Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A Deputación aportará fondos para a Casa dos Oficios e para construír un segundo campo de herba artificial nas Eiroas

PLENO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación aportará fondos para a Casa dos Oficios e para construír un segundo campo de herba artificial nas Eiroas

Venres 30 de maio do 2008

A Deputación da Coruña celebrou hoxe, 30 de maio, un Pleno que deparou dúas "magníficas noticias para a nosa vila", segundo valorou o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Porque na sesión plenaria celebrada polo organismo provincial ás 12.00 horas aprobouse a concesión de dúas subvencións para o municipio. A primeira, de 500.000 euros, destinada a impulsar a Casa dos Oficios e a segunda para a construcción dun segundo campo de herba artificial nas Eiroas.

O Concello habilita dous aparcamentos provisionais con preto de 300 prazas

CONCELLERÍA DE OBRAS E SERVIZOS

O Concello habilita dous aparcamentos provisionais con preto de 300 prazas

Venres 30 de maio do 2008

O Concello de Carballo está a rematar os traballos para acondicionar a parcela de Rego da Balsa como un aparcamento provisional con capacidade para máis de 100 automóbiles. Esta actuación súmase á desenvolvida recentemente na zona do Pazo da Cultura coa mesma finalidade. En total, o Goberno Local calcula que con ambas as dúas iniciativas se gañan máis de 300 prazas de aparcamento gratuíto para turismos no casco urbano.

As bandeiras azuis ondearán este verán nas praias de Razo e Pedra do Sal

CARBALLO GAÑA BANDEIRAS AZUIS CANDO EN ESPAÑA E EN GALICIA SE REDUCEN ESTES DISTINTIVOS DE CALIDADE

As bandeiras azuis ondearán este verán nas praias de Razo e Pedra do Sal

Xoves 29 de maio do 2008

Carballo será un dos poucos concellos galegos e españois que conseguirá durante o verán 2008 ampliar o número de bandeiras azuis nas súas praias. O ano pasado soamente Razo dispuxo deste distintivo de calidade que outorga cada ano a ONG Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor. A última listaxe que premia coa bandeira azul aos mellores areais europeos fíxose pública onte, día 28 de maio. E ademais de volver certificar a calidade de Razo, concedeulle a bandeira azul tamén ao areal da Pedra do Sal, contiguo ao complexo dunar de Razo-Baldaio.

As IV Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético estréanse con éxito de público

SIMPOSIO MEDIOAMBIENTAL

As IV Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético estréanse con éxito de público

Xoves 29 de maio do 2008

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, participou hoxe -día 29 de maio- na inauguración das IV Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético de Carballo. Este certame - organizado pola Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) en colaboración co Concello- está centrado nos últimos avances, normativas e novidades do sector das enerxías limpas e contou no día da súa estrea con numeroso público. Este acto inaugural contou tamén coa presenza de Emilio Fernández.

O Concello remata as obras de saneamento e recollida de pluviais en dous lugares de Rus

MELLORA DOS SERVIZOS

O Concello remata as obras de saneamento e recollida de pluviais en dous lugares de Rus

Mércores 28 de maio do 2008

A Concellería de Obras e Servizos do Concello de Carballo, responsabilidade de Lois Lamas, rematou a semana pasada diferentes obras na parroquia de Rus para dotar dos servizos de saneamento e recollida de augas pluviais aos lugares de Outón e Alborín aproveitando os traballos acometidos pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (CPTOPT) para mellorar o firme da estrada AC-400 que une as localidade de Sigrás e Muros.

O programa piloto de compostaxe doméstica no rural desenvolverase en Oza

CONVENIO ENTRE O CONCELLO E SOGAMA

O programa piloto de compostaxe doméstica no rural desenvolverase en Oza

Mércores 28 de maio do 2008

O Concello de Carballo ultima os preparativos para o desenvolvemento do programa piloto de compostaxe doméstica no ámbito rural do municipio. Onte, día 27 de maio, celebrouse no Pazo da Cultura a primeira xuntanza de traballo entre as cincuenta familias da parroquia de Oza seleccionadas para participar nesta pioneira experiencia, que será posible gracias á sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e Sogama cunha vixencia dun ano. Neste reunión tamén estiveron presentes o Concelleiro de Medio Ambiente, José Antonio Viña, e a técnica de Adega, María Rodríguez.

