Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A Consellería de Presidencia concede axudas e novo material para o servizo de Protección Civil de Carballo

SUBVENCIÓNS

A Consellería de Presidencia concede axudas e novo material para o servizo de Protección Civil de Carballo

Martes 5 de agosto do 2008

O Concello de Carballo acaba de recibir axudas por parte da Consellería de Presidencia da Xunta que permitirán reforzar o servizo de Protección Civil do municipio. Así, a agrupación, que conta cun total de quince compoñentes, recibirá 5.705 euros -para a posta en marcha e o desenvolvemento do servizo-, ademais de doce novos vestiarios para socorrista masculino; cinco para socorrista feminino; cinco xogos de bandeiras; seis floppys -ou flotadores de rescate-; e un desfibrilador.

A praia de Razo convértese nun espazo de promoción da lectura con ‘Máis libros, máis libres’

CULTURA

A praia de Razo convértese nun espazo de promoción da lectura con ‘Máis libros, máis libres’

Luns 4 de agosto do 2008

Con motivo da campaña de fomento da lectura ‘Máis libros, máis libres’ que está desenvolvendo a Consellería de Cultura da Xunta, a praia carballesa de Razo acolle o martes 5 de agosto unha acción promocional itinerante que está visitando as principais cidades galegas. Así, un autobús percorrerá as proximidades do areal desenvolvendo actividades para incentivar o hábito da lectura, especialmente entre os máis cativos. A iniciativa desenvolverase entre as 12.00 e as 14.00 horas pola mañá, e entre as 16.00 e as 20.00 horas pola tarde.

Lipan & Company ‘traspasa fronteiras’ cun espectáculo de maxia, luz, son e teatro na Praza do Concello

VERÁN CULTURAL

Lipan & Company ‘traspasa fronteiras’ cun espectáculo de maxia, luz, son e teatro na Praza do Concello

Venres 1 de agosto do 2008

A programación do Verán Cultural do Concello de Carballo continúa este venres 1 de agosto coa actuación de Lipan & Company, unha compañía de maxia que presenta o seu espectáculo ‘Traspasando fronteiras’. A Praza do Concello acolle, a partir das 22.30 horas, un show no que teñen cabida a imaxe, a luz, o son, o teatro ou incluso a danza.

A capital municipal de Carballo xa conta con oito novas rúas no entorno da estrada de Razo

URBANISMO

A capital municipal de Carballo xa conta con oito novas rúas no entorno da estrada de Razo

Venres 1 de agosto do 2008

A xunta de compensación do polígono 19 da capital municipal carballesa acaba de facer entrega da urbanización desta área situada no entorno da estrada de Razo. Esta actuación implica a creación de oito novas rúas que xa contan con alumeado público, mobiliario urbano e todo tipo de servizos. As vías están abertas ao tráfico dende hoxe -1 de agosto-, cando o Alcalde, Evencio Ferrero; o tenente de Alcalde, José Antonio Viña; o Concelleiro de Obras, Luís Lamas; e Jesús Lamas, xerente do Grupo Riotorto, cortaron a cinta inaugural.

Carballo e Uruguai estreitan vencellos coa visita do parlamentario Luis Rosadilla

EMIGRACIÓN

Carballo e Uruguai estreitan vencellos coa visita do parlamentario Luis Rosadilla

Xoves 31 de xullo do 2008

O Concello de Carballo e o Goberno de Uruguai estreitan as súas relacións coa recepción por parte do Alcalde, Evencio Ferrero, do representante nacional do Parlamento do Goberno de Uruguai e membro da Comisión de Defensa deste país, Luis Rosadilla Pereira. A cita é o venres 1 de agosto a partires das 20.30 horas e está previsto que numerosos representantes do colectivo de uruguaios no municipio e na comarca de Bergantiños asistan a este acto de confraternidade que terá lugar na Casa do Concello.

Carballo educa na sustentabilidade coa posta en marcha de varios obradoiros e circuítos abertos para a cidadanía

MEDIO AMBIENTE

Carballo educa na sustentabilidade coa posta en marcha de varios obradoiros e circuítos abertos para a cidadanía

Mércores 30 de xullo do 2008

O Concello carballés, a través da Concellaría de Medio Ambiente que dirixe José Antonio Viña, pon en marcha unha iniciativa que pretende educar na sustentabilidade e no coidado da natureza coa organización de varios circuítos experimentais e obradoiros educativos dirixidos para toda a cidadanía, sen límite de idades. As actividades -organizadas pola empresa 'Ciencia divertida’- pretenden que os cidadáns tomen conciencia da situación e problemática medioambiental, buscando a súa participación e fomentando actitudes responsables.

