Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O polígono de Bértoa acolle unha unidade móbil da ITV para a revisión obrigatoria de ciclomotores

INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS

O polígono de Bértoa acolle unha unidade móbil da ITV para a revisión obrigatoria de ciclomotores

Martes 29 de xaneiro do 2008

O polígono industrial de Bértoa acolle unha unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) para realizar a revisión dos ciclomotores de máis de tres anos. É a primeira vez que esta operación é obrigatoria para este tipo de vehículos en Galicia. No mes de xaneiro a revisión é obrigatoria para os ciclomotores coa matrícula rematada en 0, en febreiro para os que a teñan rematada en 1 e así sucesivamente coas placas rematadas en 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9 cada mes do ano ata outubro. Neste caso, a cita é o venres 30 de xaneiro en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.30 a 18.00 horas. Non é necesario solicitar cita previa.

O Grupo de Goberno leva a Pleno a desafectación dunha parcela para construir unha 'galescola'

SESIÓN ORDINARIA ÁS 20.30 HORAS

O Grupo de Goberno leva a Pleno a desafectación dunha parcela para construir unha 'galescola'

Luns 28 de xaneiro do 2008

A Corporación Local de Carballo celebra hoxe -28 de xaneiro de 2008- a sesión ordinaria do Pleno a partir das 20.30 horas. Un dos puntos que se debatirá na orde do día será a desafectación da parcela municipal sita na rúa Carballo Calero para poder destinala á construción da primeira das dúas 'galescolas' que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia se comprometeu a cofinanciar no municipio.

Óscar Pereiro abarrota o salón de actos do Pazo da Cultura

VISITA DUN CAMPIÓN DO TOUR DE FRANCIA

Óscar Pereiro abarrota o salón de actos do Pazo da Cultura

Venres 25 de xaneiro do 2008

Os afeccionados ao ciclismo de Carballo viviron hoxe, día 25 de xaneiro, unha xornada única. Porque todo un campión do Tour de Francia visitou o municipio para darse un bano de multitudes no salón de actos do Pazo da Cultura, que estivo ateigado de xente. Este evento -'Encontro no cumio con Óscar Pereiro'- estivo organizado pola Asociación Cultural Lumieira en colaboración con Concello.

O Concello anima á cidadanía a que participe na celebración do Entroido

PROGRAMACIÓN DE CARNAVAL

O Concello anima á cidadanía a que participe na celebración do Entroido

Xoves 24 de xaneiro do 2008

As concelleiras de Cultura, Belén Lendoiro, e de Terceira Idade, Lourdes Rey, presentaron hoxe -24 de xaneiro- ás 13.00 horas no Pazo da Cultura a programación do Entroido 2008. Ambas as dúas áreas, ademais da de Seguridade Cidadá, colaboran na organización desta festa tradicional; así coma diferentes asociacións culturais e veciñais do municipio. A intención do Concello é implicar á cidadanía para que participe de forma masiva na celebración do Carnaval.

Carballo participará no proxecto 'Ber2015/ Vilas Sostibles' xunto a catro municipios de Bergantiños

PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL PIONEIRO

Carballo participará no proxecto 'Ber2015/ Vilas Sostibles' xunto a catro municipios de Bergantiños

Xoves 24 de xaneiro do 2008

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Antonio Viña, reuníronse en Compostela co director xeral de Desenvolvemento Sostible da Xunta, Emilio Manuel Fernández Suárez. O motivo deste encontro foi comezar a traballar nun pioneiro proxecto medioambiental chamado 'Ber2015/ Vilas Sostibles' que aglutinará a cinco municipios de Bergantiños: Carballo, Coristanco, Malpica, A Laracha e Ponteceso. Na xuntanza estiveron presentes os rexedores locales de todos estes Concellos.

Empresarios uruguaios e bergantiñáns intercambiarán ideas en Carballo

ENCONTRO EMPRESARIAL URUGUAY-BERGANTIÑOS O DÍA 25

Empresarios uruguaios e bergantiñáns intercambiarán ideas en Carballo

Mércores 23 de xaneiro do 2008

Unha delegación da Asociación de Empresarios Galegos de Uruguay (AEGU) visitirá mañán, venres 25 de xaneiro, Carballo. O Goberno local ofrecerá unha recepción oficial á comitiva e porá en contacto ao sector empresarial da comarca cos industriais suramericanos, moitos deles con raíces no municipio. O programa da xornada inclúe diferentes actividades que misturarán o turismo coa posta en común de ideas e proxectos entre os empresarios de ambos os dous lados do Atlántico.

O Concello inicia as obras da primeira fase do carril bici

A DEPUTACIÓN FINANCIARÁ OS 255.000 EUROS QUE CUSTARÁ O TRAMO DUN QUILÓMETRO QUE UNIRÁ O CASCO URBANO COA PONTE DE OZA

O Concello inicia as obras da primeira fase do carril bici

Luns 21 de xaneiro do 2008

Os afeccionados ao ciclismo de Carballo poderán desfrutar na primaveira do primeiro tramo do carril bici co que contará o Concello. Hoxe, luns día 21 de xaneiro, comezaron as obras dunha actuación que unirá o casco urbano coa ponte de Oza nun treito de aproximadamente 1.000 metros. Concretamente, o carril bici discorrerá paralelo á estrada de Razo partindo da altura na que se atopa o IES Parga Pondal.

A Concellería de Obras está a reparar os 300 farois afectados pola tormenta

ELECTRICISTAS MUNICIPAIS E TÉCNICOS DE EMPRESAS EXTERNAS TRABALLAN PARA ARRANXAR OS DANOS COA MAIOR CELERIDADE POSIBLE

A Concellería de Obras está a reparar os 300 farois afectados pola tormenta

Luns 21 de xaneiro do 2008

A Concellería de Obras e Servizos está a reparar os danos provocados pola forte tormenta que danou máis de 300 farois do alumeado público o pasado mércores día 16 de xaneiro. Electricistas municipais e técnicos de empresas externas repararon xa 80 durante a semana pasada e proseguen durante a actual para solucionar o problema coa maior celeridade posible.

O pan de Carballo estará presente o día 21 en Madrid na xornada 'De Gusto 2008'

A ASOCIACIÓN PROFESIONAL DO SECTOR TURÍSTICO DA COSTA DA MORTE (APTCM) PRETENDE DIVULGAR A GASTRONOMÍA DA COMARCA

O pan de Carballo estará presente o día 21 en Madrid na xornada 'De Gusto 2008'

Sábado 19 de xaneiro do 2008

'De Gusto 2008' é unha xornada de exaltación dos produtos gastronómicos da Costa da Morte que organiza o día 21 de xaneiro en Madrid a Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM). Carballo achegará a este encontro o seu mellor pan e estará representado polo concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Guillín, e por un membro dos panadeiros que fabrican pan artesanal no municipio.

Os Venres Culturais 2008 ofrecen unha programación variada e dirixida a públicos diversos

A CONCELLERÍA DE CULTURA PRESENTOU UN PROGAMA CUNHA OFERTA VARIADA QUE INCLÚE NOVIDADES CON RESPECTO A OUTRAS EDICIÓNS

Os Venres Culturais 2008 ofrecen unha programación variada e dirixida a públicos diversos

Venres 18 de xaneiro do 2008

Durante os meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril, os Venres Culturais 2008 ofrecerán cando menos un espectáculo ou actividade semanal. A concelleira de Cultura de Carballo, Belén Lendoiro, e o alcalde, Evencio Ferrero, presentaron o día 17 de xaneiro o programa desta iniciativa, que vai dirixido a todo tipo de públicos e que abarca diferentes disciplinas artísticas.

O Concello recollerá gratis o aceite de cociña usado a hostaleiros e comunidades veciñais

AS EMPRESAS E COMUNIDADES VECIÑAIS INTERESADAS NA PRESTACIÓN DESTE NOVO SERVIZO, DEBEN SOLICITALO CHAMANDO AO 981 704 100

O Concello recollerá gratis o aceite de cociña usado a hostaleiros e comunidades veciñais

Xoves 17 de xaneiro do 2008

O Concello de Carballo ofrece un novo servizo gratuito de recollida de aceite de cociña usado a hostaleiros e comunidades veciñais cun mínimo de oito vivendas. A prestación do mesmo, que xestionará a concellería de Medio Ambiente, realizarase a través dunha empresa especializada no tratamento deste tipo de residuos.

Aberto o prazo para inscribirse no curso de condución eficiente que se celebrará en Carballo

AS PERSOAS INTERESADAS EN APUNTARSE NESTA INICIATIVA, QUE SE IMPARTIRÁ O 4 E O 5 DE FEBREIRO, PODEN FACELO ATA O 25 DE XANEIRO

Aberto o prazo para inscribirse no curso de condución eficiente que se celebrará en Carballo

Mércores 16 de xaneiro do 2008

Aforrar cartos en combustible na actual etapa de carestía dos carburantes é posible. As persoas interesadas en saber cómo facelo teñen a oportunidade de inscribirse nalgunha das catro quendas nas que se impartirá o curso de condución eficiente que se desenvolverá no Pazo da Cultura de Carballo os días 4 e 5 de febreiro en horario de mañán ou de tarde. Esta actividade formativa, na que colabora a Concellería de Xestión Municipal, responsabilidade de Benedito Viña, é gratuita. Os interesados en apuntarse poden facelo no Concello ata o día 25 de xaneiro.

Compartir: