DEPORTE ESCOLAR
Luns 31 de marzo do 2008
Aínda que o dito popular asegura que ninguén é profeta na súa terra, o Club Fogar Triatlón Carballo rachou esta máxima na proba de duatlón escolar celebrada o domingo día 30 de marzo no municipio bergantiñán. Porque obtivo seis medallas, igual rexistro que o acadado polo Triatlón Bricosa de Santiago de Compostela.
VIAL DE ALTA CAPACIDADE DA COSTA DA MORTE
Venres 28 de marzo do 2008
A conselleira de Política Territorial, a socialista María José Caride, anunciou hoxe en Carballo a inmediata adxudicación das obras do tramo do vial de alta capacidade da Costa da Morte entre Carballo e Berdoias (Vimianzo), que nestes 42 quilómetros será unha autovía.
DEPORTE EN IDADE ESCOLAR
Venres 28 de marzo do 2008
A proba de duatlón escolar reunirá o domingo pola mañá a preto de 100 participantes das categorías alevín, infantil e cadete nos arredores do polígono de Bértoa. A competición combinará as disciplinas deportivas de carreira de fondo e bicicleta e comezará ás 11.00 horas.
FOMENTO DO COMERCIO
Xoves 27 de marzo do 2008
O Concello de Carballo e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo renovarán mañá, día 28 de marzo, a colaboración que manteñen desde xuño do ano 2002 coa sinatura dun novo convenio. O acto terá lugar na Casa do Concello ás 13.30 horas.
PROGRAMACIÓN DOS 'VENRES CULTURAIS'
Mércores 26 de marzo do 2008
A programación dos Venres Culturais, que organiza o Concello de Carballo, ofrece o domingo día 30 de marzo a función teatral 'Sombreiros de chapeu', da compañía 'Tanxarina Títeres'. A actuación terá lugar no auditorio do Pazo da Cultura a partir das 18.00 horas e o prezo das entradas será de 2,5 euros (ordinario) e 2 (reducido). Este espectáculo forma parte do ciclo 'En Familia'.
FORMACIÓN PARA OS PAIS E AS NAIS
Martes 25 de marzo do 2008
O programa ‘Aprender para Educar’ retoma a súa actividade tras as vacacións de Semana Santa cun obradoiro sobre sexualidade que se impartirá en tres venres consecutivos (28 de marzo e 4 e 11 de abril) no Pazo da Cultura en idéntico horario: 20.00 horas.
VISITA INSTITUCIONAL
Luns 24 de marzo do 2008
O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, compromoteuse hoxe en Carballo a mellorar as comunicacións do municipio e de toda a comarca da Costa da Morte durante a súa primeira visita institucional á cidade bergantiñá desde que accedera ao Pazo de Raxoi hai tres anos.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Martes 18 de marzo do 2008
O Concello de Carballo, no seu afán por promover e prestixiar o emprego social da lingua galega, convocou a cuarta edición do 'Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores'. Este certame concederá dous premios: de 1.000 e 350 euros, ademais de posibilitar a publicación dos dous artigos gañadores nos nove medios de comunicación escrita que colaboran nesta iniciativa.
MANTEMENTO E CONSERVACIÓN
Martes 18 de marzo do 2008
A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo rematou os traballos de limpeza e mantemento nas fervenzas de Rus e Entrecruces e no paseo do Anllóns. Na actualidade, centra os seus esforzos na adecuación dos areais do municipio ante a inminente chegada do bo tempo.
VISITA A CARBALLO DO XEFE DA DEMARCACIÓN DE COSTAS
Venres 14 de marzo do 2008
O xefe da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, Rafael Eimil, visitou hoxe Carballo para valorar os danos causados polo recente temporal na zona litoral do municipio. E comprometeuse ante o alcalde, o nacionalista Evencio Ferrero, a comezar "de inmediato" a reparación dos desperfectos, entre eles a reconstrucción da Ponte Grande de Baldaio.
FESTA INTERCULTURAL
Xoves 13 de marzo do 2008
Os vindeiros días 20, 21 e 22 de marzo a cidadanía de Carballo ten unha nova cita coa multiculturalidade a través do festival Panxea 2008. A segunda edición desta festa popular -que obtivo un gran éxito o ano pasado- celebrarase nunha carpa que se instalará no aparcadoiro adxacente ao Centro Comercial Bergantiños-Haley.
CONCELLERÍA DE IGUALDADE
Martes 11 de marzo do 2008
A Concellería de Igualdade do Concello de Carballo, responsabilidade da nacionalista Lourdes Rey, duplicou as prazas para o obradoiro de 'Defensa Personal para Mulleres' ante o rotundo éxito da iniciativa, que se está a desenvolver entre os días 3 de marzo e 11 de abril.