A Corporación aproba por unanimidade a adhesión do Concello de Carballo á Rede de municipios pola sustentabilidade

SESIÓN PLENARIA DE XULLO

A Corporación aproba por unanimidade a adhesión do Concello de Carballo á Rede de municipios pola sustentabilidade

Martes 29 de xullo do 2008

A Corporación carballesa deu o visto bo á solicitude de adhesión do Concello de Carballo á Rede de municipios pola sustentabilidade nunha sesión plenaria celebrada o luns, 28 de xullo. Todos os grupos políticos apoiaron a proposta por unanimidade, nunha sesión na que tamén se aprobou un suplemento de crédito de 1,2 millóns de euros ou un crédito extraordinario que permitirá abrir as partidas necesarias para a execución do Proxecto Fórum Carballo, no que está incluída a construción da Casa dos Oficios no barrio da Milagrosa.

O Concello carballés instala paneis informativos no transcurso do Paseo do Anllóns

MEDIO AMBIENTE

O Concello carballés instala paneis informativos no transcurso do Paseo do Anllóns

Luns 28 de xullo do 2008

O Concello de Carballo vén de colocar unha serie de paneis informativos ao longo da beira do Paseo do Anllóns que atravesa a capital municipal. Trátase dunha serie de carteis divulgativos que ofrecen información medioambiental en varios puntos da senda fluvial e dos que xa poden desfrutar tanto os veciños como os visitantes.

As Landras pasará a formar parte o próximo curso da rede de Galescolas do Consorcio Galego

VICEPRESIDENCIA

As Landras pasará a formar parte o próximo curso da rede de Galescolas do Consorcio Galego

Luns 28 de xullo do 2008

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, vén de asinar hoxe -luns 28 de xullo- en Santiago o convenio que permitirá a inclusión da Escola Infantil As Landras na rede de Galescolas do Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar a partir do próximo curso. A incorporación do centro será efectiva no mes de setembro, momento en que as instalacións pasarán a depender da Xunta de Galicia.

A Consellería de Educación afrontará a ampliación do colexio Bergantiños da capital carballesa

ENSINO

A Consellería de Educación afrontará a ampliación do colexio Bergantiños da capital carballesa

Luns 28 de xullo do 2008

A Consellería de Educación iniciará os trámites para proceder á ampliación do centro escolar CEIP Bergantiños da capital municipal carballesa. Así o expresou o Delegado provincial deste departamento autonómico, José Manuel Mouriz Cabalo, despois dunha entrevista co Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e coa Concelleira de Educación, Mar Eirís. O obxectivo desta ampliación é solucionar os posibles problemas de escolarización que poidan xurdir no futuro no municipio.

Carballo convértese por unhas horas na sede dunha mostra itinerante de coches antigos

RUTA DE AUTOMÓBILES APÓSTOLO 2008

Carballo convértese por unhas horas na sede dunha mostra itinerante de coches antigos

Xoves 24 de xullo do 2008

A Praza do Concello de Carballo fará por unhas horas unha viaxe ao pasado ao acoller a Ruta Vigo-Costa da Morte-Santiago en Automóbiles Antigos Apóstolo 2008. Esta exposición itinerante, organizada polo Club Galego de Automóbiles Antigos -e coa que colabora o Concello de Carballo-, partiu o 23 de xullo dende a praia de Samil (en Vigo) coa intención de chegar ata Santiago e facerlle unha ofrenda ao Apóstolo. Polo camiño, fan parada en distintos puntos da Costa da Morte como Caión, Laxe, ou Muxía, e entre o xoves 24 de xullo e o venres 25 fondean en Carballo.

O Concello impulsa os trámites orzamentarios necesarios para a execución do Proxecto Fórum Carballo

SESIÓN PLENARIA DE XULLO

O Concello impulsa os trámites orzamentarios necesarios para a execución do Proxecto Fórum Carballo

Xoves 24 de xullo do 2008

O Goberno carballés presenta na sesión plenaria do mes de xullo a aprobación dun crédito extraordinario que permitirá abrir as partidas necesarias para a execución do Proxecto Fórum Carballo, unha iniciativa de dinamización socio-económica e sostible que permitirá rematar o complexo da Casa dos Oficios no barrio da Milagrosa, ademais de impulsar outras actuacións. O custo global deste proxecto é de 4.658.185 euros, dos que a Unión Europea, a través dos Fondos Feder, aporta 3.260.729.

Compartir: