SEGURIDADE VIARIA
Xoves 22 de maio do 2008
O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o seu homólogo de Malpica, José Ramón Varela, presentaron hoxe -día 22 de maio- a nova ruta circular do Noitebús entre Carballo e Malpica. Ambos os dous rexedores locales destacaron durante as súas intervencións que a colaboración entre ambas as dúas Administracións Locais redunda no beneficio da cidadanía a través da ampliación do servizo do Noitebús.
CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Xoves 22 de maio do 2008
Máis dun centenar de persoas acudiron á xornada inaugural do foro 'Carballo Emprende', que se está a desenvolver no Viveiro de Empresas de Carballo e está promovido pola Concellería de Promoción Econónica do Concello de Carballo en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña. Esta exitosa iniciativa conseguiu a atención de potenciais persoas emprendedoras que asistiron atentas ás ponencias dos diferentes expertos en axudas, iniciativas e organizacións cooperativas que participaron na primeira xeira das xornadas.
XORNADAS PROMOVIDAS POLO CONCELLO E POLA CÁMARA DE COMERCIO DA CORUÑA
Mércores 21 de maio do 2008
Mañán xoves, día 22 de maio, dará comezo no Viveiro de Empresas de Carballo a primeira edición do foro Carballo Emprende. Esta iniciativa, promovida pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Carballo -responsabilidade de Xosé Manuel García Guillín- en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña, pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas que teñan inquedanzas empresariais, polo autoemprego e o cooperativismo.
O NOME DOS GAÑADORES/AS FARASE PÚBLICO O 22 DE MAIO
Martes 20 de maio do 2008
A convocatoria dos premios Carballo Emprende conseguiu aglutinar máis dunha decena de proxectos que presentaron as súas candidaturas aos galardóns que este ano por vez primeira se puxeron en marcha na Costa da Morte. O xurado encargado de valorar a calidade dos proxectos tivo que analizar en profundidade as nove propostas que optaban ás distincións para ideas emprendedoras e as tres que aspiraban ás distincións ao fomento da cultura emprendedora.
INCREMENTO DA SEGURIDADE VIARIA E MELLORA DOS SERVIZOS
Martes 20 de maio do 2008
O Concello de Carballo rematará en vindeiros días a importante obra que acomete desde hai tres meses na vía que discorre polo lugar de Imende, na parroquia de Noicela. Os traballos consisten fundamentalmente no ancheamento da estrada que vai de Caión á Pedra do Sal á altura de Imende, o que contribuirá a incrementar a seguridade viaria para os veciños e veciñas do lugar e para os usuarios da vía ao eliminar un punto de escasa visibilidade.
PLAN DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE BEIRARRÚAS
Luns 19 de maio do 2008
A Concellería de Obras do Concello de Carballo, responsabilidade de Lois Lamas, está a realizar traballos de mantemento e conservación de beirarrúas en diferentes zonas do casco urbano en cumprimento do plan que cada ano deseña a Administración Local bergantiñán no seu afán por brindar o mellor servizo posible á cidadanía.
'CARBALLO EMPRENDE 2008'
Venres 16 de maio do 2008
Calquera persoa que teña unha idea emprendedora, sexa propietaria dun negocio de recente creación, esté a desenvolver unha iniciativa formativa relacionada co autoemprego ou estudantes de ciclos formativos poden concorrer aos 'Premios Carballo Emprende 2008', que convoca o Concello de Carballo con motivo da celebración das xornadas 'Carballo Emprende 2008' os días 22 e 23 de maio. O prazo para a presentación de traballos remata o 19 de maio, inclusive. Esta tamén é a data límite para participar no I Premio de Programas de Fomento da Emprendeduría. Para máis información sobre estas convocatorias e para consultar as bases, clicar aquí.
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Xoves 15 de maio do 2008
O titular de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Manuel Vázquez, anunciou hoxe -día 15 de maio- en Carballo que a súa Consellería investirá 8,5 millóns de euros no municipio bergantiñán nos vindeiros meses nun total de cinco proxectos. O representante do Goberno galego visitou o Concello acompañado polo Delegado provincial de Medio Ambiente na Coruña, Manuel Tajes, e polo Director Xeral de Augas de Galicia, José Luis Romero.
NO LUGAR DE XOANE DA ESTRADA
Mércores 14 de maio do 2008
O Concello de Carballo recibiu recentemente unha comunicación da Consellería de Innovación e Industria confirmando que Unión Fenosa executará as obras para solucionar os problemas de subministro eléctrico no lugar de Xoane da Estrada, na parroquia de Goiáns, durante o presente ano 2008. Esta contestación positiva chega despois de que o Goberno Local trasladara á Xunta e a Unión Fenosa durante os últimos dous anos varios escritos (o primeiro foi remitido en xaneiro do 2006) nos que se deixaba constancia das reclamacións veciñais para acadar este servizo básico.
KIKO NOVOA OBTIVO O SEGUNDO PREMIO
Martes 13 de maio do 2008
O xurado do 'IV Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo', despois de examinar detidamente os 40 traballos que se presentaron ao certame, fallou os dous premios que establecía o concurso. O primeiro, dotado con 1.000 euros e a publicación do artigo nas nove publicacións que colaboran no certame ('A Nosa Terra', 'A Peneira', 'Diario de Bergantiños', 'Galicia Hoxe', 'La Opinión de A Coruña', 'La Voz de Galicia', 'O Acontecer', 'Tempos Novos' e 'Vieiros'), recaeu no artigo titulado 'A bendita intranscendencia do pop', de Xesús Fraga Sánchez.
TERCEIRA IDADE
Luns 12 de maio do 2008
A Concellería de Terceira Idade do Concello de Carballo -responsabilidade de Lourdes Rey- organiza en colaboración coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia o 'III Encontro Nacional Lecer para os Nosos Maiores', que ao igual que o ano pasado se celebrará na localidade ourensana do Carballiño. Este ano, a xornada terá lugar o 14 de xuño e o prazo para apuntarse na mesma manterase aberto ata o día 26 de maio.
TAMÉN ESTÁ A LIMPAR AS PRAIAS
Venres 9 de maio do 2008
A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo procedeu durante esta semana á erradicación de cinco puntos nos que se viñan realizando verteduras incontroladas de lixo. Estes vertedoiros estaban localizados no Forno (Artes), en Figueiroa e na Cepeira (Sísamo), na Revolta (Carballo) e en Buriz.