Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O novo proxecto de mercado municipal preséntase mañá ao público

XA REMATADA A PROPOSTA DE MERCASA

O novo proxecto de mercado municipal preséntase mañá ao público

Luns 26 de novembro do 2007

Mañá martes, 27 de novembro, terá lugar a presentación pública do proxecto do novo mercado municipal que a empresa Mercasa elaborou nestes últimos meses. O acto, que comezará ás 19.30 e terá lugar no salón de plenos do Concello, permanecerá aberto a todas as persoas interesadas no proxecto.

Fin de semana musical con tres citas moi diversas

FESTIVAL DÚAS VEIRAS, CORAIS E "A VOZ MAQUILLADA"

Fin de semana musical con tres citas moi diversas

Venres 23 de novembro do 2007

A oferta de 'Novembro con Música' para esta fin de semana componse de tres propostas moi distintas, pensadas para que todos os públicos dispoñan dunha alternativa interesante. Os concertos que albergará o Pazo da Cultura entre hoxe e o domingo ofrecerán unha equilibrada mestura de música tradicional, coral e contemporánea.

Ábrese o prazo de inscrición para participar na "Campaña de esquí 2008"

PARA RAPACES E RAPAZAS DE ENTRE 10 E 13 ANOS

Ábrese o prazo de inscrición para participar na "Campaña de esquí 2008"

Xoves 22 de novembro do 2007

O Concello de Carballo oferta 15 prazas para aqueles rapaces e rapazas da localidade que teñan entre 10 e 13 anos e queiran participar na Campaña de esquí 2008 da Deputación da Coruña. O prazo de inscrición comeza hoxe, 22 de novembro, e remata o 18 de febreiro do ano entrante. Nesta nova edición, a estadía terá lugar na estación de Sierra Nevada (Granada).

Colectivos contra a violencia de xénero exporán as súas propostas na Feira das Asociacións do domingo

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LACRA

Colectivos contra a violencia de xénero exporán as súas propostas na Feira das Asociacións do domingo

Mércores 21 de novembro do 2007

O Centro de Información á Muller e a Concellería de Igualdade levarán a cabo este domingo, 25 de novembro, unha Feira das Asociacións na que participarán diversas asociacións e entidades relacionadas coa loita contra a violencia de xénero. A carpa estará instalada na Praza do Concello dende as 10.30h ata as 15.00h.

As músicas galega e uruguaia volven irmandarse no II Festival Dúas Veiras

BAILE, CONCERTOS E UNHA SESIÓN DJ PARA A NOITE DO VENRES

As músicas galega e uruguaia volven irmandarse no II Festival Dúas Veiras

Martes 20 de novembro do 2007

Este venres, 23 de novembro, regresa ao Pazo da Cultura o Festival Dúas Veiras, Músicas de Galiza e Uruguai, que organizan a Asociación Casa del Uruguay El Ceibo e mais o Concello de Carballo. Esta segunda edición do festival volverá alternar actuacións musicais propias das tradicións galega e uruguaia, esta vez mesturadas con achegas máis modernas.

'Un cuarteto divertido' ofrecerá hoxe aos escolares carballeses un concerto didáctico arredor do violín

ALUMNOS/AS DE NOVE COLEXIOS ASISTIRÁN Á ACTUACIÓN NO PAZO DA CULTURA

'Un cuarteto divertido' ofrecerá hoxe aos escolares carballeses un concerto didáctico arredor do violín

Luns 19 de novembro do 2007

Os alumnos de entre 3º e 6º cursos de primaria gozarán durante esta mañá do martes no Pazo da Cultura do espectáculo da banda Un cuarteto divertido, que dará un concerto didáctico pensado para incentivar os cativos na aprendizaxe da linguaxe musical. Para este novo evento de 'Novembro con Música' realizaranse dúas funcións: unha ás 10.00 e outra ás 12.00 horas.

Maiores e pensionistas de Carballo xa poden inscribirse na campaña 'Xuntos polo Nadal'

NOVA EDICIÓN DA INICIATIVA DE VICEPRESIDENCIA

Maiores e pensionistas de Carballo xa poden inscribirse na campaña 'Xuntos polo Nadal'

Venres 16 de novembro do 2007

Como vén sucedendo nos últimos anos, a campaña 'Xuntos polo Nadal' quere facer que todos os nosos maiores estean acompañados durante as festas. Esta iniciativa da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Acción Social, está dirixida a aquelas persoas que, podendo valerse por si mesmas, teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas da Seguridade Social maiores de 60.

Mellora a circulación na Milagrosa grazas á instalación da nova rotonda

EN FUNCIONAMENTO DENDE ONTE Á NOITE

Mellora a circulación na Milagrosa grazas á instalación da nova rotonda

Xoves 15 de novembro do 2007

O tráfico no interior da localidade é agora un pouco máis fluído logo da instalación o mércores á noite da nova rotonda na Avenida da Milagrosa. Ao longo da xornada de onte xoves observouse unha clara mellora da circulación nesta zona, na que se adoitaban producir severas conxestións debido á confluencia de varias vías.

Continúa 'Novembro con Música' cun concerto de violín e piano

DANIEL KIRILOV E VERA PAVLOVA INTERPRETARÁN PEZAS CLÁSICAS

Continúa 'Novembro con Música' cun concerto de violín e piano

Mércores 14 de novembro do 2007

Hoxe ás 20.00h no Pazo da Cultura continúa a programación do 'Novembro con Música' 07 cun concerto de violín e piano a cargo de Daniel Kirilov e Vera Pavlova, que interpretarán varias pezas de compositores clásicos como Bach ou Mendelson.

Compartir: