GARCÍA GUILLÍN EXPLICA QUE ESTA INICIATIVA SITÚA A CARBALLO Á VANGARDA NA APLICACIÓN DA TECNOLOXÍA Á ADMIMISTRACIÓN LOCAL
Mércores 16 de xaneiro do 2008
O Concello de Carballo investirá durante este ano preto de 200.000 euros no desenvolvemento de 'Territorionet'. Este proxecto tecnolóxico sitúa ao municipio "na vangarda estatal de aplicación das novas tecnoloxías á xestión municipal", según explicou o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín, durante a presentación da iniciativa está mañán na Casa do Concello. Ao acto asistiron tamén o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Urbanismo, José Antonio Viña.
AS DÚAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS RECUPERARON A SÚA ACTIVIDADE DESPOIS DOS TRABALLOS QUE ELEVARON AS SÚAS PRESTACIÓNS
Martes 15 de xaneiro do 2008
Os usuarios do pavillón de Bergantiños e do campo de fútbol das Eiroas están a desfrutar xa das melloras que o Concello de Carballo realizou en ambas as dúas instalacións deportivas. No primeiro caso, as obras consistiron na subsitución do pavimento. No segundo, na instalación dun céspede artificial de última xeración e dun novo sistema de rego, así coma na dotación de novo equipamento.
OS ESFORZOS DA POLICÍA LOCAL "DERON OS MELLORES RESULTADOS", DESTACOU O CONCELLEIRO DE XESTIÓN MUNICIPAL, BENEDITO VIÑA
Martes 15 de xaneiro do 2008
O concelleiro de Xestión Municipal, Benedito Viña, amosou hoxe a súa satisfacción pola eficacia que tivo a Campaña de Seguridade de Nadal, que se desenvolveu entre o día 22 de decembro de 2007 e o 5 de xaneiro do presente ano. Os esforzos da Policía Local para aumentar a seguridade nas rúas máis concorridas e nos establecementos comercias do casco urbán "deron os mellores resultados", precisou Viña Costa.
O CONSELLEIRO DE TRABALLO, RICARDO VARELA, PRESENTOU HOXE UN PLAN QUE CONTARÁ CUNHA INVERSIÓN DE 15 MILLÓNS DE EUROS ESTE ANO
Luns 14 de xaneiro do 2008
O alcalde, o nacionalista Evencio Ferrero, confirmou que o Concello se adherirá ao Pacto Territorial de Emprego da Costa da Morte presentado hoxe, 14 de xaneiro, polo conselleiro de Traballo, Ricardo Varela. Este plan prevé un investimento de 15 millóns de euros durante o presente ano 2008 nos 18 municipios que a Xunta encadra dentro da área da Costa da Morte.
GONZALO RABUÑAL, CORREDOR PROFESIONAL DO KARPIN GALICIA, E PEPE XAGARÓS, RESPONSABLE DE 'MARKETING', PARTICIPARON NA ACTIVIDADE
Martes 8 de xaneiro do 2008
Dentro das actividades que promove o Concellería de Deportes de Carballo para fomentar a práctica deportiva entre todos os sectores de idade do municipio, o luns día 7 de xaneiro celebrouse na vila o 'I circuito de ciclismo escolar'. Uns 30 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos participaron nesta xornada, que se celebrou a primeira hora da tarde na praza do Concello.
OS CENTROS QUÉROTE, DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, ORGANIZARON A ACTIVIDADE E PROMOVERÁN OUTRAS AO LONGO DO 2008
Xoves 3 de xaneiro do 2008
O concelleiro de Xuventude de Carballo, Marcos Trigo, fixo un balance "moi positivo" do obradoiro de sexualidade 'Escribe o teu guión, se o protagonista da túa historia', que se impartiu nos derradeiros días do ano 2007 e no cal participaron un total de 21 persoas. Esta actividade formativa estivo organizada polos Centros Quérote, da Dirección Xeral de Xuventude, en colaboración co Concello.
AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN E VIXIANCIA QUE A CONCELLERÍA DE XESTIÓN MUNICIPAL DESENVOLVE DESDE O 22 DE DECEMBRO REMATAN O DÍA 5
Mércores 2 de xaneiro do 2008
A Concellería de Xestión Municipal desenvolve desde o pasado día 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro a campaña de seguridade de Nadal. Coa mesma, o Concello de Carballo pretende, a través da vixiancia e da prevención, mellorar todos os aspectos relacionados coa seguridade pública nestas semanas festivas. "Ata o de agora non se rexistraron incidencias de importancia e iso quere dicir que a campaña está a ser efectiva", confirma Benedito Costa, concelleiro de Xestión Municipal.
A INICIATIVA PARTE DAS CONCELLERÍAS DE TERCEIRA IDADE E DEPORTES E ESTÁ A TER UN GRAN ÉXITO TANTO NO ÁMBITO URBANO COMA NO RURAL
Venres 28 de decembro do 2007
Máis de 300 persoas participan na actualidade no Programa de Exercicio Físico para Maiores de 60 anos do Concello de Carballo, que organizan de forma conxunta as Concellerías de Terceira Idade e Deportes. Esta iniciativa, que está a ter un gran éxito tanto no ámbito urbano coma no rural, ten como obxectivo primordial elevar a calidade de vida das persoas anciáns mediante a práctica dun exercicio moderado.
O OBRADOIRO 'ESCRIBE O TEU GUIÓN, SE O PROTAGONISTA DA TÚA HISTORIA, DESENVOLVERASE OS DÍAS 27 E 28 EN HORARIO DE 17.00 A 19.00
Xoves 27 de decembro do 2007
O director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Rubén Cela, acudiu hoxe a Carballo para participar no acto de presentación do obradoiro de educación sexual 'Escribe o teu guión, se o protagonista da túa historia'. Esta actividade formativa está organizada polos centros Quérote coa colaboración da Concellería de Xuventude e desenvolverase hoxe e mañán no Pazo da Cultura en horario de 17.00 a 19.00. Na presentación tamén estiveron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Xuventude, Marcos Trigo.
DESPOIS DE REMATAR OS TRABALLOS NAS PARROQUIAS DE RAZO E OZA; REBORDELOS, NOICELA E LEMA RECIBIRÁN O SERVIZO EN BREVE
Mércores 26 de decembro do 2007
Os membros das brigadas municipais de Medio Ambiente continúan as súas tarefas de mantemento e limpeza das fontes e lavadoiros que están espalladas ao longo do municipio carballés. Estos traballos, que comezaron hai dous meses, están a piques de rematar porque despois de actuar recentemente nas parroquias de Oza e Razo, onde tamén se limpou a Escola Unitaria de Nétoma, so quedan agora as de Rebordelos, Noicela e Lema, que recibirán este servizo nos primeiros días do ano 2008.
AS OBRAS FORON ADXUDICADAS Á EMPRESA CRC POR 10 MILLÓNS DE EUROS E DEBERÁN ESTAR REMATADAS ANTES DE ANO E MEDIO
Mércores 26 de decembro do 2007
A primeira hora da mañá de hoxe comezaron as obras de ampliación do Parque Empresarial de Carballo. As tarefas principiaron polo desbroce de parte dos 718.500 metros cadrados sobre os que se actuará nesta primeira fase do proxecto. A empresa CRC é a adxudicataria destes traballos, que dispoñen dun orzamento de 10 millóns de euros e dun prazo máximo de execución de 18 meses.
A ACTUACIÓN CONTA CUN ORZAMENTO DE 10 MILLÓNS DE EUROS E REALIZARASE SOBRE UNHA SUPERFICIE DE 718.500 METROS CADRADOS
Sábado 22 de decembro do 2007
O mércores día 26 de xaneiro comezarán as obras de ampliación do Parque Empresarial de Carballo, que foron adxudicadas pola Xunta á empresa CRC por 10 millóns de euros. Esta primeira fase da actuación realizarase sobre un total de 718.500 metros cadrados, pero o proxecto completo precisará dun investimento que rondará os 35 millóns de euros. Esta cifra será a máis elevada que endexamais se inverteu en Carballo nunha obra pública.