A PRIMEIRA REPRESENTACIÓN TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO DÍA 15
Mércores 12 de setembro do 2007
A delegada provincial da Consellería de Cultura e Deportes, Milagros Lantes, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentaron onte en rolda de prensa o programa de actividades que se desenvolverá en Carballo con motivo da conmemoración do 125 aniversario do teatro galego.
O FIOT 2007 CELEBRARASE ENTRE O 13 DE OUTUBRO E O 1 DE NOVEMBRO
Martes 11 de setembro do 2007
A Asociación Cultural Telón e Aparte, que organiza, coa colaboración do Concello de Carballo, o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), unha das citas máis relevantes da programación cultural que se desenvolve na comarca de Bergantiños ao longo do ano, está a piques de pechar a programación que integrará a XVI edición do seu festival.
A FINAL SERÁ EN RIBADAVIA O DÍA 9 DE SETEMBRO
Venres 7 de setembro do 2007
Os catro equipos clasificados para as semifinais da I Copa Galicia de Balonmán, OAR Coruña, Octavio Pilotes Posada, Frigoríficos Morrazo de Cangas e SD Teucro desputaranse esta tarde en Carballo o seu pase á final. A presentación destes dous encontros tivo lugar onte na casa do Concello.
BALANCE MENSUAL
Venres 7 de setembro do 2007
O Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo tivo que participar en 21 emerxencias durante o pasado mes de agosto, o que arroxou un total de 133 intervencións.
CONVENIOS DE COLABORACIÓN
Xoves 6 de setembro do 2007
A Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo aprobou na súa última xuntanza a renovación dos acordos de colaboración que o concello ten co F.C. Bergantiños e coa Asociación Deportiva Xiria. Preténdese, deste xeito, sentar unhas bases de actuación conxuntas que van encamiñadas a incentivar a práctica do deporte entre os mozos e mozas carballeses/as e a favorecer a presenza de equipos locais en competicións oficiais.
AS CATEGORÍAS BENXAMÍN E ALEVÍN MIXTO DISPUTARÁN ESTA COMPETICIÓN NO MES DE DECEMBRO
Mércores 5 de setembro do 2007
O pavillón Vila de Noia e o polideportivo Carballo Calero serán, a partir de hoxe xoves e ata o sábado 8, os escenarios nos que se desputarán os encontros das categorías xuvenil, cadete e infantil do IV Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo. Aos conxuntos das escolas de balonmán da Asociación Deportiva Xiria únense nesta ocasión, para desputar esta competición, os equipos galegos OAR A Coruña, BM Bueu, BM Narón; U.B. Lavadores; as Seleccións Galegas de Balonmán; o conxunto leonés Ademar León e o portugués F.C. do Porto.
A XUNTA DE GOBERNO LOCAL TAMÉN APROBOU A CERTIFICACIÓN ÚLTIMA DA PRIMEIRA FASE DO PASEO DESTE RÍO
Martes 4 de setembro do 2007
Co obxectivo de avanzar na recuperación das ribeiras do río Anllóns, a través de medidas como a eliminación das edificacións que se atopan pegadas á súa canle, a Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo acordou onte iniciar o expediente para conseguir, mediante unha permuta, un terreo situado entre as pontes da Casilla e da Milagrosa.
OS NENOS E NENAS PODERÁN ENTRAR NOS CENTROS NOS QUE ESTUDAN A PARTIR DAS 7:30 HORAS DA MAÑÁ
Martes 4 de setembro do 2007
A partir do mércores día 12 desenvolveranse nos Centros Educativos de Fogar e Bergantiños do concello de Carballo as actividades contempladas no Programa Concilia para o curso 2007-2008. Esta iniciativa, que xestiona a Concellaría de Igualdade do Concello de Carballo, pretende conciliar a vida laboral e familiar dos cidadáns permitíndolles aos pais e nais deixar os seus fillos/as no centro de ensino antes do comezo da xornada escolar. O prazo de presentación de solicitudes segue aberto para todas as persoas interesadas.
CAMPAÑA DE DOAZÓN 2007
Luns 3 de setembro do 2007
Esta mañá o Centro de Transfusión de Galicia trasladou persoal sanitario a Carballo para realizar unha nova campaña de doazón de sangue. A unidade móbil permanecerá na praza do Concello hoxe luns e mañá martes, en horario de 10:00 a 14:00 horas da mañá e de 16:00 a 21:00 horas da tarde.
PÓÑENSE POR PRIMEIRA VEZ Á VENTA VEHÍCULOS SEN CARNET
Venres 31 de agosto do 2007
O campo de San Martiño acolle este sábado e domingo a segunda edición de Berocasión, a feira do automóbil de ocasión de Carballo. Representantes dos talleres e concesionarios que participarán nela presentaron onte xoves, na casa do Concello de Carballo, as súas propostas para un evento que pretenden consolidar na primeira fin de semana de setembro.
BELÉN LENDOIRO DESTACA A BOA ACOLLIDA DOS SETE TÍTULOS QUE SE PRESENTARON
Luns 27 de agosto do 2007
Logo de catro días de feira literaria en Carballo as valoracións da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, responsable da súa organización, son positivas en tódolos sentidos: asistencia de público, ventas dos libreiros e participación cidadá nos numerosos os actos lúdicos, musicais e literarios que conformaban a programación de Praza dos Libros.
AS CASETAS DAS LIBRERÍAS PARTICIPANTES PERMANECERÁN ATA O DOMINGO NO XARDÍN MUNICIPAL
Venres 24 de agosto do 2007
Por segundo ano consecutivo Praza dos Libros, a feira literaria que organiza a Concellería de Cultura de Carballo, abriu onte as súas portas para converterse durante os vindeiros días nun escaparate de promoción e difusión do libro galego. Mercedes Queixas, secretaria xeral de Asociación de Escritores en Lingua Galega, foi a encargada de ler o pregón inaugural.