PARA CATIVOS DE 0 A 3 ANOS
Martes 13 de novembro do 2007
Na Xunta de Goberno celebrada onte quedou pechado o proxecto de creación dunha Galescola infantil para Carballo, como froito do convenio establecido entre a o Concello e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
OS CONTROIS DESTA MAÑÁ NON REXISTRARON INCIDENCIAS
Martes 13 de novembro do 2007
A Concellería de Tráfico de Carballo continúa coa súa campaña de concienciación sobre a seguridade do tráfico. Esta mañá, membros da Policía Local efectuaron diversos controis de vehículos en varios puntos da localidade, facendo especial fincapé no control sobre o uso de teléfonos móbiles.
ÁS SEIS DA TARDE NO PAVILLÓN MUNICIPAL BERGANTIÑOS
Martes 13 de novembro do 2007
Os nosos maiores poderán disfrutar o vindeiro domingo, 18 de novembro, dun magosto pensado por enteiro para eles. O "Magosto dos maiores" que organiza a Concellería de Terceira Idade celebrarase no Pavillón Municipal Bergantiños a partir das 18 horas e contará coa actuación da orquestra Dilema.
REPRESENTACIÓNS ÁS 10.30 E ÁS 12.15 NO PAZO DA CULTURA
Luns 12 de novembro do 2007
O programa ''A Cultura Educa'' que organiza o Concello de Carballo dá comezo hoxe luns coas primeiras representacións do Teatro na Escola. Esta actividade nace coa pretensión de achegar o teatro aos alumnos e alumnas de Carballo e ofrecerlles aos centros educativos un recurso educativo máis, que inclúe diferentes obras segundo os distintos niveis educativos dos alumnos.
POR DIANTE DE UR TEATRO E DE SHAKESPEARE WOMEN COMPANY
Luns 12 de novembro do 2007
Feito o reconto e analizadas as puntuacións emitidas polos espectadores ao final dos oito espectáculos de teatro de sala, o Premio do Público do Festival Internacional Outono de Teatro 2007 foi para o espectáculo Noite de Reis, do Centro Dramático Galego, que participou no festival o mércores 31 de outubro con grande éxito de público. O galardón consiste en convidar esta compañía á edición 2008 do FIOT.
COMEZOU A CAMPAÑA CONTRA O USO DE TELÉFONOS MÓBILES
Luns 12 de novembro do 2007
Concellería de Tráfico e Policía Local reforzaron esta fin de semana as medidas de seguridade no tráfico mediante dispositivos de control de vehículos en distintos puntos da vila. Ao longo da madrugada do venres ao sábado realizáronse diversos controis en distintos tramos horarios, cun parte de incidencias de tres denuncias en total.
ACTUARASE POLA NOITE PARA NON INTERFERIR
Luns 12 de novembro do 2007
Este mércores, 14 de novembro, instalarase a nova rotonda da Avenida da Milagrosa que enlazará coas saídas a Santiago, Ordes e Fisterra. A actuación dará continuidade á iniciada coa glorieta de conexión coa Rúa do Sol. A actuación realizarase ás 21.30h, para facer que a retención temporal afecte o menos posible ao tráfico rodado e á cidadanía.
A XORNADA DE CREACIÓN, O 19 DE NOVEMBRO NO PAZO DA CULTURA
Luns 12 de novembro do 2007
Froito da iniciativa común do Concello de Carballo e do Servizo Galego de Igualdade, o vindeiro luns 19 de novembro terá lugar a xornada de creación do Banco do Tempo de Carballo. A cita é ás 20.30h no auditorio do Pazo da Cultura e tamén servirá para dar a coñecer e expoñer os contidos de Trocatempo, páxina web dos Bancos de Tempo de Galiza.
DO 9 DE NOVEMBRO AO 5 DE DECEMBRO NO PAZO DA CULTURA
Xoves 8 de novembro do 2007
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleria de Cultura, Belén Lendoiro, presentaron o mércores no Pazo da Cultura a programación dunha nova edición de 'Novembro con Música', unha cita xa clásica en Carballo que desta vez durará ata o 5 de decembro cun total de 14 concertos nos que haberá folk, blues, jazz e, sobre todo, música clásica.
MAÑÁ XOVES ÁS 18:00 HORAS
Mércores 7 de novembro do 2007
Mañá xoves terá lugar na sede do Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio no Polígono de Bértoa, en Carballo, unha mesa redonda sobre o sector da construción no marco do traballo do Observatorio Económico Local.
VISITARON O CAMPO DE FÚTBOL DAS EIROAS
Martes 6 de novembro do 2007
O rexedor carballés, Evencio Ferrero, entrevistouse onte co deputado Xoán Manuel Cabo, presidente da Comisión de Cooperación e Asistencia ós Concellos da Deputación da Coruña, que realizou onte unha visita institucional ao Concello de Carballo.
Os pais e nais xa poden deixar aos seus fillos/as no centro antes do comezo da xornada escolar
Martes 6 de novembro do 2007
Os encontros mantidos nas ultimas semanas entre a Concellaría de Igualdade, os directivos do CEIP A Cristina e membros da asociación de nais e pais de alumnos deste centro serviron para chegar a un acordo definitivo que permitiu poñer en funcionamento o Programa Concilia.