ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS
Luns 11 de febreiro do 2008
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentou hoxe -luns 11 de febreiro- tres obras que melloran a accesibilidade a diferentes instalacións municipais. En concreto, estes traballos realizáronse na Escola Infantil ‘As Landras’ e nas piscinas ‘Vila de Noia’ e ‘Carballo Calero’ gracias a un convenio asinado no seu día entre o Concello, a Once e o Imserso.
DEPORTE EN IDADE ESCOLAR
Venres 8 de febreiro do 2008
Santiago de Compostela acolle o domingo (10 de febreiro) a fase final provincial da competición de campo a través en idade escolar. Carballo, vila que se disputaron dúas fases anteriores desta proba, aportará un total de 36 deportistas á competición que se disputará na capital galega.
VISITA DA DIRECTORA XERAL PARA O DEPORTE
Xoves 7 de febreiro do 2008
O Goberno local de Carballo aproveitou a recente visita ao municipio da directora xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Souto, e da delegada provincial da Consellería de Deportes, Milagres Lantes, para solicitar a axuda da Administración autonómica para a renovación da piscina Vila de Noia, construída no ano 1987.
CAMPIONATO GALEGO OPEN DE NATACIÓN MÁSTER DE INVERNO
Xoves 7 de febreiro do 2008
A piscina Bergantiños de Carballo acollerá o domingo, día 10 de febreiro, o Campionato Galego Open de Natación Máster de inverno. En total, participarán na competición preto de 150 deportistas pertencentes a un total de 18 clubes, cinco dos cales proceden de diferentes puntos de todo o Estado español.
PARA COMPLETAR A URBANIZACIÓN
Martes 5 de febreiro do 2008
A empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. traballa desde finais de xaneiro na reparación e dotación de beirarrúas nas rúas Rosas, Mirtos, Amapolas e Dalias do casco urbano de Carballo.
DÍA DE FESTA PARA A PARROQUIA
Luns 4 de febreiro do 2008
Berdillo festexou o pasado venres, día 1 de febreiro, a inauguración do seu Centro Social ao grande. Membros das sete asociacións da parroquia, multitude de veciños e veciñas e unha nutrida representación política celebraron a boa nova de ver rematados uns traballos que comezaron hai máis de dúas décadas e que finalizaron agora gracias a un convenio asinado entre o Concello de Carballo e a Consellería de Cultura.
ELIMINACIÓN DUN PUNTO CONFLICTIVO DO TRÁFICO
Luns 4 de febreiro do 2008
A Concellería de Obras e Servizos, responsabilidade de Lois Lamas, está a executar o ancheamento do vial que une Caión con Baldaio ao seu paso polo lugar de Imende, na parroquia de Noicela. Con esta actuación, o Concello de Carballo eliminará un paso estreito nunha estrada que rexistra un gran tráfico, sobre todo no verán, e que colapsaba a circulación.
POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO
Venres 1 de febreiro do 2008
A Concellería de Turismo do Concello de Carballo, responsabilidade de Xosé Manuel García Guillín, puxo en marcha unha campaña co obxectivo de mellorar a sinalización turística e contribuir así á potenciación da posta en valor do patrimonio artístico, cultural e paisaxístico do municipio.
TRABALLOS DE REFORMA E AMPLIACIÓN
Xoves 31 de xaneiro do 2008
A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, desprazarase mañán -1 de febreiro- ata Carballo para participar a partir das 20.00 horas na inauguración das obras de reforma e ampliación do Centro Social de Berdillo. Ao acto asistirán tamén o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Lois Bará; a delegada provincial de Cultura, Milagres Lantes; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro.
CONCELLO-REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
Mércores 30 de xaneiro do 2008
O Concello de Carballo, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, abre a inscrición para os dous obradoiros de 12 horas de duración cada un deles que se desenvolverán durante o mes de febreiro na Aula Informática, sita na Ludoteca Infantil. Os cursos son Iniciación á Informática e Iniciación a Internet con saúde.
CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO
Martes 29 de xaneiro do 2008
As brigadas de Medio Ambiente do Concello de Carballo rematarán durante a primeira semana de febreiro a campaña de mantemento e limpeza de fontes e lavadoiros. Os operarios municipais traballan agora en Sísamo, despois de ter atendido á totalidade das parroquias do municipio durante os últimos tres meses.
MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Martes 29 de xaneiro do 2008
A Corporación Local de Carballo aprobou durante a última sesión plenaria, celebrada o día 28 de xaneiro, un proxecto de obra para mellorar o campo de fútbol anexo das Eiroas. Estes traballos suporán un investimento de preto de 600.000 euros e contribuirán a aumentar a calidade das instalacións deportivas municipais.