Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello presenta as xornadas 'Carballo Emprende 2008', destinadas a fomentar a creación de empresas

A CÁMARA DE COMERCIO DA CORUÑA COLABORA NESTA INICIATIVA

O Concello presenta as xornadas 'Carballo Emprende 2008', destinadas a fomentar a creación de empresas

Venres 9 de maio do 2008

O Concellería de Promoción Económica do Concello de Carballo -responsabilidade do nacionalista Xosé Manuel García Guillín- volve apostar forte a prol da dinamización económica da Costa da Morte coa celebración dunhas xornadas dirixidas ás persoas emprendedoras. 'Carballo Emprende 2008' concíbese coma un punto de encontro para empresarios emerxentes, persoas con inquedanzas polo autoemprego, o cooperativismo ou outras oportunidades de negocio na comarca. A Cámara de Comercio da Coruña colabora na organización deste evento, que se desenvolverá no Viveiro de Empresas do Polígono de Bértoa durante os días 22 e 23 de maio.

Preto de 160 menores de 4 a 11 anos participarán no II Torneo Escola Lubiáns de Hóckey a Patíns

OS DÍAS 17 E 18 DE MAIO NO PAVILLÓN BERGANTIÑOS

Preto de 160 menores de 4 a 11 anos participarán no II Torneo Escola Lubiáns de Hóckey a Patíns

Xoves 8 de maio do 2008

O pavillón Bergantiños de Carballo acollerá os días 17 e 18 de maio o II Torneo Escola Lubiáns de Hóckey a Patíns, que este ano servirá ademais para conmemorar o 25 aniversario da fundación do club organizador. O evento reunirá a preto de 160 menores con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos e a un total de 16 equipos. Será, polo tanto, unha auténtica festa do deporte de base, faceta que durante a presente temporada a Escola Lubiáns pretendeu fomentar federando un equipo prebenxamín, outro benxamín e tamén unha escola de iniciación.

O Concello abre a inscrición para a quenda de tarde do obradoiro destinado a bebés que principiará o 16 de maio

'DESFRUTA DO DEPORTE CO TEU BEBÉ'

O Concello abre a inscrición para a quenda de tarde do obradoiro destinado a bebés que principiará o 16 de maio

Mércores 7 de maio do 2008

A Concellería de Igualdade de Concello de Carballo, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e en colaboración coa Concellería de Deportes, abre o prazo de inscrición para a quenda de tarde do obradoiro 'Desfruta do deporte co teu bebe' ante o éxito acadado pola quenda de mañán, que xa principiou o martes. Este taller está concebido para que participen no mesmo bebés de entre un e tres anos, que estarán en todo momento acompañados durante esta actividade por algún dos seus proxenitores. O prazo de inscricipión para a segunda vez desta actividade manterase aberto ata o 16 de maio, día no que principiará o taller.

O Programa das Letras ofrece 17 actividades culturais durante o mes de maio en Carballo

PROMOCIÓN DA LINGUA, DO LIBRO E DA LECTURA

O Programa das Letras ofrece 17 actividades culturais durante o mes de maio en Carballo

Venres 2 de maio do 2008

A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística de Carballo, responsabilidade de Belén Lendoiro, presentou hoxe -día 2 de maio- o Programa das Letras. Esta iniciativa aglutina a programación cultural que ofrecerá o Concello durante o presente mes de maio e que se desenvolverá principalmente arredor de tres eixos: promoción da lingua galega, do libro e da lectura. O Programa das Letras tamén integra actividades organizadas por diferentes asociacións culturais do municipio bergantiñán.

Aberto o prazo para inscribirse en dous obradoiros sobre informática e uso do galego en internet

REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

Aberto o prazo para inscribirse en dous obradoiros sobre informática e uso do galego en internet

Mércores 30 de abril do 2008

O Concello de Carballo, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, abriu o prazo para inscribirse en dous obradoiros que se van desenvolver no mes de maio con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, do Día de Internet e do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. O obxectivo primordial destas actividades será fomentar iniciativas que promovan o emprego do galego e das tecnoloxías da información por parte da poboación que aínda non está moi habituada no manexo de internet.

A exposición 'Podemos. Queremos', sobre corresponsabilidade doméstica, chega a Carballo

PODERASE VISITAR ENTRE OS DÍAS 2 E 15 DE MAIO

A exposición 'Podemos. Queremos', sobre corresponsabilidade doméstica, chega a Carballo

Martes 29 de abril do 2008

A exposición 'Podemos. Queremos. Corresponsabilidade: responsabilidades compartidas' poderá ser visitada entre o 2 e o 15 de maio na Casa do Concello. Esta mostra está organizada pola Concellería de Igualdade de Carballo -responsabilidade da nacionalista Lourdes Rey- e promovida pola Vicepresidencia da Xunta. A mesma consta de 11 fotografías que amosan a outras tantas personaxes públicas galegas do sexo masculino realizando tarefas no fogar.

A Concellería de Igualdade organiza un novo curso de informática para mulleres

CELEBRARASE ENTRE OS DÍAS 12 E 23 DE MAIO

A Concellería de Igualdade organiza un novo curso de informática para mulleres

Venres 25 de abril do 2008

A Concellería de Igualdade de Carballo, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza un novo obradoiro de informática baixo o título 'Iniciación a Internet'. A súa finalidade primordial será a de facer accesibles as novas tecnoloxías ás mulleres do municipio que aínda non estén habituadas no manexo dos ordenadores e deste xeito ofrecerlles a posibilidade de principiar a súa formación no eido tecnolóxico.

O Concello oferta un obradoiro destinado a bebés e aos seus proxenitores

'DESFRUTA DO DEPORTE CO TEU BEBÉ'

O Concello oferta un obradoiro destinado a bebés e aos seus proxenitores

Mércores 23 de abril do 2008

A Concellaría de Igualdade de Concello de Carballo, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e en colaboración coa Concellería de Deportes, organiza o obradoiro 'Desfruta do deporte co teu bebe'. Este taller está concebido para que participen no mesmo bebés de entre un e tres anos, que estarán en todo momento acompañados durante esta actividade por algún dos seus proxenitores.

Os dous bergantiñáns alevíns que gañaron o campionato de España con Galicia recibiron a felicitación do Alcalde

FÚTBOL SALA

Os dous bergantiñáns alevíns que gañaron o campionato de España con Galicia recibiron a felicitación do Alcalde

Venres 18 de abril do 2008

O futuro do deporte da comarca bergantiñán está asegurado como o demostran os repetidos éxitos dos clubs locais en categorías inferiores. O Alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero, recibiu hoxe -día 18 de abril- na Casa do Concello aos dous menores de Bergantiños que se proclamaron campións de España coa Selección Galega en categoría alevín. Todo un éxito para o deporte da comunidade con acento bergantiñán.

O Concello está a limpar os colectores de lixo nas parroquias

XA REMATOU OS TRABALLOS EN RUS, SOFÁN E LEMA

O Concello está a limpar os colectores de lixo nas parroquias

Venres 18 de abril do 2008

A Concellería de Obras e Servizos, responsabilidade do nacionalista Lois Lamas, está a realizar tarefas de limpeza nos colectores de lixo do ámbito rural do municipio dentro do plan de mantemento do mobiliario de servizos municipal.

Máis de mil menores de Carballo participarán nas actividades da 'Semana do Libro e a Lectura'

FOMENTO DA LECTURA

Máis de mil menores de Carballo participarán nas actividades da 'Semana do Libro e a Lectura'

Xoves 17 de abril do 2008

Entre os días 20 e 26 de abril Carballo terá unha cita moi especial cos libros e coa lectura. Porque durante estes sete días o Pazo da Cultura acollerá a terceira edición da ‘Semana do Libro e a Lectura’, actividade organizada pola Consellería de Cultura da Xunta a través da Asociación Socio Pedagóxica Galega (AS-PG) coa colaboración do Concello de Carballo. Esta iniciativa autonómica (as ‘Semanas do Libro e da Lectura’) desenvólvese en diferentes datas nun total de 10 municipios galegos.

Compartir: