DEPORTE EN IDADE ESCOLAR
Mércores 16 de abril do 2008
Despois de dúas fins de semana consecutivas no que o baloncesto en idade escolar foi o deporte protagonista en Carballo, nesta ocasión correspóndelle o turno ao fútbol sala. Porque dous equipos da cidade bergantiñán participarán o sábado, día 19 de abril, na fase intercomarcal deste deporte en categoría alevín e benxamín, que se disputará en Cambre.
LIMPEZA DE CUNETAS
Martes 15 de abril do 2008
A Concellería de Obras e Servizos do Concello de Carballo -responsabilidade do nacionalista Lois Lamas- está a realizar desde hai máis dun mes traballos de conservación e mantemento das vías do municipio. Os mesmos consisten fundamentalmente na limpeza de cunetas e ata o de agora executáronse nas parroquias de Entrecruces, Razo e Sofán.
DIFUSIÓN DO LIBRO E DA LECTURA
Luns 14 de abril do 2008
O Concello de Carballo -a través da súa Concellería de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística- presentou as novas propostas de Literactúa para o segundo trimestre do ano. Este programa, que pretende difundir a literatura e a lectura en galego, está a acadar un grande éxito. Por este motivo, a Concellería de Cultura, responsabilidade de Belén Lendoiro, estuda a posibilidade de exportalo a outros municipios.
DANZA CONTEMPORÁNEA
Venres 11 de abril do 2008
A Concellería de Cultura do Concello de Carballo -responsabilidade de Belén Lendoiro- presentou hoxe a sexta edición do programa ‘Primavera en Danza’, que achegará á cidade bergantiñán ao longo do presente mes de abril cinco espectáculos de danza contemporánea. Esta oferta cultural é posible gracias á colaboración do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Igaem).
DEPORTE DE BASE
Xoves 10 de abril do 2008
Se a fin de semana pasada Carballo foi a sede da Fase Final de Baloncesto Cadete masculino A-4, a vindeira (12 e 13 de abril) albergará a mesma competición en categoría Júnior. Tras o éxito colleitado na pasada cita polo deporte carballés, representado pola victoria do Placasa E.B.X., nesta ocasión correspóndelle o turno de intentar repetir triunfo ao club local Montelfre Xiria.
PROGRAMACIÓN DOS 'VENRES CULTURAIS'
Mércores 9 de abril do 2008
A programación dos 'Venres Culturais' -promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Carballo- ofrece mañán o concerto da banda asturiana de pop Edwin Moses dentro do ciclo DOCESPOP. A actuación princiará ás 21.00 horas no Pazo da Cultura e o prezo da entrada será de 3 euros e 2 euros con desconto.
MERCADO MUNICIPAL
Mércores 9 de abril do 2008
O Alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero, viaxará mañán a primeira hora do día a Madrid para reunirse ás 09.30 horas co director de Mercados Minoristas de Mercasa, Roberto Alonso Gordón, e ultimar varias cuestións pendentes sobre o futuro Mercado Municipal. O rexedor local viaxará á capital do Estado acompañado do Tenente de Alcalde, o socialista José Antonio Viña e do Secretario do Concello, José Villán.
DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO
Luns 7 de abril do 2008
Hoxe comezaron as obras do polígono 26 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que é unha das actuacións máis importantes para o desenvolvemento do casco urbano de Carballo. A primeira consecuencia deste feito foi o peche definitivo do aparcamento do Rego da Balsa, que se viña empregando desde hai 12 anos de xeito provisional gracias a un acordo entre o Concello e os propietarios dos terreos.
PROGRAMA 'VIVIR O MUNDO: VIVIR EUROPA 2008'
Venres 4 de abril do 2008
O Concello solicitou á Deputación da Coruña a concesión de prazas para poder participar no programa 'Vivir o mundo: Vivir Europa', que este ano levará a menores de 10 a 14 anos da provincia a visitar a Expo da Auga de Zaragoza.
DEPORTE DE BASE
Xoves 3 de abril do 2008
Os afeccionados ao baloncesto de Carballo están esta fin de semana de noraboa. Porque a cidade bergantiñán acollerá os días 5 e 6 de abril a fase final cadete masculina deste deporte, na que os clubs locais Placasa E.B.X e Artai medirán o seu potencial fronte ao San Rosendo 'A' de Ferrol e o Compañía de María 'A' da Coruña.
SEGURIDADE VIARIA
Mércores 2 de abril do 2008
Os Concellos de Carballo, A Laracha e Arteixo asinaron un convenio para colaborar na prestación do servizo do Noitebús 2008. Este acordo foi anunciado nunha comparecencia pública conxunta do concelleiro de Promoción Económica de Carballo, Xosé Manuel García Guillín, xunto ao alcalde da Laracha e a concelleira de Xuventude de Arteixo.
MELLORA DA SAÚDE
Martes 1 de abril do 2008
O Concello de Carballo resultou elexido pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para participar na iniciativa 'Concellos Saudables', enmarcada no 'Programa Galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación' (PASEA). O Goberno galego aportará 50.000 euros á Administración Local bergantiñá para o desenvolvemento do seu proxecto 'Carballo Saudable', tras ser seleccionado coma un dos 17 mellores dos 58 presentados de toda Galicia.