Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello de Carballo comezou a remitir os primeiros requerimentos para a retirada de vaos non autorizados

OS AXENTES DA POLICÍA LOCAL CONTINÚAN IGUALMENTE COA CAMPAÑA DE INSPECCIÓN

O Concello de Carballo comezou a remitir os primeiros requerimentos para a retirada de vaos non autorizados

Venres 5 de outubro do 2007

Despois de que a Policia Local de Carballo detectase a colocación dunha serie de vaos permanentes sen autorización legal nas pasadas semanas, a Concellaría de Tráfico comezou xa a remitir por correo certificado as primeiras ordes de retirada a un total de 46 particulares que incumpren a normativa municipal ao carecer de licenza. Os axentes, pola súa banda, continúan realizando inspeccións para detectar outros casos similares.

O Grumir atendeu 33 emerxencias durante o mes de setembro

BALANCE MENSUAL

O Grumir atendeu 33 emerxencias durante o mes de setembro

Luns 1 de outubro do 2007

O balance das intervencións ás que tivo que facer fronte o Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo durante o pasado mes de setembro recolle un total de 144 intervencións das cales 33 se corresponderon con situacións de emerxencia.

FIOT 2007 reflexiona sobre a construción da identidade na súa XVI edición

NO PAZO DE CULTURA DO 7 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO

FIOT 2007 reflexiona sobre a construción da identidade na súa XVI edición

Venres 28 de setembro do 2007

A través de oito montaxes de prestixio, representadas por outras tantas compañías de ampla traxectoria do teatro galego e internacional, e dun nutrido programa de actividades no que o humor tamén será protagonista, a XVI edición do Festival Internacional Outono de Teatro presentou a súa programación nun acto que contou con representantes da propia organización, do Concello de Carballo, da Consellería de Cultura, da Deputación Provincial e doutras entidades que colaboran na posta en marcha dun proxecto que xa se converteu nun símbolo de identidade para Carballo.

A Concellaría de Tráfico inspecciona a colocación irregular de vaos permantentes

CAMPAÑA DE CONTROL DE VAOS

A Concellaría de Tráfico inspecciona a colocación irregular de vaos permantentes

Martes 25 de setembro do 2007

O corpo de axentes da Policía Local de Carballo leva a cabo estes días unha campaña de inspección para detectar a colocación irregular de vaos permanentes nas entradas de determinados locais, garaxes na maioría dos casos. Os vaos que contan con autorización legal son os que teñen na parte superior da placa a referencia do Concello de Carballo e, na inferior, o número de licenza municipal concedida.

Evencio Ferrero e José Antonio Viña valoran positivamente a primeira etapa de goberno bipartito

O ACTUAL EXECUTIVO CONFÍA EN INICIAR O ANTES POSIBLE OS TRÁMITES NECESARIOS PARA DESEÑAR O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

Evencio Ferrero e José Antonio Viña valoran positivamente a primeira etapa de goberno bipartito

Luns 24 de setembro do 2007

Transcorridos cen días desde a celebración dos comicios municipais de 2007, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o seu socio de goberno, o Concelleiro de Urbanismo José Viña, reuniron aos medios de comunicación locais para trazar as liñas que van definir o seu traballo no futuro, ao tempo que trasladaron a imaxe dun goberno no que non falta colaboración e o bo entendemento.

Continúa aberto o prazo de inscrición do programa de exercicio físico para maiores

O PROGRAMA VAI DIRIXIDO A TODOS/AS OS/AS VECIÑOS/AS DO CONCELLO MAIORES DE 60 ANOS

Continúa aberto o prazo de inscrición do programa de exercicio físico para maiores

Xoves 20 de setembro do 2007

A Concellaría de Deportes do Concello de Carballo mantén aberto ata este venres, día 21 de setembro, o prazo de inscrición para o programa de actividades físicas para maiores, que se desenvolverá en horario de mañá e de xeito totalmente gratuíto. Todas as persoas interesadas poden anotarse no Concello de Carballo en horario de 9 a 14 horas.

Comezaron as obras na área recreativa da praia de Razo

O PRESUPOSTO DESTA OBRA ASCENDE A 60.000 EUROS

Comezaron as obras na área recreativa da praia de Razo

Xoves 20 de setembro do 2007

A zona verde comprendida entre a área de aparcadoiro e a praia de Razo vai contar proximamente cunha área recreativa para nenos e nenas especialmente adaptada para aqueles que presenten algún tipo de minusvalía.

Rock e exposicións fotográficas no X aniversario do festival Xiriapop

VENRES 21 E SÁBADO 22 DESETEMBRO NA CERVEXERÍA DUBLÍN A PARTIR DAS 22:00 HORAS

Rock e exposicións fotográficas no X aniversario do festival Xiriapop

Xoves 20 de setembro do 2007

A Casa do Concello de Carballo acolleu onte a presentación da X edición do festival Xiriapop, que este ano ten como protagonistas aos ingleses The Pirates e ao irlandés Bap Kennedy. Con eles estarán, nos días 21 e 22 de setembro na Cervexería Dublín de Carballo, os galegos Portrait; os mallorquíns La Granja; os madrileños Tin Solier Band, Los Chicos, e The Right Ons e os murcianos The Runarounsd.

Aberto o prazo para pagar o IBI e o IAE

DO 17 DE SETEMBRO AO 23 DE NOVEMBRO

Aberto o prazo para pagar o IBI e o IAE

Martes 18 de setembro do 2007

Dende o día de onte, e ata o 23 de novembro, os contribuíntes que non teñan domiciliado na súa conta bancaria o pago do Imposto sobre actividades económicas (IAE) e o do Imposto sobre bens inmobles (IBI) xa poden acudir á novas oficinas de recadación municipal para facer efectiva esta xestión.

A compañía valenciana La Pavana e a portuguesa Shakespeare Women Company confirman a súa asistencia ao Festival Internacional Outono de Teatro

SÚMANSE Á PRESENZA, XA ANUNCIADA, DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

A compañía valenciana La Pavana e a portuguesa Shakespeare Women Company confirman a súa asistencia ao Festival Internacional Outono de Teatro

Martes 18 de setembro do 2007

A Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro segue ultimando a programación da XVI edición deste evento, para o que xa conseguiu confirmar a presenza de La Pavana, unha das compañías máis prestixiosas do panorama escénico español e, grazas a un convenio asinado co Instituto Camoês, á da portuguesa Shakespeare Women Company.

Evencio Ferrero e Jose Antonio Viña presentaron o proxecto de circunvalación de Carballo

A NOVA VIA CONTRIBUIRÁ A ELIMINACIÓN DE TRÁFICO PESADO NO CENTRO URBÁN

Evencio Ferrero e Jose Antonio Viña presentaron o proxecto de circunvalación de Carballo

Martes 18 de setembro do 2007

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Urbanismo, Jose Antonio Viña, deron a coñecer o pasado sábado en rolda de prensa o proxecto da vía de circunvalación que enlazará o polígono de Bértoa con Montecelo polo este, unha variante que terá unha lonxitude de 6.406 metros e que está presupostada en aproximadamente 12.000.000 de euros.

Compartir: