AS OBRAS FORON ADXUDICADAS POR PRETO DE 57.000 EUROS E EMPREGARANSE MATERIAIS AVALADOS POLA FIBA E A IHF
Sábado 22 de decembro do 2007
Os traballos de substitución do pavimento do pavillón de Bergantiños, ubicado na rúa Carballo Calero, comezaron esta semana. As obras foron adxudicadas por preto de 57.000 euros e servirán para dotar á instalación dun firme de linóleo que, segundo os informes técnicos dos que dispón a Concellería de Deportes, valorouse como a mellor opción para a práctica deportiva que se desenvolve na instalación.
SERÁ POSIBLE GRACIAS AO CONVENIO SUSCRITO ENTRE O CONCELLO DE CARBALLO, A CÁMARA DE COMERCIO DA CORUÑA E AFIGAL
Venres 21 de decembro do 2007
A sociedade de garantía recíproca Afigal facilitará as tramitacións dos seus avais e asesoramento financiero ás pequenas e medianas empresas (pemes) da comarca da Costa da Morte desde a Antena Cameral de Carballo. Esto será posible gracias ao acordo asinado hoxe, 21 de decembro, nas dependencias municipais de Carballo entre o Concello, a Cámara de Comercio da Coruña e Afigal.
ADEMAIS CONCEDEU CADANSEU ACCÉSIT A ALEJANDRO COSTA, ELENA FARIÑA, AARÓN BALDOMIR, LUCÍA MIRANDA E DAVID CASTRO
Mércores 19 de decembro do 2007
Os meniños premiados nos concursos de postais e de carteis de Nadal recibiron hoxe os seus galardóns no salón de plenos da Casa do Concello. Ao acto asistiron o alcalde, Evencio Ferrero, a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, a titular de Educación, Mar Eirís e os pais dos sete nenos e nenas que resultaron gañadores nos certames escolares de Nadal promovidos polo Concello.
DESENVOLVERASE NO 2008 E PERMITIRÁ TRÁMITES ADMINISTRATIVOS ON-LINE E A IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA XEOGRÁFICO DE INFORMACIÓN
Martes 18 de decembro do 2007
O Concello de Carballo aprobou hoxe na súa Xunta de Goberno un proxecto que "situará á vila na vangarda estatal de aplicación das novas tecnoloxías á xestión municipal", según explicou o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín. Esta iniciativa desenvolverase durante o ano 2008 e permitirá aos veciños e veciñas resolver on-line un sinfín de trámites administrativos co Goberno municipal. Tamén ofrecerá un servizo de localización a través dun sistema de información xeográfica de diferentes puntos de interés de Carballo, como os negocios abertos -clasificados por actividades- ou información demográfica.
O GASTO EN INVESTIMENTOS AUMENTARÁ EN MÁIS DE 790.000 EUROS E AS ESCOLAS INFANTÍS RECIBIRÁN UN TOTAL DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS
Luns 17 de decembro do 2007
O Concello de Carballo aprobará os seus orzamentos máis elevados da historia -21.307.749 euros- no pleno que se celebrará o vindeiro día 27 de decembro. Así o confirmaron o sábado día 15 de decembro en rolda de prensa o alcalde, Evencio Ferrero, o tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, José Antonio Viña e a concelleira de Facenda, María Jesús Vázquez. Estes orzamentos está nivelados nos capítulos de gastos e ingresos e supoñen un incremento da inversión prevista con respecto ao ano 2007 dun 6,5%. Por outra banda, o organismo autónomo administrativo Padroado Deportivo Municipal presenta tamén un orzamento nivelado no referente aos gastos e ingresos, que se sitúa en 850.498 euros.
AS ACTUACIÓNS PRETENDEN REDUCIR A ACCIDENTALIDADE, MELLORAR A FLUIDEZ DO TRÁFICO NO CASCO URBANO E A SEGURIDADE DOS PEÓNS
Sábado 15 de decembro do 2007
Despois das últimas boas novas aportadas pola Garda Civil e a Policía Local na última Xunta Local de Seguridade celebrada o pasado mércores 12 de decembro, que constataron un incremento da seguridade viaria no municipio, desde a Concellería de Tráfico de Carballo estúdianse novas medidas que poidan reforzar e consolidar no futuro esta tendencia positiva. Todas estas actuacións, que afectarán soamente ao casco urbano, recolleranse nun Plan de Seguridade Viaria que se está a elaborar e comezará a desenvolverse no vindeiro ano 2008. Estas contará cunha inversión superior aos 70.000 euros, según destacou Benedito Viña, concelleiro responsable de Tráfico.
A PROBA CONCITOU A MÁIS DUN MILLEIRO DE XOVES DEPORTISTAS CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 8 E OS 16 ANOS
Venres 14 de decembro do 2007
A proba de campo a través do Concello de Carballo, celebrada o venres 14 de decembro, concentrou a máis de mil rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos. A carreira, que comezou ás 10.30, desenvolveuse sen incidentes nun día soleado. O concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, destacou o elevado éxito da proba "á que concurriron máis participantes dos que estaban previstos nun principio". Endadiu que en vindeiras edicións, "tentaremos que aumente a participación, aínda que será difícil".
ADEMAIS DAS OBRAS PROXECTADAS E CASE REMATADAS, A XUNTA LIMPARÁ OS FONFOS E MELLORARÁ OS ESPAZOS PARA OS BARCOS
Xoves 13 de decembro do 2007
O presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e outros membros da Corporación Local visitaron o xoves, 13 de decembro, o porto de Razo e comprobaron sobre o terreo a avanzada fase na que se atopan a obras de mellora nesta infraestructura portuaria, que contan cun presuposto duns 200.000 euros para a súa execución. Como froito deste encontro entre Ferrero e Parga, o organismo dependente da Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia comprometeuse a ampliar os traballos inicialmente previstos. Deste xeito, e cando o estado do mar o permita (no verán), Portos fará unha limpeza do fondo marino e mellorará os espazos destinados ás embarcacións. O alcalde de Carballo amosou a súa satisfacción polas inversións que está a recibir o porto de Razo despois de anos de esquecemento.
EXISTE UNHA ORDENANZA MUNICIPAL QUE PENALIZA ESTE TIPO DE COMPORTAMENTOS CON SANCIÓNS ECONÓMICAS DE 250 EUROS
Mércores 12 de decembro do 2007
O Concello de Carballo fai un chamamento ao civismo da cidadanía para que os propietarios de mascotas recollan da vía pública as defecacións dos seus animais domésticos. Varios veciños acudiron nos últimos días á Alcaldía para denunciar este problema e para esixir medidas que corrixan esta situación e, deste xeito, as rúas e parques carballeses poidan estar o máis limpos posible.
"OS DATOS DEMOSTRAN QUE AS MEDIDAS QUE ESTAMOS A APLICAR SON EFICACES", ASEGURA BENEDITO COSTA, CONCELLEIRO DE RÉXIME INTERIOR
Mércores 12 de decembro do 2007
O delitos descenderon en Carballo case un 23% nos once primeiros meses de 2007 con respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo constataron fontes da Garda Civil no transcurso da Xunta Local de Seguridade celebrada o mércores 12 de decembro no Concello carballés. Por outra banda, os delitos contra o patrimonio baixaron máis dun 30%. Estas boas cifras confirman un incremento da seguridade cidadá observada xa desde o ano pasado en comparación co 2005. Esta tendencia positiva compleméntase con outras boas novas aportadas pola Garda Civil no referente ás infraccións de tráfico e aos sinistros mortais nas estradas. Äínda que non puideron aportar datos concretos sobre estes dous últimos aspectos porque non están pechados, responsables do Instituto Armado confirmaron a boa evolución neste sentido. O alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero, calificou este balance como "moi satisfactorio".
A CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA AGRADECE A COLABORACIÓN DOS COMERCIANTES E DA CIDADANÍA PARA MELLORAR A SITUACIÓN
Martes 11 de decembro do 2007
Carballo ten hoxe outro aspecto os días despois das feiras. As medidas adoptadas nos últimos meses desde diferetentes áreas do Goberno local posibilitaron que as moreas de lixo que habitualmente se amontoaban na praza do Concello e no barrio da Milagrosa despois da celebración do mercado pertenzan xa ao recordo. A instalación de dous colectores de obra -un na rúa Cervantes hai xa meses e outro no barrio da Milagrosa máis recentemente- vencellado á colaboración dos comerciantes está a dar os resultados desexados, segundo apuntan fontes do Goberno municipal.
"É UN GRAN ÉXITO REUNIR A TANTOS PARTICIPANTES PARA A PROBA", ASEGURA O CONCELLEIRO DE DEPORTES, MARCOS TRIGO
Martes 11 de decembro do 2007
Algo máis de 900 rapaces e rapazas -con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos- participarán o venres día 14 de decembro na proba de campo a través do Concello de Carballo 2007, que foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes. Marcos Trigo destacou o "gran éxito" que supón reunir a tantos escolares arredor dun evento deportivo e desexou que en vindeiras edicións a afluencia de participantes "continúe subindo". Tamén subliñou que estes resultados derivan da "promoción do deporte escolar que se ven promovendo desde o Concello".