Preto de 2.400 escolares participaron durante este curso no programa deportivo municipal

A XORNADA 'XOGAR NA RÚA' CELEBRARASE O 31 DE MAIO

Preto de 2.400 escolares participaron durante este curso no programa deportivo municipal

Mércores 28 de maio do 2008

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Director Xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García presentaron hoxe -día 28 de maio- a xornada ‘Xogar na Rúa’, que se celebrará o sábado 31 de maio a partir das 17.00 horas na praza do Concello. Esta iniciativa organízase para clausurar o programa deportivo que cada curso desde hai uns anos promove o Concello e organiza o Padroado e que vai destinado aos menores escolarizados nos distintos centros educativos do municipio. Neste curso, preto de 2.400 nenos e nenas participaron no mesmo.

A asociación Coro Vagalume realizará seis representacións teatrais nas parroquias

GRACIAS A UN CONVENIO CO CONCELLO

A asociación Coro Vagalume realizará seis representacións teatrais nas parroquias

Martes 27 de maio do 2008

O Concello de Carballo e a asociación cultural Coro Vagalume asinarán en vindeiras datas un convenio de colaboración para que o grupo de teatro Vagalume Animación realice seis representacións nas parroquias do municipio durante o presente ano 2008. A Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo, reunida o luns 26 de maio, adoptou este acordo a proposta da Concellería de Cultura.

O Concello procederá esta semana ao derribo do antigo edificio do Padroado Deportivo Municipal

CREACIÓN DUN VIARIO PEONIL NESA ZONA

O Concello procederá esta semana ao derribo do antigo edificio do Padroado Deportivo Municipal

Luns 26 de maio do 2008

A Concellería de Obras do Concello de Carballo, responsabilidade de Lois Lamas, comezou hoxe -luns 26 de maio- os traballos para proceder ao derrube do antigo edificio do Padroado Deportivo Municipal durante a presente semana. O motivo desta actuación é cumprir coa planificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e crear nese espazo unha zona peonil.

O Director Xeral de Saúde Pública destaca que o proxecto ‘Carballo Saudable’ é "un dos mellores de Galicia"

‘CONCELLOS SAUDABLES’

O Director Xeral de Saúde Pública destaca que o proxecto ‘Carballo Saudable’ é "un dos mellores de Galicia"

Venres 23 de maio do 2008

O Concello de Carballo presentou hoxe, día 23 de maio, ante os medios de comunicación o programa ‘Carballo Saudable’. Durante a súa intervención, o Director Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia, Ramón Medina, destacou este proxecto coma "un dos mellores de Galicia" e recordou que foi unha das 17 propostas seleccionadas pola Consellería de Sanidade (5 da provincia da Coruña) do total de 58 que se presentaron para participar na iniciativa autonómica ‘Concellos Saudables’, que se enmarca no ‘Programa Galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación’ (PASEA). Na presentación tamén participou o Alcalde Carballo, Evencio Ferrero,

BERCA Carpintería e EFA Fonteboa, grandes triunfadoras dos premios Carballo Emprende

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

BERCA Carpintería e EFA Fonteboa, grandes triunfadoras dos premios Carballo Emprende

Venres 23 de maio do 2008

BERCA Carpintería, unha empresa promovida por dous mozos carballeses, foi seleccionada polo xurado dos premios Carballo Emprende como a mellor idea empresarial do ano. Evaristo Cambón e Jesús Cruz, os dous socios da empresa, recolleron o galardón de mans do alcalde da vila, Evencio Ferrero. Polo que se refire á convocatoria do premio Carballo Emprende ás iniciativas de formación e de impulso da cultura emprendedora, o xurado declarou gañador á EFA Fonteboa de Coristanco.

Preto de 200 persoas participaron nas xornadas Carballo Emprende

ÉXITO NA AFLUENCIA DE PÚBLICO

Preto de 200 persoas participaron nas xornadas Carballo Emprende

Venres 23 de maio do 2008

Preto de duascentas persoas asistiron ás xornadas Carballo Emprende durante os dous días nos que se desenvolveu este foro nas instalacións do Viveiro e Empresas. O éxito na afluencia de público foi valorado de xeito moi positivo polo Goberno Local, que promoveu esta iniciativa en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña. Na segunda xornada, as charlas centráronse en coñecer casos reais de emprendedores/as e de empresas consolidadas singulares, despois de que no día anterior se abordasen cuestións coma o financiamento, o cooperativismo e os espazos onde emprender unha aventura empresarial.

Compartir: