PROXIMAMENTE TAMÉN SE PERMITIRÁ O ACCESO DE TRÁFICO
Xoves 25 de outubro do 2007
Logo duns meses pechada por mor do inicio das obras de construción do polígono 29 o Concello de Carballo decidiu permitir o paso de peóns pola rúa Cuba de cara a facilitarlle o paso aos alumnos do colexio Bergantiños.
O PRÓXIMO PASO SERÁ A CONSTITUCIÓN DUNHA COMISIÓN DE TRABALLO
Mércores 24 de outubro do 2007
Representantes dos concellos de Carballo e Laracha tiveron esta mañá unha primeira toma de contacto de cara abordar a cuestión dos seus lindes territoriais. Participaron nesta reunión o rexedor, o tenente alcalde e o secretario de cada un dos dous concellos.
ESTANSE ACONDICIONANDO AS FONTES-LAVADOIRO DE RAMIL, O PICHÓN E ESTEVES
Martes 23 de outubro do 2007
Os traballadores da brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo encárganse estes días da limpeza de fontes-lavadoiro e áreas recreativas nas parroquias de Rus e Ardaña, unha labor clave para a protección e a posta en valor do patrimonio natural e etnográfico do concello.
VISITAS INSTITUCIONAIS
Martes 23 de outubro do 2007
Aurora Moinelo, delegada provincial na Coruña da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estivo esta mañá na Casa do Concello de Carballo onde mantivo un encontro con algunhas autoridades locais que lle expuxeron diferentes temas de carácter local que son competencia desta consellaría.
O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PERMANECE ABERTO
Xoves 18 de outubro do 2007
O departamento de terceira idade do Concello de Carballo mantén aínda aberto o prazo para aumentar o número de cidadáns que se benefician do programa de ximnasia e mantemento para persoas maiores, ao que na actual edición se lle sumaron tres novas parroquias ás tres que participaban o pasado ano.
AS ALTAS TEMPERATURAS DA FIN DE SEMANA ENCHERON AS PRAIAS DO MUNICIPIO
Martes 16 de outubro do 2007
Os traballadores da brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo encárganse estes días de acondicionar os areais de Razo e Baldaio e o seu entorno. Aínda que este labor é máis propio dos meses de verán a notable afluencia de visitantes na fin de semana pasada obrigou a tomar medidas para manter limpas as praias carballesas.
VEÑEN DE COLOCAR UN TOTAL DE 54 PAPELEIRAS NAS RÚAS DO CENTRO URBANO
Xoves 11 de outubro do 2007
Os membros do Centro Especial de Emprego Aspaber, concesionario da xestión do servizo público de limpeza viaria, iniciaron estes días os traballos de adecentamento de tódos os bancos do centro urbano de Carballo e procederon á colocación de 54 papeleiras.
PARTICIPARÁ NESTA EDICIÓN COMO DIRECTOR DO ESPECTÁCULO NOITE DE REIS
Xoves 11 de outubro do 2007
A Asociación Cultural Telón e Aparte escolleu como Xoglar de Outono da XVI edición do Festival Internacional Outono de Teatro ao polifacético artista Quico Cadaval destacando a súa vinculación tanto co FIOT, no que participou como director e actor en numerosos espectáculos, como con Carballo, onde ten actuado en numerosas ocasións con espectáculos de pequeno formato.
MANTEMENTO E LIMPEZA DE PISTAS
Mércores 10 de outubro do 2007
Os traballadores da brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo encárganse estes días do traballo de limpeza de cunetas nas pistas forestais do termo municipal. A maiores de outros beneficios que supón, como o aumento da visibilidade para o tráfico, esta intervención está enfocada á prevención de incendios forestais, un perigo que se intensifica nestes momentos pola falta de chuvia das últimas semanas.
OS ENCONTROS DESPUTARANSE NOS PAVILLÓNS BERGANTIÑOS E ZONA ESCOLAR
Martes 9 de outubro do 2007
Esta mañá tivo lugar na Casa do Concello de Carballo a presentación do III Torneo de Basket Festas do Pilar, que terá lugar este venres día 12 e o sábado día 13 e no que partiparán, entre outros equipos, as seleccións galegas, tanto masculinas como femininas, nas categorías de alevín, infantil e cadete.
RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL DE CARBALLO
Luns 8 de outubro do 2007
Os traballadores da brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo iniciaron os traballos de limpeza e acondicionamento das beiras do río Anllóns no treito comprendido entre A Ponte e o Bosque do Añón.
A CONCELLERÍA DE SERVIZOS PUXO TAMÉN EN MARCHA A LIMPEZA DE BEIRARRÚAS
Venres 5 de outubro do 2007
A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo comezou cos novos traballos de limpeza e acondicionamento da Férveda de Entrecruces e do seu entorno. Eses labores, que forman parte dunha campaña de limpeza dos lavadoiros e fontes do concello, fanse con regularidade por parte dos operarios municipais co fin de preservar e por en valor o patrominio natural e etnográfico do concello.