A CPTOPT INVISTE 340 MILLÓNS DE EUROS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE NA COSTA DA MORTE
Martes 6 de novembro do 2007
A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María Xosé Caride, mantivo esta mañá unha xuntanza cos alcaldes da Costa da Morte no Pazo da Cultura de Carballo. A conselleira confirmoulles aos rexedores asistentes que a Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte terá características de autovía dende o primeiro momento no treito entre Carballo e Baio, xa que todas as empresas presentadas ao concurso incluiron esta característica nas súas ofertas.
O CONCELLO RECORDA QUE OS VERQUIDOS NON AUTORIZADOS ESTÁN SUXEITOS A SANCIÓNS
Luns 5 de novembro do 2007
Os traballadores da brigada de Medio Ambiente iniciaron estes días os traballos de limpeza dunha serie de vertedoiros detectados en diferentes puntos do municipio. Ao mesmo tempo continúan tamén os labores de acondicionamento de fontes-lavadoiro e áreas recreativas nas parroquias de Rus e Ardaña, ás que se engade tamén agora a de Entrecruces.
VOLVERÁN A REUNIRSE NAS PRÓXIMAS SEMANAS
Sábado 3 de novembro do 2007
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, e o concelleiro de Urbanismo e tenente alcalde, José Antonio Viña, entrevistáronse na mañá de onte con Alberto González Pérez, delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
O CONCELLO COMPROMETERUSE A ENVIAR AXIÑA TODA A INFORMACIÓN NECESARIA PARA AVANZAR NO PROXECTO
Sábado 3 de novembro do 2007
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Sanidade, Lourdes Rey, reuníronse onte coa xerente de Atención Primaria da área A Coruña-Ferrol, María Jesús Cerecedo, unha entrevista que serviu para concretar a pronta implantación dun novo centro de atención primaria en Carballo.
INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS
Sábado 3 de novembro do 2007
De cara a rematar cos traballos de elaboración do Inventario Municipal de Bens, no que se están incluíndo as fincas catastrais nas que non consta o seu titular, o Concello de Carballo publicou un bando no que insta aos propietarios destas a xustificar documentalmente súa titularidade.
A relación de subvencións concedidas farase pública no taboleiro de anuncios do Concello
Venres 2 de novembro do 2007
A Xunta de Goberno Local do pasado luns aprobou as bases que regulan a concesión de axudas ás asociacións culturais do concello na realización dun programa anual de actividades culturais do ano 2007. Con estas subvencións o Concello de Carballo pretende contribuír á promoción da cultura e do tecido asociativo e á potenciación do seu papel no desenvolvemento cultural.
OS CEMITERIOS DISPORÁN NOS PRÓXIMOS DÍAS DUNHA CANTIDADE MAIOR DE COLECTORES
Luns 29 de outubro do 2007
Os operarios da brigada municipal de obras procederon estes días a colocar de novo nos seus lugares de orixe un bo número de contedores de lixo que foran recollidos en mal estado nas últimas semanas.
SEMINARIO GRATUÍTO NO PAZO DA CULTURA DE CARBALLO
Luns 29 de outubro do 2007
O vindeiro 16 de novembro desenvolverase no Pazo da Cultura de Carballo o seminario Municipios para todos organizado pola empresa Meigalicia e Predif, a Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos, e co patrocinio do Concello de Carballo. Está dirixido a administracións públicas, hostaleiros e outros profesionais e ten como obxecto contribuír ao incremento da accesibilidade nos municipios.
OS TRES GAÑADORES DO CERTAME DE MONÓLOGOS PASARÁN A FORMAR PARTE DA REDE DE PARAMOUNT COMEDY
Luns 29 de outubro do 2007
A organización do Festival Internacional Outono de Teatro fixo públicos esta fin de semana os nomes dos gañadores dos concursos de teatro lido e monólogos cómicos que forman parte da programación da XVI edición de FIOT. O centro público integrado Cabo da Area, de Laxe, e Francisco Campos acadaron, respectivamente, o primeiro premio nestas dúas disciplinas.
FORMACIÓN E INSERCIÓN LABORAL FEMININA
Venres 26 de outubro do 2007
Esta formación, que comezará o vindeiro 12 de novembro, insírese dentro das iniciativas que as concellarías de Igualdade e Promoción Económica do Concello de Carballo poñen en marcha de forma conxunta co obxecto de mellorar a inserción laboral feminina no municipio.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES REMATA O 16 DE NOVEMBRO
Venres 26 de outubro do 2007
O Padroado Deportivo Municipal acaba de por en marcha a concesión de subvencións a clubs deportivos, entidades deportivas, asociacións deportivas e deportistas individuais con licenza federativa de Galicia que participen en diferentes competicións no ámbito autonómico durante a temporada anterior á do presente exercicio (2006-2007) como axuda para os desprazamentos.
SÁBADO 27 ÁS 17:30 HORAS NA PISCINA ZONA DE BERGANTIÑOS
Xoves 25 de outubro do 2007
Esta mañá presentouse na Casa do Concello de Carballo o cartel da fase territorial que puntuará para o IV Campionato de España Longa Distancia-Piscina e na que 24 nadadores/as galegos/as competirán na piscina municipal Zona de Bergantiños na proba de 3.000 metros libres masculino e feminino.