SESIÓN PLENARIA
Venres 27 de xuño do 2008
O pleno carballés abordará na sesión plenaria ordinaria que se celebra o próximo luns -30 de xuño- a cesión de terreos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a creación dunha nova escola infantil (Galescola) no entorno do polígono urbano 19 da capital municipal, situado nas inmediacións da estrada de Razo.
NOVAS TECNOLOXÍAS
Xoves 26 de xuño do 2008
A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a implantación de dous puntos dixitais de información pública. Trátase de dúas pantallas xigantes que se situarán en dúas céntricas rúas da capital municipal e nas que os cidadáns poderán recibir información puntual sobre o Concello.
DEPORTES ACUÁTICOS
Luns 23 de xuño do 2008
O Campionato de España de Verán Alevín, Infantil e Cadete diputarase en Carballo os vindeiros días 26 e 27 de xuño. Nesta cita, organizada pola Federación Española de Salvamento e Socorrismo (FESS), participarán 400 deportistas de todo o territorio estatal pertencentes a un total de 25 clubs. Galicia estará representada por catro equipos, un dos cales é o Sysca de Carballo.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Luns 23 de xuño do 2008
A Xunta de Goberno Local (XGL) do Concello de Carballo -reunida hoxe, 23 de xuño- aprobou a adxudicación de dúas obras de saneamento por un importe conxunto de preto de 82.000 euros. Os traballos executaranse no lugar de Cernide e na parroquia de Oza nos vindeiros meses.
PROTECCIÓN CIVIL
Venres 20 de xuño do 2008
Dende esta semana o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) de Carballo conta con 12 novos traballadores -tres capataces e nove peóns especialistas- que reforzan o servizo para crear unha agrupación de quince compoñentes que atenderá as emerxencias do concello e da comarca de Bergantiños ata marzo de 2009.
CONVENIO MUSICAL
Venres 20 de xuño do 2008
O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e a Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, asinaron hoxe -día 20 de xuño- xunto aos representantes das agrupacións musicais do municipio o Convenio de Actuacións en favor de grupos de música e danza tradicional, masas corais, orquestras, conxuntos e bandas de música para o presente ano 2008. Nesta ocasión, o Goberno Local destinará 18.400 euros á promoción da actividade musical.
PROGRAMA DE FESTAS DO SAN XOÁN 2008
Venres 20 de xuño do 2008
Carballo converterase hoxe pola noite nun punto de encontro inevitable para todos os e as amantes do mellor rock & roll coa celebración do concerto Rockin. Este evento, que se enmarca dentro do programa das festas do San Xoán, traerá a Carballo o son do mítico grupo de surf-rock The Trashmen, que compartirá cartel con outras formacións consagradas coma os 'primitivos' The Neanderthals ou os irreverentes The Dirtbombs. Abrirán o concerto Las Membranas e Los Coronas, dúas bandas nacionais con moita proxección.
NOVAS TECNOLOXÍAS
Xoves 19 de xuño do 2008
O Concello de Carballo conta desde hoxe, 19 de xuño, cun Telecentro de comunicación integrado na Rede Galega, un servizo público gratuíto financiado pola Secretaría Xeral de Comunicación -coa colaboración da Administración local- que pon á disposición da cidadanía un espazo de acceso a Internet onde se poden realizar vídeo conferencias, acceder a material audiovisual de alta definición ou ata organizar eventos que requiran ferramentas de alta tecnoloxía.
CARBALLO ENTRA NA SÚA SEMANA GRANDE
Xoves 19 de xuño do 2008
O sociólogo e politólogo Roberto Barbeito Iglesias será hoxe -19 de xuño- o encargado de abrir oficialmente as festas do San Xoán dándolle lectura ao tradicional pregón, acto que terá lugar ás 21.00 horas na Praza do Concello. Este veciño carballés, profesor no Departamento de Ciencias Sociales da 'Universidad Rey Juan Carlos' de Madrid, tentará rememorar as súas experiencias nuns festexos que ten vivido desde pequeno.
FESTA DO FÚTBOL BASE
Xoves 19 de xuño do 2008
As instalacións deportivas de Conservas Calvo acollerán esta fin de semana -entre o venres 20 e o domingo 22 de xuño- o IV Torneo Internacional de Fútbol-7 Alevín Concello de Carballo que coorganizan a Administración local e as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz. Durante estes tres días de competición, unha ducia de equipos punteiros do Estado español e de Portugal medirán as súas forzas para dirimir quen recolle a coroa do Valencia CF, que é o vixente campión.
AS OBRAS ESTARÁN FINANCIADAS POR AUGAS DE GALICIA
Mércores 18 de xuño do 2008
Augas de Galicia -organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente- remitiulle ao Concello de Carballo en recentes datas os anteproxectos para dotar da rede de saneamento ás zonas de Baldaio e Ardaña e Rus. O Goberno Local informa de que a aprobación destes anteproxectos será un dos puntos máis importantes do Pleno do vindeiro luns, 23 de xuño. O custe de ambas as dúas actuacións -cuxos presupostos de licitación ascenden ata os 5,6 millóns de euros- será asumido por Augas de Galicia.
PROXECTO FÓRUM
Martes 17 de xuño do 2008
Unha subvención de 3.260.000 euros procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), permitirá rematar a Casa dos Oficios de Carballo no marco do Proxecto Fórum. A actuación global supón unha inversión de 4.658.000 euros, dos que o Concello deberá aportar un 30 por cento, o que implica unha achega de 1.397.000 euros que o Goberno local asumirá en tres anualidades.