridade, entre outras implementacións.
DENTRO DAS ACTIVIDADES DO VERÁN CULTURAL
Venres 10 de agosto do 2007
Este venres continúa o programa de actos do Verán Cultural que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carballo con dúas actividades. Un espectáculo de danza contemporánea de fusión entre o hip-hop ou o funky chegará da man da compañía coruñesa as Dríadas. Logo, a recoñecida artista coruñesa Mercedes Peón volverá de novo ao noso concello para presentar o seu último disco Sihá.
PARA CONSERVAR O PATRIMONIO CARBALLÉS
Venres 10 de agosto do 2007
O hórreo que se atopaba na finca da avda. da Milagrosa será trasladado a partir deste venres ao seu novo contorno, que non será outro cós xardins que circundan os novos xulgados. O concello anuncia que, nun prazo de quince días, esta construción poderá repousar no seu novo emprazamento. O traslado forma parte da iniciativa municipal para co patrimonio carballés.
ACHEGANDO AS NOVAS TECNOLOXÍAS
Venres 10 de agosto do 2007
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información para o concello de Carballo informa do remate do obradoiro de Iniciación á Informática que se impartiu desde o día 1 de Agosto até o día 10 do mesmo mes na Aula Informática Municipal cunha duración de 15 horas.
A RUTA SÚMASE Á APROBADA EN DÍAS PASADOS
Xoves 9 de agosto do 2007
O Concello de Carballo, en colaboración co de Malpica, porá en marcha esta fin de semana unha nova ruta que unirá o noso muncipio con diferentes localidades da Costa da Morte. Esta liña súmase á que xa comezou a funcionar en días pasados unindo Carballo e A Coruña.
CINCO PUNTOS DE ACTUACIÓN
Martes 7 de agosto do 2007
A Xunta de Goberno Local reunida este luns acordou cinco novos puntos de interese para a cidadanía carballesa. As subvencións no terreo dos servizos sociais, as certificacións de obra, convenios culturais, a adxudicación de expedientes de contratación e a asignación de vaos permanentes foron os aspectos aprobados na sesión.