AULA DE INFORMÁTICA-TELECENTRO
Venres 4 de xullo do 2008
O Concello de Carballo, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, abre a inscrición para as actividades que se van a celebrar durante este mes de xullo tratando de fomentar o uso das Novas Tecnoloxías entre a poboación. Trátase de catro obradoiros que se desenvolverán na Aula de Informática-Telecentro, situada no primeiro andar do Pazo da Cultura.
CULTURA
Venres 4 de xullo do 2008
Os próximos meses de xullo e agosto a Concellaría de Cultura de Carballo pon en marcha o programa Verán Cultural 2008, unha aposta na que os protagonistas serán a música, a danza, a maxia ou o teatro, ofertando unha proposta "estable e de calidade para diferentes públicos", segundo explicou a Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, durante a presentación das actividades.
OBRAS
Venres 4 de xullo do 2008
Unha vez rematado o groso dos traballos de apertura e asfaltado da rúa Carballo Calero da capital municipal, o Concello carballés informa de que xa están regulados os novos sentidos da circulación para esta vía situada no entorno da zona escolar Bergantiños. Os operarios comezaron hoxe -4 de agosto- os traballos de pintado e acondicionamento que supoñen a finalización dos últimos detalles do proxecto para a nova vía.
OBRAS
Xoves 3 de xullo do 2008
A principios deste mes deu comezo a limpeza e desbroce dos arredor de 600 quilómetros de pistas asfaltadas do Concello de Carballo. Un total de cinco vehículos tractores -dous de propiedade municipal e tres dunha empresa externa- están percorrendo as beiravías do municipio para proceder a retirar a maleza e os residuos da totalidade da rede viaria.
TRÁFICO
Xoves 3 de xullo do 2008
Dende o día 2 de xullo está sometida a información pública no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a aprobación inicial da ampliación de aparcamento regulado con zona azul no casco urbano de Carballo. Trátase dunha terceira fase que implicará a creación dun total de 129 novas prazas e que afectará a nove rúas: Vázquez de Parga, Pontevedra, Estrela, Vitoria, Ponte, Avenida de Fisterra, Río Anllóns, Igrexa e San Xoán.
PRAIAS
Mércores 2 de xullo do 2008
Os areais carballeses de Razo e Baldaio contarán durante os meses de verán cun servizo de recollida selectiva de residuos mediante a instalación de contedores en varios puntos situados ao longo destas praias -e especialmente nos seus accesos-. A recollida efectuarase dúas veces á semana e o Concello pide a colaboración dos cidadáns coa iniciativa.
VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Mércores 2 de xullo do 2008
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia estuda a integración da escola infantil As Landras de Carballo na rede de Galescolas do Consorcio Galego. O Alcalde da localidade, Evencio Ferrero, mantivo hoxe -2 de xullo- unha entrevista co Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, na que se falou polo miúdo deste asunto.
SESIÓN PLENARIA
Martes 1 de xullo do 2008
O goberno carballés aprobou nun pleno celebrado o luns 30 de xuño os dous anteproxectos que permitirán dotar dunha rede de colectores de saneamento e dunha estación depuradora de augas os lugares de Baldaio, Rus e Ardaña. O custo global das actuacións supón unha inversión de preto de 5,6 millóns de euros.
PROXECTOS
Martes 1 de xullo do 2008
O Concello de Carballo está ultimando os trámites que permitirán asinar o convenio para a mellora da travesía de Malpica da capital municipal. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, José Antonio Viña, mantiveron hoxe -1 de xullo- unha reunión co delegado da Consellería de Política Territorial, Alberto González Fernández, na que se pecharon moitos dos detalles desta actuación.
COMITÉ DE IRMANAMENTO
Luns 30 de xuño do 2008
Unha nutrida representación do Concello de Carballo achegarase esta semana ata a localidade francesa de L’Isle Jourdain, coa que o municipio está irmandado dende novembro de 1994, para estreitar aínda máis os vencellos que existen entre ambas vilas. A comitiva chegará a Francia este mércores -2 de xullo-, mentres que o Alcalde, Evencio Ferrero, unirase á visita ao día seguinte.
DEPORTES
Venres 27 de xuño do 2008
O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe -27 de xuño- o proxecto para a mellora do campo anexo das Eiroas. Esta actuación forma parte da segunda fase do programa de creación de campos de fútbol de herba artificial que recibiu o visto e prace nunha sesión ordinaria do pleno provincial. Esta mellora ten un orzamento que ronda os 400.000 euros.
REMATE DOS FESTEXOS
Venres 27 de xuño do 2008
A xa tradicional Festa do Bosque será a que peche este domingo -29 de xuño- o programa de festas do San Xoán 2008. Durante todo o día haberá un amplo abano de actividades para todas as idades, con actuacións musicais e diversos concursos. A Peña Gastronómica ‘Os larpeiros’ é a encargada de organizar esta cita, que está patrocinada pola Comisión de Festas e que ten lugar no Bosque do Añón.